Archive for the 'Movemento' Category
Encontro de colectivos convocado por Lerchas
29 04 2008
Este finde unha representación de 8 colectivos que traballan temas de xénero na Galiza nos dimos cita no aniversario das Lerchas en Ourense. Pola mañán tivemos palestra debate sobre oa afectos, os coidados, a psiquiatralización das nosas vidas e a conflictividade da dualidade dos xéneros.
Tras un mediodía tropical tiradas no campiño fixemos unha presentación dos colectivos e un debate centrado sobre todo na intención de coordenar posibles accións e, ante todo establecer comunicación para estar informadas das actividades que imos facendo en cada lugar.
Os colectivos participantes foron:
Lerchas (Ourense), Mulheres Transgredindo (Compos), Asamblea de Mulheres (Vigo e comarca), Assambleia de Mulheres do Condado (Condado de Salvatierra), Mulleres Nacionalistas Galegas, Corrente Vermella (A Coruña), Maribollheras Precárias (A Coruña) e Nomepisesofreghao.
Celebramos unha festa nun garito, no que recitou poemas Belén de Andrade (tremenda!), coñecimos ás Perrrechudas (compoñentes das Lerchas, que ademais de estupendas cantan ben!!!) e Pía de Tolomei amenizou o fin de festa cun maribingo, do que resultou gañadora a nosa compi rizlinha dun kit de solteira estupendo (xa nos contará a experiencia co patito).
A delegación Maribolhera e Nomepises rematamos con Natalia (unha anfitriona que non ten prezo) nas pozas de auga quentiña de madrugada, foi xenial estar con vos!!!
podedes ver algunhas fotos en http://maribolheras.blog.com/
No commentsTodas somos Carlos! Todas somo antifascistas!
26 01 2008Raiva. Impotência. Indignaçom. Isso é o que sentimos hoje todas as que conhecemos a Carlos Cela. Todas as que estamos implicadas nos diversos projectos e movimentos sociais alternativos desta cidade. Conhecemos a Carlos desde hai moitos anos; sabemos que é umha pessoa comprometida e solidária. E também sabemos que todas as suas actividades som públicas. Hoje está detido e incomunicado um amigo, um companheiro, NOM POR FORMAR PARTE DE NENGUM GRUPO ARMADO OU TERRORISTA, senóm por ser quem é, pola sua ideologia, polo que pensa. Nom nos encontramos ante umha actividade de apoio a comandos, nom hai armas, nem explossivos, nem extorssons….estamos a falar de um apoio afectivo e de intendência básica (alimentos, roupa) aos seus familiares pressos…acaso é agora considerado isso terrorismo? Encontramo-nos ante umha interpretaçom abusiva e delirante da legislaçom antiterrorista. Acusam-no de “proselitismo”…mas que é isso de prosselitismo? Desde quando o prosselitismo é terrorismo? O Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, afirmava onte que “estas detençons impedirám a reconstruçom de comandos operativos da banda”. Temos pois, a um ministro do interior metido a pitoniso, a futurólogo, e a umha audiência nacional que pratica detençons preventivas, e que formula acussaçons nom polos feitos, polo que se fai, senóm por ser quem se é. Com este guiom, amanhá, qualquera de nós poderá ser acussada de terrorismo. Nom nos vam calar a boca:
Basta de repressom!
Todas somos Carlos!
Todas somos antifascistas!
Pola liberdade incondicional de todos os detidos!



