NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

DebateArchive for the '' Category

Estrea na Coruña do Documental de Raquel Rei “Dez centímetros mais perto do ceo”

7 01 2013

Para unhas é un instrumento de tortura, para outras millor xeito de seducción feminina. Diferentes ideas ante un mesmo obxecto, o que mostra que os zapatos de tacón son moito mais que simple calzado. Neste documental os tacóns convírtense na metáfora que convida a reflexionar sobre cómo é o mundo polo que caminamos.

Este venres 11 de xaneiro de 2013, ás 21:00h no Mentireiro, na rúa Olrillamar, número 12, estreamos na Coruña este traballo da compañeira Raquel Rei, para convidarvos a reflexionar acerca do modelo de muller que o patriarcado foi artellando e que nos tacóns atopa unha expresión mais da feminidade hexemónica. Contaremos coa presencia da directora. Compartide e difundide!!

Para nós é un pracer enorme poder contar coa presenza de Raquel na estrea, xa que ademais dunha gran profesional, como poderedes comprobar vendo o seu traballo, é unha compañeira marabillosa, loitadora e que aporta sempre todo o seu talento, como fai coas Candongas do Quirombo onde ela, xunto a Andrea Nunes fixeron traballos valiosísimos que non somos quen de agradecer o suficiente, desde o feminismo e desde o país. Obrigada entón por vires rula!!

SINOPSE

De todos os elementos que se identifican coas mulleres na nosa sociedade occidental, probablemente os zapatos de tacón están entre os máis significativos. E aínda que non podemos entrevistalos que pasaría se convertésemos aos tacóns nos protagonistas dunha película? Dez centímetros mais perto do Ceo exponse como un documental reflexivo de quen mira uns zapatos de tacón e ve unha oportunidade para falar sobre a construción do xénero. Da man da propia directora e acompañada por unha deseñadora de calzado, un podólogo, un deseñador de moda, unha activista feminista, dúas ex-traballadoras do sexo e unha socióloga, o documental emprende unha viaxe para entender por que para ser máis guapas e máis femininas temos que usar tacóns?

FICHA TÉCNICA
Título orixinal: Deu centímetres més a prop do cel
Versión orixinal: galego, catalán, castelán e inglés
Subtítulos: galego, catalán, castelán e inglés
Formato de pantalla: 16/9 ? 1920 x 1080 / HD
Son: Stereo
Filmación: Cor / Branca e negra
Duración: 25 min.
Para todos os públicos
2012 / Catalunya-Galiza (Estado Español)

Se queredes afondar mais na ficha técnica e artística tédela aquí.

Comments are off for this post

Palestra con Carlos Taibo: Da indignación ao contrapoder?

19 12 2011

Da indignación ao contrapoder?

Palestra con Carlos Taibo
Xoves 22 de Decembro de 2011
20.00 horas
Galería Sargadelos, Rúa Real 56, A Coruña

::Ciclo de debates::
“Retomar o público, defender o común”

Convoca:
Rede Robin Hood
Rede de Dereitos Sociais
Nomepisesofreghao
Zoopolitik

Os movementos de indignación global percorren o planeta abrindo siginificativas fendas no sistema. Fendas que repolitizan a vida pública e abren espazos para a esperanza da rebeldía. Pero após meses de mobilizacións e protestos, o contexto histórico que nos atopamos non deixa momento algún para a paralise.

No plano da gobernanza e do poder político instucional, as violentas sacudidas da crise están sendo aproveitadas para lexitimar un auténtico golpe de estado planetario. As estructuras de xestión dos gobernos están a ser usurpadas por poderes económicos situados entre as grandes corporacións empresariais e as agencias de especulación financieira.

Atopamonos pois nun impás no que se torna preciso repensar as formas e os lugares desde os que novos suxeitos indignados e os movementos políticos de contestacion ao capitalismo poden artellar estratexias de conflicto desde as que esixir demandas de transformación social real.

Poren, é preciso de unha forma máis urxente ainda, abrir momentos para a discusión sobre como construir espazos propios onde poder satisfacer todas estas demandas de unha forma non subsidiaria das estructuras de poder, de xeito autónomo e liberado.

O desafío, non é sinxelo. Ante a destrucción do que é de todas e de todos, do público, ante a privatización de cada espazo de vida (educación, saúde, cultura, afectos..) é preciso asumir a necesidade de poñer en marcha entre todas experiencias colectivas non sóde defensa do público, senón de empoderamento do común.

1 comment

CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA. ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS

11 12 2011

::::::::::Este Venres 16 de decembro::::::::::
::::::::::::::::::::Ás 20:00h.:::::::::::::::::::::::::::::
:::::::::::::Na Galería Sargadelos:::::::::::::::::

PALESTRA:
CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA
ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS
POR:
LAURE RODRÍGUEZ QUIROGA

Laure é activista e pensadora do Feminismo Islámico contemporáneo. Investigadora e Membro do Comité  Executivo do Instituto de Estudos Euromediterráneos da Universidade Complutense de Madrid. Actualmente preside a Unión de Mulleres Musulmás de España, sendo co-directora do Congreso Internacional de Feminismo Islámico. É Directora da Consultora Social e Intercultural Torre de Babel, sendo asesora en materia de xénero para diferentes entidades.

Con Laure poderemos comprender a construcción dos roles de xénero que se fai desde os medios e desde a perspectiva eurocentrista para así ter as claves para deconstruilos.

Organiza: Fugaemrede, Maribolheras Precárias e Nomepisesofreghao

Comments are off for this post

Suxeitos Emerxentes: sexualidades e feminismos contemporáneos

11 09 2011

Este mércores 14 ás 10 da mañá estaremos na mesa redonda: Colectivos feministas que empregan a linguaxe artística como práctica política na Galiza
MULHERES TRANSGREDINDO (Santiago de Compostela), MARIBOLHERAS PRECÁRIAS (A Coruña), NOMEPISESOFREGHAO (A Coruña)

O curso de verán ten como propósito fundamental dar a coñecer as novas correntes teóricas e prácticas do pensamento crítico feminista e dos movementos de liberación sexual actuais. O enfoque debe ser comprendido a partir dunha dislocación múltiple do suxeito feminista, onde a identidade moderna, homoxénea e esencial do suxeito “muller” comeza a ser redefinida, diver…sificada e afinada pola intervención múltiple de novos suxeitos que emerxen desde contextos xeográficos e políticos afastados tradicionalmente da centralidade política feminista.

+info maribolhera.com

Comments are off for this post

2 de Xuño, Día Internacional das Putas. Por HETAIRA.

2 06 2011

Desde 1975, o 2 de xuño celébrase o Día Internacional das Putas. Un día non oficial, por suposto, pero con todo proclamado e propagado por prostitutas e polas asociacións en defensa das traballadoras do sexo, sobre todo en Latinoamérica e Europa.

Por que este día?

Porque o 2 de xuño de 1975, máis de cen prostitutas ocuparon a igrexa Saint-Nizier na localidade francesa de Lyon para chamar a atención sobre a súa mala situación e sobre as represalias continuas que sufrían por parte da Policía: abusos e violencia, multas e encarceramentos. ‘Mozas alegres na casa do señor’, titulaban nun texto enviado á prensa onde explicaban a súa acción. Unha ocupación pacífica que se propagou, inesperadamente, a outras cidades francesas.

Nesa igrexa xestouse o Colectivo de Prostitutas, un referente histórico para todas as organizacións posteriores. Como dicía Ulla, unha das súas líderes: “Esperamos a nosa liberdade en tanto que mulleres tal e como somos, e non tal e como queredes que sexamos para tranquilizar a vosa conciencia (…). Non teñades medo: esta liberación non suporá automaticamente unha proliferación das prostitutas. A non ser que nós, as mulleres, sexamos todas mozas ás que unicamente reprimía o medo á policía…”.

Por iso, aproveitamos este día 2 de xuño de 2011 para lembrar ás compañeiras encerradas na igrexa, pola súa valentía, por enfrontarse á hipocrisía social facéndose visibles, por falar publicamente dos seus problemas, por dar forza a outras mulleres a facer o mesmo.

Desde Hetaira festexamos, rememoramos este día e aproveitamos para seguir esixindo o mesmo que elas (e xa pasaron máis de 26 anos!): respeto total ao traballo sexual (non á criminalización legal ou social) e dereitos laborais para as prostitutas.

Hoxe, día 2 de xuño estaremos con toda a nosa forza (aínda que desde a distancia) apoiando as manifestacións contra a represión do traballo sexual, na Praza Pigalle-République de París, a partir das 14,00 horas; e na Praza da Intendencia en Cordoba (Arxentina) e na Praza de San Martín en Lima (Perú) e en todas as prazas reais ou inventadas para esixir respeto total ao traballo sexual.

Hetaira, colectivo en defensa dos dereitos das prostitutas.

Madrid, 2 de xuño de 2011

(*) Nalgúns países orientais e a India celébrase este día o 3 de marzo.

Comments are off for this post

PROPOSTAS EMANCIPADORAS DO FEMINISMO Por EMPAR PINEDA

5 04 2011

Por abrir un espazo de debate compartimos este texto de Empar Pineda (escritora, activista lesbiana e feminista), de hai xa bastante tempo, a través do cal gostariamos de comezar a debatir sobre a importancia de incorporar prácticas da loita feminista na esquerda actual, nos movementos sociais, ou como lle queramos chamar a estos os nosos espazos de loita e participación… quixeramos seguer a facer escolmas de artigos sinxelos e lexibles para profundizar neste debate, as achegas serán benvidas neste sentido.

O texto de Empar é, para comezar, algo vello, as referencias aportadas cando fala de esquerda son quizais mais da esquerda clásica, mas, baixo o meu ponto de vista nalgúns casos aplicables á nosa realidade. A idea cando aportamos este texto é escoller as achegas… certamente o propio movemento feminista reproduce erros, más o alicerce da loita feminista modifica as conductas, o xeito de asumir eses erros… unha práctica feminista no movemento que sexa enriquece as dinámicas, porque fala de loita, de participación, de liberación… como todo é unha ferramenta que hai que aprender a manexar, hai que millorala e hai que socializala…

Desde Nomepisesofreghao temos defendido sempre os espazos de mulleres, e ímolo seguir facendo, más como seres complexas que somos tamén precisamos calar nas loitas que conforman a nosa propia loita… que millor que debatindo… aí queda o texto e esperamos recibir mais achegas doutros artigos que poder compartir…

Preme na imaxe para acceder ao PDF

Comments are off for this post

REXISTRO DE TRABALLO na casa-museo Pardo Bazán

16 03 2011

Uqui Permui presenta Doli, doli, doli… coas conserveiras.

O venres 18 de Marzo na Casa Museo Emilia Pardo Bazán,

Estreia do documental: Doli, doli, doli… coas conserveiras.
Rexistro de trab
allo.

Longametraxe documental dirixida por Uqui Permui, gravada durante o 2009 e 2010. Co apoio da Agadic.
En 1989, preto de cen mulleres pecháronse na fábrica de Odosa, catro delas en folga de fame, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas ODOSA, na Illa de Arousa. Mentres estiveron pechadas gravaron un documental contando o que estaba suc…edendo. A partir dese material, se realizou este documental que narra a historia contada polas mesmas protagonistas, mesturando pasado co presente.
Co relato podemos facernos unha idea do traballo nas fábricas de conserva e a relación laboral das mulleres. Rexistro de traballo pretende deixar constancia do traballo destas mulleres das que, cando a fábrica ameazaba con pechar, non apareceu testemuña documental de que levasen trinta, e algunhas corenta anos empregadas alí.
Son mulleres que denuncian como o traballo das conserveiras se considerou sempre un complemento do salario do seus compañeiros e non un salario en si mesmo, aínda que moitas vivan elas e os seus fillos unicamente deses ingresos.

Comments are off for this post

ELOXIO Á MULLER BRAVA por Héctor Abad.

11 11 2010

Estas novas mulleres, se un logra amarrar e pór baixo control ao burro machista que levamos dentro, son as mellores parellas.

Aos homes machistas, que somos como o 96 por cento da poboación masculina, moléstannos as mulleres de carácter áspero, duro, decidido. Temos palabras denigrantes para designalas: arpías, bruxas, vellas, traumadas, solteironas, amargadas, marimachas, etc. En realidade, témoslles medo e non vemos a hora de facerlles pagar moi caro o seu desafío ao poder masculino que até hai pouco detentáramos sen cuestionamientos. A eses machistas incorrixibles que somos, machistas ancestrais por cultura e por herdanza, moléstannos instintivamente esas feras que no canto de submeterse á nosa vontade, atacan e se defenden.

A femia coa que soñamos, un soño moldeado por séculos de prepotencia e por xenes de bestas (aínda infrahumanos), consiste nunha parella nova e mansa, doce e sumisa, sempre cun sorriso de condescendencia na boca. Unha muller bonita que non discuta, que sexa simpática e diga frases amables, que xamais reclame, que abra a boca soamente para ser correcta, eloxiar os nosos actos e celebrarnos bobadas. Que use as mans para a caricia, para ter a casa impecable, facer bos pratos, servir ben os grolos e acomodar as flores en floreiros. Este ideal, que as revistas de moda confírmannos, pode identificarse cunha especie de modelito das que saen por televisión, ao final dos telexornais, sempre a un milímetro de ficar espidas, con curvas incribles, sempre á túa enteira disposición, en aparencia coma se nos dixeran ‘vostede avise e eu abro as pernas’, sempre como dispostas a un vertixinoso desafogo de líquidos seminais, entre berros ridículos do home (non delas, que requiren máis tempo e quedan a medias).

Aos machistas novos e vellos ponnos en xaque estas novas mulleres, as mulleres de verdade, as que non se submeten e protestan e por iso seguimos soñando, máis ben, con rapazolas perfectas que o dean fácil e non poñan problema. Porque estas mulleres novas esixen, piden, dan, métense, rifan, contradin, falan e só se ispen se lles dá a gana. Estas mulleres novas non se deixan dar ordes, nin podemos deixalas plantadas, ou tiradas, ou arrinconadas, en silenzo e de ser posible en roles subordinados e en postos subalternos. As mulleres novas estudan máis, saben máis, teñen máis disciplina, máis iniciativa e quizá por iso mesmo élles máis difícil conseguir parella, pois todos os machistas temémoslles.

Pero estas novas mulleres, se un logra amarrar e pór baixo control ao burro machista que levamos dentro, son as mellores parellas. Nin sequera temos que mantelas, pois elas non o permitirían porque saben que esa foi sempre a orixe do noso dominio. Elas xa non se deixan manter, que é outra maneira de compralas, porque saben que aí -e na forza bruta- radicou o poder de nós os machos durante milenios. Se as chegamos a coñecer, se logramos soportar que nos corrixan, que nos refuten as ideas, nos sinalen os erros que non queremos ver e desinflen a nosa vaidade, darémonos conta de que esa nova paridade é agradable, porque volve posible unha relación entre iguais, na que ninguén manda nin é mandado. Como traballan tanto coma nós (ou máis) entón elas tamén se declaran fartas pola noite e de mal humor, e o máis grave, sen ganas de cociñar. Ao principio daranos rabia, xa non as veremos tan boas e abnegadas como nosas santas nais, pero son mellores, precisamente porque son menos santas (as santas santifican) e teñen todo o dereito de non selo.

Envellecen, coma nós, e xa non teñen pel nin seos de veinteañeras (mirémonos o peito tamén nós e os pés, as fazulas, os pouquísimos pelos), as hormonas danlles ciclos de euforia e mal xenio, pero son sabias para vivir e para amar e se algunha vez na vida necesitas un consello sensato (necesítase sempre, a diario), ou unha estratexia útil no traballo, ou unha manobra acertada para ser máis felices, elas darancho, non as de pel e tetas perfectas, aínda que estas sexan a delicia coa que soñamos, un soño que cando se realiza xa nin sabemos que facer con todo iso.

Os homes machistas, somos animalitos aínda e é inútil pedir que deixemos de mirar ás muchachitas perfectas. Os ollos vánsenos tras delas, tras as curvas, porque levamos por dentro un programa túzaro que cara a alá nos impulsa, como autómatas. Pero se logramos usar tamén esa herdanza recente, o córtex cerebral, se somos máis sensatos e racionais, se nos volvemos máis humanos e menos primitivos, darémonos conta de que esas mulleres novas, esas mulleres bravas que esixen, traballan, producen, foden e protestan, son as máis desafiantes e por iso mesmo as máis estimulantes, as máis entretidas, as únicas con quen se pode establecer unha relación duradeira, porque está baseada en algo máis que en apertas e bicos, ou en coitos precipitados seguidos de tristura. Esas mulleres dannos ideas, amizade, paixóns e curiosidade polo que paga a pena: sede de vida longa e de coñecemento.

Imos homes, por esas mulleres bravas!!!!!!!!!!

Héctor Abad naceu en Colombia en 1958 e licenciouse  en Literatura moderna en Italia. Volve a Colombia en 1987 cando un grupo paramilitar asasina ao seu pai (médico defensor dos dereitos humanos e fundador da actual facultade de medicina), mais regresa a Italia tralas ameazas recibidas.  Aínda así retorna a Colombia en 1993 e na actualidade reside en Bogotá.

1 comment

gENERAtECH.tar.gz Outubro 2010

9 10 2010

Última edición do xornadas itinerantes de generatech (generatech.org)

No evento final galego contaremos coa presencia de Sayak Valencia que virá presentarnos a sua particular visión do “Capitalismo Gore”, Ramona Rodríguez da plataforma de participación-difusión-promoción-investigación-formación submergentes.org, descontroladas.net e grupos galegos que traballan o xénero desde múltiples perspectivas (cafés feministas, nomepisesofreghao, e somosdegenrando), tamén haberá momentos para a aprendizaxe cos obradoiros de plantillas, e por último teremos actuacións estelares de performances, videoproxeccións e sesións de música desgenradas!

Esta vez non podes faltan, ven liberar o teu código, hackea o teu xénero!!!

Programa:

Mércores 13 outubro: Vigo
Amalgama : r/Marqués de Valterra, 5

19:00-Talher stencils by Tayone- imaginário livre nas rúas!!

21:30-Netexperiencias e  teclado desgenerado!
Mesa-presentaçom trabalho e projectos:

  • Capitalismo Gore – Sayak Valencia
  • Submergentes- Ramona Rodríguez
  • Lorea (rede social global) https://lorea.cc/

+ Stream desde Linz – Austria: Reni Hofmueller

Xoves 14 outubro: Corunha
CS Atreu : tr/ Sam José, 2 baixo

18:00-Talher stencils by David– imaginário livre nas rúas!

20:30-Netexperiencias e teclado desgenerado!
Mesa-presentaçom trabalho e projectos:

  • Capitalismo Gore – Sayak Valencia
  • Submergentes- Ramona Rodríguez
  • Lorea (rede social global) http://lorea.cc/

+ Stream desde Linz – Austria: Reni Hofmueller

Venres 15 outubro: Corunha
CS Atreu: tr/ Sam José, 2 baixo

19:00 Traballando xuntas: Hackeando o xénero,
mesa redonda – debate:

  • Descontroladas (http://descontroladas.net)
  • Nomepisesofreghao (http://nomepisesofreghao.net)
  • Cafés feministas

20:30 mesa nodos-Nomadismo itinerante:

  • ideas destroying muros-valencia
  • ningún lugar-barcelona
  • nomepises, sdg, olholivre-gz

Nena Pepita: r/ Sam José, 2 baixo

21:30 – Projecçons material vídeo-pinchos

  • Clara Gayo (Bio-instalaçom)

22:00 – Espectáculo!!! Actuacións en directo: Presenta mina

  • Irene (Cançoms de autora)
  • florian korchoi (ruido destrozaMIdIs)
  • freeswl (vjanes)
  • laboucherie (djane)
  • stormbootnet (vjing)

    Sábado 16: Vigo
    Alg-a lab- Caminho da igreja s/n (Valadares)

    19:00- Traballando xuntas.Hackeando o xénero:
    Mesa redonda – debate

    • cvc valadares (banco do tempo ou área de mulher)
    • descontroladas (http://descontroladas.net)
    • SdG

    20:15-Mesa nodos-Nomadismo itinerante:

    • ideas destroying muros-valencia
    • ningún lugar-barcelona
    • nomepises,sdg,olholivre-gz

    21:30-Projecçons material vídeo-pinchos

    23:00-Espectáculo!!!

    com as riduejo de dúo presentador:

    • vane (dança)
    • miriam (clown-malabares)
    • pedro (performance)
    • tayone (graffiti digital)
    • medusa pin (djane)
    • carlos suárez-madamme cell  (experimental)
    • tasha (poessía)
    • laboucherie (djane)
    • performance colectiva desgenerada
    • videoarmsidea (vjing)
    • stormbootnet (vjing)
    • freeswl (vjing)




    Programa:

    Mércores 13 outubro: Vigo
    Amalgama : r/Marqués de Valterra, 5

    19:00-Talher stencils by Tayone- imaginário livre nas rúas!!

    21:30-Netexperiencias e  teclado desgenerado!
    Mesa-presentaçom trabalho e projectos:

    • Capitalismo Gore – Sayak Valencia

    • Submergentes- Ramona Rodríguez

    • Lorea (rede social global) https://lorea.cc/

    + Stream desde Linz – Austria: Reni Hofmueller

    Xoves 14 outubro: Corunha
    CS Atreu : tr/ Sam José, 2 baixo

    18:00-Talher stencils by David– imaginário livre nas rúas!

    20:30-Netexperiencias e teclado desgenerado!
    Mesa-presentaçom trabalho e projectos:

    • Capitalismo Gore – Sayak Valencia

    • Submergentes- Ramona Rodríguez

    • Lorea (rede social global) http://lorea.cc/

    + Stream desde Linz – Austria: Reni Hofmueller

    Venres 15 outubro: Corunha
    CS Atreu: tr/ Sam José, 2 baixo

    19:00 Traballando xuntas: Hackeando o xénero,
    mesa redonda – debate:

    • Descontroladas (http://descontroladas.net)

    • Nomepisesofreghao (http://nomepisesofreghao.net)

    • Cafés feministas

    20:30 mesa nodos-Nomadismo itinerante:

    • ideas destroying muros-valencia

    • ningún lugar-barcelona

    • nomepises, sdg, olholivre-gz

    Nena Pepita: r/ Sam José, 2 baixo

    20:00 – Projecçons material vídeo-pinchos

    • Clara Gayo (Bio-instalaçom)

    23:00 – Espectáculo!!! Actuacións en directo: Presenta mina

    • Irene (Cançoms de autora)

    • Alba

    • florian korchoi (ruido destrozaMIdIs)

    • freeswl (vj+dj)

    Sábado 16: Vigo
    Alg-a lab- Caminho da igreja s/n (Valadares)

    19:00- Traballando xuntas.Hackeando o xénero:
    Mesa redonda – debate

    • cvc valadares (banco do tempo ou área de mulher)

    • descontroladas (http://descontroladas.net)

    • SdG

    20:15-Mesa nodos-Nomadismo itinerante:

    • ideas destroying muros-valencia

    • ningún lugar-barcelona

    • nomepises,sdg,olholivre-gz

    21:30-Projecçons material vídeo-pinchos

    23:00-Espectáculo!!!

    com as riduejo de dúo presentador:

    • vane (dança)

    • miriam (clown-malabares)

    • pedro (performance)

    • tayone (graffiti digital)

    • paula pin (djane

    • carlos suárez-nacho  (experimental)

    • tasha (poessía)

    • laboucherie (djane)

    • performance colectiva desgenerada

    • videoarmsidea (vjing)

    • stormbootnet (vjing)

    • freeswl (vjing)


    Comments are off for this post

    I CURSO DE VERÁN SOBRE NOVOS FEMINISMOS “A CUESTIÓN DE XÉNERO NO S. XXI: TEORíAS E PRÁCTICAS HETERODOXAS”

    8 09 2010

    Programa (podes descarregalo aquí)

    Download Tertulia no programa Expreso de Medianoite (Beatriz Suárez Briones e Rocío Fraga Sáenz falan de feminismos como aperitivo do curso de verán)

    Datas: 20-23 de setembro na Facultade de Socioloxia da UDC, A Coruña.

    Lugar: Facultade de Dereito, Campus de Elviña, A Coruña

    Día 20, luns:

    16:00 h.: Inauguración.

    16:30 h.: “A fase tardía da segunda onda do feminismo: o debate Feminismo da Igualdade-Feminismo da Diferenza“, por Rosa Cobo Bedia, profesora de Socioloxia, Universidade da Coruña.

    18:00 h.: “Aproximacións postmodernas a teoría de xénero: a problematización da identidade de xénero“, por Elvira Burgos Díaz, profesora de Filosofía, Universidad de Zaragoza.

    19:30 h.: “Prácticas contemporáneas do movemento feminista“, mesa redonda con participación de activistas de Rede Feminista Galega, Nomepisesofreghao (A Coruña), Lerchas (Ourense), Clara Gayo (artista, Compostela).

    Día 21, martes:

    16:00 h.: “Antropoloxia do xénero: aportacións da Teoria Postcolonial“, por Carmen Romero Bachiller, profesora de Socioloxia, Universidad Complutense, Madrid. Introduce o debate Beatriz Blanco Vázquez, investigadora en Filosofía, UNED, Madrid.

    17:30 h.: “Aportacións da teoría queer á redefinición conceptual do xénero“, por Beatriz Suárez Briones, profesora de Teoría da Literatura, Universidade de Vigo.

    19:00 h.: “Do movemento LGBTQ ao Transfeminismo“, Mesa Redonda con Laura Bugalho (Transgaliza, Santiago de Compostela), e activistas de SomosdeGenerando (Vigo) e Panteras Rosa (Porto).

    Día 22, mércores:

    16:30 h.: “Repensando o traballo sexual desde o feminismo contemporáneo“, por Nanina Santos Castroviejo, integrante da Revista Andaina, Vigo. Introduce o debate Agustina Iglesias, investigadora en Dereito penal, Universidade da Coruña.

    18:00 h.: Pausa-café

    18:30 h.: “Repensando o xénero desde a condición migrante“, por Rafaela Pimentel, integrante de Territorio Doméstico, Madrid. Introduce o debate Marta Casal Cacharrón, asociación ACSUR-Las Segovias.

    Día 23, xoves:

    16:30 h.: “Repensando a violéncia contra as mulleres desde un plantexamento de xénero“, por Patricia Faraldo Cabana, profesora de Dereito penal, Universidade da Coruña. Introduce o debate Yolanda Ferreiro Novo, avogada, asociación Esculca.

    18:00 h.: Pausa-café

    18:30 h.: “Devir muller do traballo e sobreexplotación laboral das mulleres“, por Cristina Vega Solís, Instituto de Investigaciones Feministas, Universidad Complutense de Madrid.

    Comité de Organización

    Beatriz Blanco Vázquez, investigadora en Filosofía, UNED, Madrid.

    Rocío Fraga Sáenz, Socióloga, Colectivo Nomepisesofreghao.

    Area Hermo Fernández, investigadora en Antropoloxia, UDC.

    Agustina Iglesias Skulj, investigadora en Dereito penal, UDC.

    José Ángel Brandariz García, profesor de Dereito, UDC.

    + Información:

    fermelita(at)gmail(.)com; jabrandariz(at)yahoo(.)de; areahermo(at)hotmail(.)com

    Tlf: 981 167000 (extensión 1604)

    Organización

    Oficina para a Igualdade de Xénero, Universidade da Coruña.

    Universidade Invisivel (www.invisibel.net)

    Nomepisesofreghao, moreia de feministas desgeneradas

    (www.nomepisesofreghao.net)

    1 comment

    Páxina seguinte »