Todas somos Carlos! Todas somo antifascistas!
26 01 2008Raiva. Impotência. Indignaçom. Isso é o que sentimos hoje todas as que conhecemos a Carlos Cela. Todas as que estamos implicadas nos diversos projectos e movimentos sociais alternativos desta cidade. Conhecemos a Carlos desde hai moitos anos; sabemos que é umha pessoa comprometida e solidária. E também sabemos que todas as suas actividades som públicas. Hoje está detido e incomunicado um amigo, um companheiro, NOM POR FORMAR PARTE DE NENGUM GRUPO ARMADO OU TERRORISTA, senóm por ser quem é, pola sua ideologia, polo que pensa. Nom nos encontramos ante umha actividade de apoio a comandos, nom hai armas, nem explossivos, nem extorssons….estamos a falar de um apoio afectivo e de intendência básica (alimentos, roupa) aos seus familiares pressos…acaso é agora considerado isso terrorismo? Encontramo-nos ante umha interpretaçom abusiva e delirante da legislaçom antiterrorista. Acusam-no de “proselitismo”…mas que é isso de prosselitismo? Desde quando o prosselitismo é terrorismo? O Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, afirmava onte que “estas detençons impedirám a reconstruçom de comandos operativos da banda”. Temos pois, a um ministro do interior metido a pitoniso, a futurólogo, e a umha audiência nacional que pratica detençons preventivas, e que formula acussaçons nom polos feitos, polo que se fai, senóm por ser quem se é. Com este guiom, amanhá, qualquera de nós poderá ser acussada de terrorismo. Nom nos vam calar a boca:
Basta de repressom!
Todas somos Carlos!
Todas somos antifascistas!
Pola liberdade incondicional de todos os detidos!
Concentracións pola liberdade de decisión nas cidades galegas
22 01 2008Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:
* VIGO diante do MARCO
* A CORUÑA no Obelisco ás 20:30 h.
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo
A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.
ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!
No commentsComezan as campañas contra o acoso ás que queren decidir libremente
17 01 2008Algunhas asociacións feministas, organizacións de saúde sexual e reproductiva e sindicais xuntáronse estes días en Madrid e farano tamén en Barna para convocar concentracións ante o acoso que están sufrindo non só as clínicas que practican interrupcións do embarazo, senón ás usuarias das mesmas. A convocatoria madrileña é para o día 23 de xaneiro na Porta do Sol. A continuación comezaráse coa campaña de Autoinculpacións.
Na galiza estamos a traballar no tema, queremos inciar unha camapña de acción e visibilización do problema que padecemos e que segue igual tras décadas de loita.
É inadmisible que sigamos sin ter capacidade de elección sobre o noso corpo e a nosa vida.
É inadmisible que cando convén se lucran algunhas persoas da nosa impotencia á hora de exixir á Seguridade Social o noso dereito e cómo de cando en vez recurren á criminalizarnos por decidir cando e como queremos ou non queremos parir, facendo campañas de acoso e derribo como a actual contra a única saída que nos deixan, que é pagar no privado ós mesmos médicos que no público se negan a exercer abortos, e o que é pior ainda, chamando ás nosas portas cunha orde xudicial na man para inculparnos ante a sociedade, ante as nosas familias, sin respetar a nosa intimidade e a nosa liberdade de decisión.
Sobre todo é inadmisible que ainda no 2008, século XXI teñamos que seguir lembrando que nós parimos e, polo tanto, nós decidimos!
Permanecede atentas ás rúas, mais se queres aportar ideas e apoio á campaña non dubides en contactar con nós, pásate calquer luns polo CS Atreu! na rúa San Xosé a partir das 20:30 h.
Mentras tanto tedes o link ó manifesto das etidades madrileñas que convocan a mani do 23 de xaneiro.
http://www.ccoo.es/csccoo/menu.do?Areas:Mujeres:Actualidad:13027
Seguiremos informando
2 commentsXornadas de reflexión e autoformazón feminista, 21 e 22 de decembro
19 12 2007Que é o feminismo hoxe? Que significou onte? Como é a situación na Galiza? Estas e outras cuestións tratarémolas nas 1as xornadas organizadas polo noso colectivo.
Venres 21, 20 h Charla e debate: História do feminismo Mónica G. Devesa, MNG
Sábado 22, 18 h Encontro de colectivos feministas e de xénero da Galiza
con MNG (Mulheres Nacionalistas Galegas), Mulheres Transgredindo (Compos), Lerchas (Ourense), Maribolheras Precárias (Corunha), Nomepisesofreghao (Corunha)
no CSA Atreu! Travesia San Xosé 2, Monte Alto
——————————-
Sábado 22, 22h Essenzia de Lapo (Punk/ ……), Ghreska (Punk/ …..)
24 h Djane Basatti e Vjane Sweena
no Garufa, …….., Cidade Vella

O corto de Peque Varela seleccionado en prestixioso festival
14 12 2007
O festival de cine de Sundance seleccionou o da ferrolana Peque Varela, “1977″, para participar na sección de cortos de animación da vindeira edición do festival, que será en xaneiro de 2008.
O corto se presenta como británico debido a que Peque estudou en Londres na Universidade de Westminster, para despois formarse no National Film and Televisión School, onde levou a cabo este proxecto, que reflexa unha historia de vida dunha rapaza que ben pode ser Peque ou calquera de nós, centrándose na construcción da identidade de xénero, a ruptura dos estereotipos que lle van colgando os diferentes axentes socializadores que aparecen perfeitamente reflexados, recreando unha partida de “xogar a viver” no que a protagonista viaxa nuha ficha-buga pola vida mentras se vai conformando como muller nunha sociedade heteropatriarcal, capitalista e católica.
No entorno do xogo hai referencias arquitectónicas e urbanísticas de Ferrolterra, e representan unha cultura universal e galega da que somos víctimas e parte.
Desde Nomepisesofreghao felicitamos a Peque polo éxito, e esperamos poder contar con ela pronto para que nos faga unha presentación do seu traballo.
No commentsXoves 13dezembro-cinema no A´TREU:
13 12 2007Ciclo de Cinema “Elas protagoniçam”
Projecçom do filme “Moolaadé” + debate.
*info do filme: http://www.golem.es/moolaade/
TEMAS A DEBATIR:
- O papel da religiom e da tradiçom, ao longo da história, coma opressores da mulher.
- Praticas coma a ablaçom estám a crescer ou a desaparecer na actualidade?
- Diferentes luitas femininas no mundo(presente-passado-futuro).
- É lícito que umha cultura “ensine” a outra cultura?

Primeira crónica das xornadas de xénero e tecnoloxía “generatech”
10 12 2007Estamos en Poblenou, zona 0 da especulación urbanística da Barcelona Marca Rexistrada, en Can Ricart (
http://salvemcanricart.org/). Un espazo industrial derrubado polos intereses inmobiliarios, un foco de resistencia que foi okupado fai un ano pola xente de La Makabra, e que agora ofrece un aspecto de campo de batalla.
Aquí estamos no Hangar tantas mulleres, como máquinas, como queers, como ciborgs. Compartindo, aprendendo, discutindo, creando, maquinando, conspirando, sentindo, streameando, pervertindo(nos),
Ubuntu ou Debian? java ou flv? home ou muller? mandarinas ou galletas?
Todas somos diferentes e vimos de experiencias moi diversas, polo tanto cada momento é un momento de aprendizaxe, de facer colectivamente, de atopar os posibles puntos de colaboración, de aclararnos ou confundirnos (máis).
Dúbidas diversas, continuos patricarcais coma códigos reproducidos en aberto e en privativos,toma de consciencia polémica e constructiva…seguimos con preguntas, estamos no camiño:-)Dende tanxentes diferentes: desenvolvedoras, usuarias, creadoras, para/pos/pro/? feministas…en confluencia para reflexionar e actuar.
Preguntámonos se ser usuarias de software libre debería ter unha continuidade no terreo afectivo, xa que logo se ten por suposta no terreo da política e da acción social. Desta maneira, ¿resultaría moi radical identificalo co amor libre? ¿Como reconfigurar o xeito de entender as relacións?
Cuestionamos que haxa comunidades de linux que non teñan en conta as marcacións de xénero e que continúen reproducindo os mesmos mecanismos de diferenciación sexista de xeito completamente inconscente, mais non por iso menos nocivo. Por iso entendemos que estes espazos de debate resultan imprescindíbeis para poder establecer e propoñer estratexias de actuación, sempre continxentes e intentando evitar calquera binarismo reductor.
stream:
http://stream.horitzo.tv:8000/horitzo.ogg
+ info:
http://generatech.ningunlugar.org/




