NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

CAMPAÑA POLOS DEREITOS DAS EMPREGADAS DE FOGAR

4 03 2009

Este sábado, dentro da campaña polos dereitos das traballadoras de fogar, que estamos levando a cabo desde o eixo de xénero da Rede de Dereitos Sociais, organizamos un “freghao” no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña.
Nesta rede formamos parte como colectivo as Nomepisesofreghao xunto con outras compas de diferentes espazos da cidade.

A acción consistía en reproducir aquela que fixéramos xa en Compos, o ano pasado, coas Mulheres Transgredindo, e que pretendemos que se siga facendo de xeito deslocalizado: vestidas de faena nos diriximos ao centro comercial con intención levar a cabo a acción no seu interior, nada mais chegar, como si nos estiveran esperando, unha manada de seguratas nos impediron a entrada con siferentes excusas, a mais sorprendente foi que dixeron que xa sabían quen éramos e que non tíñamos permiso para entrar: “sois de Espacio Coruña” dixo o segurata, imaxinade as nosas caras! pensaban que éramos publicidade do novo centro comercial que se vai instalar na cidade e que está facendo uso de metodoloxía da guerrilla da comunicación, desvirtuando calquera clase de acción performativa crítica.
A pesar de todo decidimos seguir adiante coa acción, realizamos unha lectura do manifesto en cada unha das portas do centro comercial, acompañadas dunha limpeza do entorno e un berro de “Estamos fartas!” mentras facíamos reparto de panfletos entre as persoas que entraban e saían do centro. Repartimos 400 panfletos e ainda podíamos ter repartido mais, houbo toda clase de reaccións, desde increparnos por usar o galego, ate establecer contactos con algunhas empregadas de fogar interesadas en pedir información sobre o tema.

Como consideramos moi importante seguir visibilizando a situación das empregadas de fogar, este sábado día 7 repetimos acción noutro espazo, será pola mañán, se alguén quere sumarse que se vista co seu delantal ou mandilón, cargue o seu pano do pó, basoira, fregona, luvas ou o que sexa e que se pase polo Atreu ás 11:30 da mañan, de aí partiremos xuntas cara ao noso novo destino!!

POLOS DEREITOS DAS EMPREGADAS DE FOGAR!!

Comments are off for this post