NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

cadáver exquisito (luns tekkies)

13 12 2010

spok freghando

era tan fácil como enter….
e costounos darlle o boton
lametazo
enter é mudar de parrafo! cághate!
viva star trek!!!
Ubuntízate!
pero tes que facer a partición manual para todo flúa moito millor
viva o ubuntu <(pero so a última versión que é a q funciona)

1 comment

Tecnoloxía libre para corpos libres!

6 11 2010

Queres liberarte? Deixar atrás os virus? Que o teu ordenador flúa contigo? Queres aprender a facer e túa propia web? Xestionar blogues para o teu colectivo? Ou algo máis grande! (wordpress, drupal, joomla,..) Es unha viciosa do p2p? Che poñen os torrents? Facer cartaces e fliers? Maquetar un libro? Queres converterte nunha tekki? Usar redes sociais alternativas? Todo isto e o que ti queiras será posible nos luns tecnolóxicos do Atreu. Aprendamos xuntas!

Nomepisesofreghao e o’hacktreu.


Estamos a argallar o novo curso dos luns tecnolóxicos no Atreu. Queremos que este sexa un proceso colectivo de autoformación sen presas e axustado as necesidades de todas e cada unha de nós. Por iso convocamos unha xuntanza o luns 8 de novembro no CS Atreu ás 19:00h, para intercambiar ideas sobre como levar a cabo as sesións e definir os obxectivos e contidos que a todas nos interesen.

Non é necesario ter coñecementos previos en software libre, a migración a GNU/linux é moi doada e nada traumática (desvírgate!). Moitas de nós estamos a participar en colectivos nas que se usan blogues, páxinas e outras ferramentas tecnolóxicas que precisamos manexar. Aquí poderemos aprender todo e ter autonomía para publicar e xestionar os nosos contidos.

Nesta primeira xuntanza é moi importante que esteamos todas, para concretar non so os contidos, senón horarios, os ritmos, etc.

A perspectiva feminista do curso promove que non haxa xerarquías en canto ao coñecemento e que dese xeito todas nos sintamos cómodas e integradas. A filosofía do software libre “faino ti mesma” nos incita a aprender e nos capacita para seguir aprendendo. A confluencia de ambos puntos de vista da como resultado os LUNS TECNOLÓXICOS! Non podes faltar!

Comments are off for this post

gENERAtECH.tar.gz: 13-16 de Outubro: Vigo A Corunha (nota)

13 10 2010

Neste evento final consolidaremos redes tanto desgeneradas como copyleft e nível galego, e a nível lokal em cada um dos dous subnodos (corunha e vigo), ademáis de convidar a todas as compas no ámbito estatal e supraestatal. Tecendo no global, pero consolidando malla de desenvolvemento endógeno. Os últimos meses forom moi intenssos em ambas linhas de acçom e construcçom de alianzas, neste evento final podemos amosalo e buscar umha contaminaçom mutua.

Os stencils como arma criativa para colectivos de género, o espectáculo e a reflexom como ferramentas da construcçom de imaginários desgenerados.

Corpo e tecnología!

Comments are off for this post

Visítannos as compas de Ningun Lugar!

6 02 2009

Mañá Sábado 7 ás 18h no Centro Social Atreu haberá un encontro de xénero e tecnoloxía da man das compas de Ningun Lugar (BCN) Non podedes faltar!!!
“Queremos compartir con vós ideas e proxectos que vimos realizando desde fai un tempo, para xerar resonancias e debate sobre elas, e abrir conexións para o futuro.
Queremos contarvos de Ningún Lugar, o noso espazo de activismo, traballo e relación en Barcelona, onde xéranse múltiples conexións e proxectos. Contarvos un pouco da nosa historia e en que estamos ultimamente.
Varias liñas atravésannos, as veces interconetadas e as veces non.

Xénero, performance, sexo e tecnoloxía, facendo un símil coa apertura de código que propón o movemento de software libre, pensar como hackear o sistema sexo-xénero. E en como colaborar con redes de produción de coñecementos e conexións libres.”

ningunlugar.org
fucklab.net
generatech.ningunlugar.org

Centro Social Atreu!
Travesa San Xosé, 2 Monte Alto – Queerunha

Comments are off for this post