NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

MovementoArchive for the '' Category

Palestra con Carlos Taibo: Da indignación ao contrapoder?

19 12 2011

Da indignación ao contrapoder?

Palestra con Carlos Taibo
Xoves 22 de Decembro de 2011
20.00 horas
Galería Sargadelos, Rúa Real 56, A Coruña

::Ciclo de debates::
“Retomar o público, defender o común”

Convoca:
Rede Robin Hood
Rede de Dereitos Sociais
Nomepisesofreghao
Zoopolitik

Os movementos de indignación global percorren o planeta abrindo siginificativas fendas no sistema. Fendas que repolitizan a vida pública e abren espazos para a esperanza da rebeldía. Pero após meses de mobilizacións e protestos, o contexto histórico que nos atopamos non deixa momento algún para a paralise.

No plano da gobernanza e do poder político instucional, as violentas sacudidas da crise están sendo aproveitadas para lexitimar un auténtico golpe de estado planetario. As estructuras de xestión dos gobernos están a ser usurpadas por poderes económicos situados entre as grandes corporacións empresariais e as agencias de especulación financieira.

Atopamonos pois nun impás no que se torna preciso repensar as formas e os lugares desde os que novos suxeitos indignados e os movementos políticos de contestacion ao capitalismo poden artellar estratexias de conflicto desde as que esixir demandas de transformación social real.

Poren, é preciso de unha forma máis urxente ainda, abrir momentos para a discusión sobre como construir espazos propios onde poder satisfacer todas estas demandas de unha forma non subsidiaria das estructuras de poder, de xeito autónomo e liberado.

O desafío, non é sinxelo. Ante a destrucción do que é de todas e de todos, do público, ante a privatización de cada espazo de vida (educación, saúde, cultura, afectos..) é preciso asumir a necesidade de poñer en marcha entre todas experiencias colectivas non sóde defensa do público, senón de empoderamento do común.

1 comment

Grazas Laure

19 12 2011

O pasado venres tivemos a oportunidade de partillar con Laure Rodríguez Quiroga non só unha palestra, senon tamén momentos distendidos de debate e charla informal.

Laure é traballadora social, activista, investigadora do feminismo islámico contemporáneo, aportou coñecemento sobre a construción de roles de xénero a través dos medios, falamos tamén das diferentes interpretacións que se poden facer do Corán sobre as relacións homosexuais…

Aparte de todo esto partillamos outros momentos informais nos que falamos da vida, a de Laure a vida dunha muller adicada ao seu traballo e que trapasa os límites do persoal, como boa feminista, como boa compañeira, con moitas cousas en común e ao tempo unha gran distancia, a influencia da relixión, mas primou o compañeirismo feminista, porque cando se exerce desde dentro non hai relixión que rompa os nosos lazos.

Grazas Laure, até pronto!! Seguiremos colaborando e partillando!!

1 comment

CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA. ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS

11 12 2011

::::::::::Este Venres 16 de decembro::::::::::
::::::::::::::::::::Ás 20:00h.:::::::::::::::::::::::::::::
:::::::::::::Na Galería Sargadelos:::::::::::::::::

PALESTRA:
CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA
ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS
POR:
LAURE RODRÍGUEZ QUIROGA

Laure é activista e pensadora do Feminismo Islámico contemporáneo. Investigadora e Membro do Comité  Executivo do Instituto de Estudos Euromediterráneos da Universidade Complutense de Madrid. Actualmente preside a Unión de Mulleres Musulmás de España, sendo co-directora do Congreso Internacional de Feminismo Islámico. É Directora da Consultora Social e Intercultural Torre de Babel, sendo asesora en materia de xénero para diferentes entidades.

Con Laure poderemos comprender a construcción dos roles de xénero que se fai desde os medios e desde a perspectiva eurocentrista para así ter as claves para deconstruilos.

Organiza: Fugaemrede, Maribolheras Precárias e Nomepisesofreghao

Comments are off for this post

Actos dos coletivos feministas na Corunha contra as violencias machistas

24 11 2011

O xoves 24 de novembro os coletivos feministas da Corunha estaremos na praza de Lugo a partir das 16.30h. , con actividades varias, música, información sobre os recortes nos servizos públicos, recollida desinaturas  contra os recortes, charla sobre a autodefensa feminista, lectura do manifesto contra AS VIOLENCIAS MACHISTAS e moito mais!!!

achégate pola plaza de Lugo!!!

+ INFO

Comments are off for this post

::A Rede Robin Hood organiza unha nova cazolada, que estará acompañada de acción feminista, actuacións musicais, charlas informativas…::

18 11 2011

Cazolada contra os causantes da crise

Día: Venres 18, a partir das 20 horas Lugar: Praza da Fariña, A Coruña

Comezará ás oito da tarde na Praza da Fariña (no franquismo renomeada como Praza de Azcárraga) e ten como obxectivo denunciar os beneficios obtidos por entidades financeiras, multinacionais e empresarios e políticos, moitos deles residentes na cidade, a custa do empobrecemento, a crise e a precariedade da maioría A Coruña. 17 de novembro. Despois do éxito da cazolada organizada diante da vivenda de Xosé Luís Méndez hai unhas semanas, a Rede Robin Hood fai un chamamento aos cidadáns e cidadás galegas, así coma a colectivos e movementos sociais, para que participen nunha nova protesta popular contra os causantes da crise e contra o expolio dunhas caixas de aforros que eran de todos e todas. Achéganse as eleccións do domingo e Robin Hood aventúrase unha vez máis fóra das fragas para organizar unha mobilización contra un sistema inxusto e insostible e contra os seus principais beneficiarios: empresarios, políticos e financeiros con nome e apelidos, moitos deles residentes na Coruña e por todas coñecidos. Dende a primeira acción da Operación Robin Hood, centrada na denuncia da nefasta xestión realizada polos directivos das antigas caixas e das súas indemnizacións millonarias, asistimos a tentativas cínicas de xustificar estes pagos e mesmo ás promesas, aínda non cumpridas, de devolver unha parte dos cartos expoliados. Porén, a desaparición das caixas galegas é só un dos exemplos do roubo do público, do que é de todos, aos que asistimos. Políticos, medios de comunicación, entidades financeiras e grandes empresas sostéñense unhas ás outras, mentres se enriquecen a custa da explotación das traballadoras, aquí e no terceiro mundo. Por iso a Rede Robin Hood chama a protestar contra todos eles, con nomes e apelidos. Nesta ocasión o escenario é a Cidade Vella da Coruña, en concreto a Praza de Azcárraga, onde ás oito da tarde deste venres comezará unha concentración e cazolada de protesta, que estará acompañada en todo momento por actuacións musicais, intervencións que exporán de forma breve as problemáticas derivadas da bancarización… E haberá máis sopresas…

Vivamos como galegos e galegas, mobilicémonos tamén como tales!

Vídeo promocional da Operación Robin Hood

Máis información:

Vídeos da acción de protesta na vivenda de Xosé Luís Méndez

Vídeo Tingalaranga

Vídeo GalizaContrainfo

Operación Robin Hood en Facebook

Operación Robin Hood en Twitter

Comments are off for this post

MeigHacks :: Hackmeeting 2011 :: CSOA Palavea – A Corunha – Galiza

18 10 2011

Imagen:Propuesta cartel meighacks web.png

Hackers, hacktivistas, nerds, lurkers, hobbistas da tecnoloxía, geeks e outras «meigas» vólvense por mans á tecla para, bit a bit e ping a ping, implementar outro Hackmeeting.

Un encontro que, entrecruzando os fíos do social, o tecnolóxico e o político, constrúe durante unha fin de semana autoxestionada e libre, unha nova forma de crear, de relacionarse, de gozar compartindo e aprender ensinando.

Tres dias de autoxestión, autoorganización, circulación libre de saberes, hacktivismo, ciberactivismo, ética hacker, apropiación dos medios de produción, media libre, software libre, hardware libre, autonomía, p2p, guifi.net, redes libres, entre outros.

CSO Palavea, 21 ao 23 de Outubro en A Coruña.

Ven e comparte, o hackmeeting tamén es ti.

http://sindominio.net/hackmeeting

Comments are off for this post

OPERACIÓN ROBINHOOD!!

10 10 2011

As Nomepisesofreghao facemos eco desta convocatoria que está rulando polas redes sociais, para que os poderosos deste país deixen de roubarnos co beneplácito das administracións… imos poñer o cazo tamén nós, este Xoves na Praza de Lugo da Coruña, ás 20:00h

Quen pagará a factura de NCG? Nacionalización (e devaluación) nun 93%, directivos con retribucións millonarias, silencios elocuentes, antigos xestores en paradeiro descoñecido…

Atopamos a un deles! Semella experimentar arrepentimento. Jose Luis Mendez, (exdirector de Caixa Galicia) desfaise dos seus excedentes. Estas
son as súas palabras:

“Queridos e queridas galegos e galegas. Por fin descubríchedes a miña
sorpresa… Sí, realmente non quería quedar cos cartos que vos pertencen
para o meu uso privado senón recollelos, xuntalos e repartilos entre
todas vos. Este xoves é o día escollido… cada persoa que veña co seu
cazo recibirá cadansúa parte dos 12 millóns de euros que me levei.
Moitas grazas e non faltedes.”

Un dos popes da economía galega desfaise dos seus excedentes: máis de 12 millóns de euros a devolver a todxs xs galegxs.
O vindeiro xoves fundimos acción e retranca en homenaxe ás vacas sagradas
que nunca nos din adeus. Comeza a función!

Trae a túa cazerola, pode que che caia algo, senon… a facer ruido até que
caia!!!!

Xoves 13 de outubro.
20.00 horas
Praza de Lugo, A Coruña.


#OperaciónRobinHood
#oPorquiñoPoloQueVale! 

Comments are off for this post

Post curso de verán… Obrigadas!!

26 09 2011

Os días 14 ao 17 de setembro tivemos ocasión de participar no Curso de Verán: Suxeitos emerxentes. Sexualidades e feminismos contemporáneos que organizaron as Maribolheras Precárias na UDC.

Para nós foi un placer ser convidadas e, sobre todo, compartir eses días con tanta xente que enriqueceu os nosos discursos e que, unha vez mais, demostra que o traballo en rede ten que ser a nosa aposta feminista para que as nosas loitas teñan sentido, soas non podemos, con amigas sí…

Deixamos aquí a reportaxe que Tingalaranga fixo das xornadas:

http://www.youtube.com/watch?v=cPjUmNthW5I&feature=share

Por este traballo queremos agradecer ás MBP, Anxela, Antía, Bocixa, Leil Zahra Mortada, Pedro Malpica, Maggie Schmitt, Mulheres Transgredindo, Majo e Elena (PostOp), María Llopis, Mª José Belbel,  Beatriz Suárez Briones, María Ruido, Gayo-Piñeiro, Laura Bugalho, Peque Varela, Mónica Bar Cendón… ao resto de participantes e asistentes ás xornadas por todo o que aportaron. Gracias a  todo esto decatámonos de que seguimos creando e pelexando.

Comments are off for this post

Sem as mulheres nom há revoluçom, XXV Festival de Poesía do Condado

31 08 2011

A presente ediçom do nosso festival poético e cultural está dedicada às luitas das mulheres pola sua emancipaçom, pola igualdade, pola superaçom de um sistema patriarcal que opreme a dignidade das que mesmo som a maior parte da humanidade. Um festival que sempre focou a sua mensagem nas reivindicaçons populares nom podia obviar umha batalha que se nom ganhamos nunca poderemos ser verdadeiramente livres, nem mulheres nem homens.

Como sempre, festa e compromisso dam-se cita em Salvaterra de Minho para celebrar a já vigéssimo-quinta ediçom de um festival que recupera a sua referencialidade entre as comemoraçons lúdicas e culturais do verao galego. O primeiro fim de semana de Setembro, vemo-nos mais um ano na beira galega do Minho.

PROGRAMA DO XXV FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

2 e 3 de setembro 2011. salvaterra de minho.

Sexta-feira 2 de Setembro
19.30
Apertura de exposiçons
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE

20.15
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Umha pola Outra

22.30
Noite nas minas*
Covas de Dona Urraca
Recital de MARIA DO CEBREIRO
Concerto de DE OUTRA MARGEM
O Remate: Comida, Repichoca e Festa

*Aforo limitado
– Entrada 10 €
– Reservas: info@scdcondado.org ou             667 336 730       |             986 658 036

Sábado 3 de Setembro
11,30
Passa-ruas
Viagens no
Comboio de baixa velocidade

12.30
Campionato de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato

ZONA DAS MURALHAS

– Reserva de postos: info@scdcondado.org ou             986 658 036

13.00
Mesa redonda com COLECTIVOS FEMINISTAS (Marcha Mundial das Mulleres, Mulleres Nacionalistas Galegas, Asamblea de Mulleres do Condado, Nomepisesofreghao e Rede Feminista Galega)
casa do conde

17.00
Festa Infantil
Paula Carballeira
– Obradoiros
ZONA DAS MURALHAS

AO LONGO DO DIA
Projecçom de vídeo-poemas
COVAS DE DONA URRACA
– María Lado
– Lucía Aldao
– Ledicia Costas
– Colectivo Rec-deiras

19.30
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans
Gato Encerrado (Peque Varela)

21.00
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS

– Apresentam: Os da Ría

POETAS
– Andrea Nunes Brións
– Catarina Nunes
– Claudio Pato
– Iolanda Aldrei
– Lorena Souto
– Manuel Darriba
– Maria Rosendo
– Paula San Vicente
– Sechu Sende
– X. M. Álvarez Cáccamo

GRUPOS
– Habelas Hainas
– Marful
– Ulträqäns
– Cuchufellos
– Maria Alice
(Cabo Verde)

Comments are off for this post

xORNaDAs Corpos e LinguaSex, 28, 29 e 30 de Xullo

14 07 2011

Quando projectamos estas jornadas percatámonos que os jeitos nos que as mulheres expressámo-nos , falamos , pensamos , seguem dalgumha maneira sendo impostas por umha sociedade que a maioría das vezes segue sem representar-nos.

Assim que estes dias 28, 29 e 30 de julho e baixo o título CORPOS E LÍNGUASEX imos tentar com diferentes disciplinas comprender, trabalhar, aprender a usar os nossos corpos e mentes como ferramentas de liberdade.

E começamos com um cabaret e um talher impartido por Las Cherrys no qual podes apontarte no mail nomepisesofreghao(at)gmail(pto)com ou na Nena Pepita até o dia 27 de julho

A apresentaçom do livro PORNO TERRORISMO de Diana Torres (http://pornoterrorismo.com)

e o documental de Lucía Egaña MI SEXUALIDAD ES UNA CREACION ARTÍSTICA (http://vimeo.com/18938067)

Teremos com nós AS GAROTAS apressentando a súa curta O DENTE NEGRO ,e deleitaram-nos com umha pequena actuaçom

Talheres que tratarám temas diferentes e interessantes para conhecer melhor a nossa sexualidade, as novas tecnologias,…

E o sábado estaremos na rúa escuitando música feita por mulheres com dj’S como LAFERREIRO compartilhando experiencias e convivendo com muitas surpresas.

E como colofom da festa umha pequena parte da MOSTRA MARRANA realizada em Barcelona também neste mes de julho ( http://muestramarrana.org/)

Começemos logo a caminhar, a pensar, a folhar como quiger.

3 comments

« Páxina anteriorPáxina seguinte »