moreia de parafeministas desgeneradas

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for the 'cine' Category

XOVES 21 de febreiro a partir das 21:00h no C.S. Atreu! (rúa San Xosé, 2, Queerunha/A Coruña) proxección do filme History Lessons de Barbara Hammer (2000)

20 02 2008

History Lesson 

Título: History Lessons

Ano: 2000

Directora: Barbara Hammer

Produción: Anna Viola Hallbero e Barbara Hammer

Guión: Ann T. Rossetti e Allyson Mitchell

Montaxe: Barbara Hammer

Arquivista: Barbara Hammer

Música orixinal: Eve Beglarian, Lisa Ben, Mikael Karlsson, Jean Paul Keenon e Getchen Phillips

Dirección artística: Barbara M. Lempel

Duración: 65′

B/N e Color

versión orixinal con subtítulos en castelán

Intérpretes: Ann Maguire, Jane Fine, Cocoa Fusco e David Del Tredici 

Filme irreverente que recupera a historia negada do lesbianismo na cultura popular do século XX, centrándose no ámbito estadounidense, a partires da mestura de diversos fragmentos de material de arquivo: cine erótico dos anos vinte e trinta (feito no seu momento para unha audencia exclusivamente masculina), documentais de educación sexual, Leni Riefenstahl, William Wyler, melodramas de serie B, anuncios televisivos ou cine doméstico. Manipula estas imaxes de procedencia heteroxénea coa intención de simular unha maior presenza das lesbianas na sociedade, como sucede co fragmento da Conferencia de mulleres presidida por Eleanor Roosevelt. Toda unha lección de montaxe e de apropiación que ilustra o proxecto desta cineasta feminista de crear un cinema que actúe á vez de forma intelectual e subliminal sobre a mente das espectadoras.
 

Máis información en www.barbarahammerfilms.com e nomepisesofreghao.blogaliza.org

Moitas gracias pola vosa colaboración e unha aperta

No comments

O corto de Peque Varela seleccionado en prestixioso festival

14 12 2007

O corto de Peque Varela seleccionado en prestixioso festivalO festival de cine de Sundance seleccionou o da ferrolana Peque Varela, “1977″,  para participar na sección de cortos de animación da vindeira edición do festival, que será en xaneiro de 2008. 

O corto se presenta como británico debido a que Peque estudou en Londres na Universidade de Westminster, para despois formarse no National Film and Televisión School, onde levou a cabo este proxecto, que reflexa unha historia de vida dunha rapaza que ben pode ser Peque ou calquera de nós, centrándose na construcción da identidade de xénero, a ruptura dos estereotipos que lle van colgando os diferentes axentes socializadores que aparecen perfeitamente reflexados, recreando unha partida de “xogar a viver” no que a protagonista viaxa nuha ficha-buga pola vida mentras se vai conformando como muller nunha sociedade heteropatriarcal, capitalista e católica.

No entorno do xogo hai referencias arquitectónicas e urbanísticas de Ferrolterra, e representan unha cultura universal e galega da que somos víctimas e parte.

Desde Nomepisesofreghao felicitamos a Peque polo éxito, e esperamos poder contar con ela pronto para que nos faga unha presentación do seu traballo.

No comments

Xoves 13dezembro-cinema no A´TREU:

13 12 2007

Ciclo de Cinema “Elas protagoniçam”

Projecçom do filme “Moolaadé” + debate.

*info do filme: http://www.golem.es/moolaade/

TEMAS A DEBATIR:

  • O papel da religiom e da tradiçom, ao longo da história, coma opressores da mulher.
  • Praticas coma a ablaçom estám a crescer ou a desaparecer na actualidade?
  • Diferentes luitas femininas no mundo(presente-passado-futuro).
  • É lícito que umha cultura “ensine” a outra cultura?

No comments