moreia de parafeministas desgeneradas

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for the 'Acción' Category

Estamos no Laboratorio Social AA14

17 03 2008

Nomepisesofreghao participa do laboratorio social AA14, vos convidamos a que estedes ao tanto das actividades que se van programando no novo espazo liberado da cidade, para iso consulta o blog da Cultura Preokupa.

A participación de Nomepisesofreghao está sendo moi activa dentro das actividades do Centro Social e do acondicionamento do espacio, así que as asambleas da Moreia de Parafeministas Desgeneradas, quedan adiadas como tal até o 31 de marzo, de todos xeitos xa sabedes onde atoparnos, aquí, alí…

1 comment

“semana de actividades pola cultura livre e os espaços liberados´´

13 03 2008

cartaz_culturaa.JPG

A_CULTURA_PRE_O[K]UPA a partir do 14 de março em adiante…

inauguraçom @Campo da lenha venres 14 19:00 horas

“semana de actividades pola cultura livre e os espaços liberados´´

Monte Alto*Corunha*Galiza

¿QUÉ É A CULTURA?

Se fixéramos caso do modelo que propón a administración local da cidade, teríamos que pensar que a cultura e o regalo benintencionado que recibimos das fundaciós privadas, que a través de imposicións legais invirten unha mínima parte dos seus beneficios na creación de espacios regrados onde, a parte de cobrar e dirixir as suas actividades, proxectan unha falsa imaxe de servicio social mentras fan publicidade da súa marca. Se este é o modelo social e público da cultura, ésta debe ser algo relacionado con ler Caixa Calicia duascentas veces nun pequeno paseo pola cidade, con rexeitar ós artistas descoñecidos que non teñen un lugar nas súas fundacións, e con cambiar o nome do teatro público por excelencia da cidade cara o deste banco.

Se pola contra escoitáramos o que pensan os medios de comunicación, teríamos coma paradigma cultural a fórmula máxica dos programas da televisión nos que a fama chega sen esforzo e sen maduración intelectual; saberíamos entón que só fai falla pasar un determinado número de días controlado por un milleiro de cámaras e arropado por uns cantos expertos para que de repente o alma do xenio en calquer disciplina fora nosa. Por outra parte, o modelo que propón o mercado basease na crecente comodidade cara á que “o progreso” leva as sociedades contemporáneas. Está falsa comodidade provoca a completa desintegración das colectividades humanas a cambio de permitir o consumo deshinibido de obxetos e productos da “industria cultural” convintemente empaquetados, nos que o nivel de identificación é superficial e excesivamente efímero. Como exemplo cabería falar do sucedido nun tempo record cos cines da cidade, que en poucos anos foron desaparecendo un a un ata quedar dous cines de compañías multinacionais onde o nivel tecnolóxico é tan insuperable coma o seu limitado nivel cultural.

Pola nosa parte entendemos a cultura coma un proceso colaborativo no que diferentes instancias das sociedades aportan accións e marcos de evalución públicos, cos ca xente poidamonós identificar e describir os matices da realidade cotián na que vivimos. É dicir, as nosas inquietudes están máis preto da paradoxa da participación que na lóxica do cidadán-consumidor. E así, as actividades destes días de acçom social estarán dirixidas a promover a cultura participativa, a visibilización das propostas marxinadas polas fundacións e o mercado, a verdadeira cultura popular máis alo do populismo, e a creación dunha plataforma onde poidan existir colectividades emerxentes e antagonistas tanto no contexto do barrio coma no presente global.

Como toda iniciativa realmente estimulante esta nom entende de espectadores espectantes. Polo tanto seguimos o chamado masivo para a participaçom da Cultura_pre_o(K)upa.

¿QUÉ É A POLÍTICA?

A deriva imparable cara o bipartidismo que caracteriza ó contexto político actual é unha clara mostra da condición mercantil do sistema democrático occidental e das corporacións políticas supervivintes.

Mentras a través da análise da simplicidade do discurso político contemporáneo descubrimos o baixo nivel intelectual dos chamados representantes do povo, que encaran a complexidade do mundo cunha actitude sempre reduccionista e homoxeneizante, é a través do desdibuxo das diferencias sociais, por un sistema a priori aceptado por todos, coma se produce este contexto de falsa crispación que agocha a verdadeira paz social e política na que o mercado e as corporacións políticas síntense tan a gusto. De non existir está tensión virtual faríase inviable a participación, e polo tanto o consentimento cidadán, nas “eleccións democráticas”, ante o hastío de escoitar sempre as mesmas historias sen argumentos. Pero por outra parte, outro dos efectos desta falsa tensión é a desactivación e a apatía cidadán á hora de reclamar o seu papel no desenrrolo das cidades.

A política é un concepto ontolóxicamente moi lonxano de esta realidade dos partidos políticos e do sistema democrático actual, que fomenta un círculo vicioso de relacións de servidume entre as grandes empresas privadas, os medios de comunicación masivos e as corporacións políticas, cousa que tódolos cidadáns observamos continuamente con só botar unha ollada ós modus operandi destos actores mediáticos.

Os novos espacios sociais plantéxase entón coma alternativa ó sistema político establecido; coma o refuxio aberto ós colectivos antagonistas e ós cidadáns que queren participar na construcción do mundo de forma activa. Trátase por tanto dun proceso de normalización urbana das iniciativas populares inaccesibles para a cidadanía en xeral. Un espacio autoxestionado coma reivindicación dun campo de corpos políticos posibles no contexto da infantilización da política que parecemos abocados a habitar.

Como toda iniciativa realmente estimulante esta nom entende de espectadores espectantes.

Mais info aquí

No comments

8 de marzo de 2008

7 03 2008

Sempre rápida e atenta, a Igrexa (e a alcadesa valenciana Rita Barberá) adiantou a data da celebración de San Xosé, que ademáis de ser o capitalista Día do Pai tamén coincide co remate das Fallas- a nocturna e refulxente cremá- que este ano recae no mércores víspera do xoves santo, polo que obviamente non interesa mesturar ambas festas e moito menos a nivel económico. Ao tempo que os diversos poderes fácticos argallaban esta manobra, nós, ilusas, estabamos pensando en aproveitar o 8 de marzo para, entre outras cousas, solicitar o acceso ao aborto libre e gratuito e pedir melloras para a actual e paupérrima lei de prazos porque cando soubemos a data das eleccións ninguén imaxinaba o que ía a acontecer.  Evidentemente este turbio asunto de acose e derribo ás clínicas que practican abortos orquestado pola dereita máis rancia xunto a súa aliada, a obsoleta Conferencia Episcopal, empurrou a que, trala efectiva axitación social provocada por diferentes colectivos feministas, os principais partidos políticos no goberno estatal se posicionaran abertamente e tiveran que mudar as súas axendas en tan só uns poucos días. Quizáis de aí proveña o medo a permitir as  estipuladas e institucionalizadas, pero non por iso menos necesarias, celebracións do 8 de marzo nun momento no que as reivindicacións están máis politizadas que nunca, motivo polo cal poderían ser considerados actos partidistas nunha xornada de reflexión. Non obstante, por que non prohiben as misas cando é de tod*s sabido que fan apoloxía política de cara aos seus conservadores intereses? E mentres tanto Esperanza Aguirre ten organizada para este día unha marcha-carreira de mulleres para recaudar fondos destinados a “unha” ONG que defende o dereito á igualdade; habería que saber cal é… 

Ante este desolador panorama, no que vemos recortada a liberdade de expresión ao ser ilegalizadas as manifestacións e prohibidos os actos de conmemoración do día da muller traballadora en diferentes cidades do Estado, non podemos quedarnos sen facer nada. A perplexidade e a indignación son tales que lanzamos un chamamento á desobediencia, máis alá de manifestar simplesmente a nosa absoluta repulsa por esta actitude represora e patriarcal. Esta non é senón outra mostra dos mecanismos de marxinación que operan dende o poder hexemónico -estratexia na que as deputadas, coa súa complacencia (in)conscente, contribuiron a que as mulleres volvan a ser esquecidas- xa que isto probábelmente non sucedería co 1 de maio, día do traballador. E se as mulleres non contamos, ou só para dar as cifras das mortas por violencia machista, as migrantes sen papeis menos aínda xa que hai uns días unha muller colombiana foi detida en Pontevedra por acudir a denunciar malos tratos. Vaia, pois como está o patio como para andar desconvocando ás mulleres.

Por todo isto, despois de entregar as autoinculpacións polo aborto nos Xulgados no acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres, promovemos unha convocatoria de concentración ante a Delegación do Goberno da Coruña para reivindicar o dereito a manifestarnos durante 8 de marzo; porque non nos van facer calar!

No comments

Concentracións pola liberdade de decisión nas cidades galegas

22 01 2008

Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

* VIGO diante do MARCO
* A CORUÑA no Obelisco ás 20:30 h.
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo

A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.

ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!

No comments

Comezan as campañas contra o acoso ás que queren decidir libremente

17 01 2008

Algunhas asociacións feministas, organizacións de saúde sexual e reproductiva e sindicais xuntáronse estes días en Madrid e farano tamén en Barna para convocar concentracións ante o acoso que están sufrindo non só as clínicas que practican interrupcións do embarazo, senón ás usuarias das mesmas. A convocatoria madrileña é para o día 23 de xaneiro na Porta do Sol. A continuación comezaráse coa campaña de Autoinculpacións.

Na galiza estamos a traballar no tema, queremos inciar unha camapña de acción e visibilización do problema que padecemos e que segue igual tras décadas de loita.

É inadmisible que sigamos sin ter capacidade de elección sobre o noso corpo e a nosa vida.

É inadmisible que cando convén se lucran algunhas persoas da nosa impotencia á hora de exixir á Seguridade Social o noso dereito e cómo de cando en vez recurren á criminalizarnos por decidir cando e como queremos ou non queremos parir, facendo campañas de acoso e derribo como a actual contra a única saída que nos deixan, que é pagar no privado ós mesmos médicos que no público se negan a exercer abortos, e o que é pior ainda, chamando ás nosas portas cunha orde xudicial na man para inculparnos ante a sociedade, ante as nosas familias, sin respetar a nosa intimidade e a nosa liberdade de decisión.

Sobre todo é inadmisible que ainda no 2008, século XXI teñamos que seguir lembrando que nós parimos e, polo tanto, nós decidimos!

Permanecede atentas ás rúas, mais se queres aportar ideas e apoio á campaña non dubides en contactar con nós, pásate calquer luns polo CS Atreu! na rúa San Xosé a partir das 20:30 h.
Mentras tanto tedes o link ó manifesto das etidades madrileñas que convocan a mani do 23 de xaneiro.

http://www.ccoo.es/csccoo/menu.do?Areas:Mujeres:Actualidad:13027

Seguiremos informando

2 comments