NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

AcciónArchive for the '' Category

Descosendo nas rebaixas, primeira acción da plataforma #BoikotInditex na Coruña

12 01 2013

Hoxe, na Praza de Lugo da Coruña, a Plataforma #BoikotInditex, da que Nomepisesofreghao forma parte, realizou unha acción de presentación da súa campaña de Boikot ao grupo Inditex.

Esta plataforma pretende visibilizar ante a cidadanía as prácticas abusivas que o grupo Inditex realiza a través non só do trato aos seus cadros de persoal nas distintas partes do mundo, senón tamén na Galiza. Denuncia tamén a súa política de contratas e subcontratas, o seu modelo de consumo de fast fashion e a súa contribución a un modelo de beleza marcado polo sistema patriarcal e capitalista.

A acción realizouse diante da tenda Bershka da praza de Lugo da Coruña, hoxe, primeiro sábado de rebaixas, situándose un grupo de mulleres a coser simulando o traballo nos talleres textís mentres visibilizan mediante cartaces situacións reais que se producen no sistema de traballo do grupo Inditex.

A día de hoxe o modelo de empresa que iniciou Amancio Ortega é un modelo que se presenta como de éxito xa que conseguiu situar ao seu principal accionista como o terceiro home mais rico do mundo, que, a pesar da crise na que nos atopamos que empobrece día a día á cidadanía, segue a aumentar os seus beneficios a costa dese sistema de explotación.

Os medios non tiveron xa mais remedio, que sacar á luz as fechorías que o grupo Inditex vai facendo polo mundo adiante a través de subcontratas que escravizan a mulleres e crianzas no seu proceso de producción, sen embargo silencian que isto tamén acontece aquí, no noso país, no suposto primeiro mundo, e a plataforma #BoikotInditex pretende tamén denuncialo.

Por todo isto a plataforma #BoikotInditex comeza esta campaña que seguirá realizando accións de denuncia e boicot ao grupo de empresas e convida ás persoas e colectivos que se queran sumar a participar da plataforma.

PORQUE A VOSA FORTUNA É A NOSA MISERIA: BOICOT A INDITEX!!

Fotos da acción

Vídeo da acción e lectura do manifesto

1 comment

Hidro Santa Cruz: cantas mulleres precisades violar para producir luz?

29 08 2012

O municipio de Santa Cruz Barillas, situado ao nordés do departamento de Huehuetenango en Guatemala, sigue resistindo ao hostigamento e ao terrorismo de estado que se lle está a impor.
A empresa española Econer-Hidralia, que ten como principal benefactor a Luis Castro Valdivia (coñecido na Galiza como o “señor das minicentrais”, asociado con concesións de licencias ilícitas durante a era Fraga e con sentencias condenatorias do TSXG) instala en Guatemala no ano 2009 unha filial, Hidro Santa Cruz, baixo a presidencia de David Castro Valdivia, co obxectivo de instalar unha minicentral hidroeléctrica nunha corrente de auga que forma parte do territorio sagrado, na que se abastecen do vital líquido e pasan o seu tempo de lecer as poboadoras de 23 comunidades próximas, a pesares do rexeitamento explícito das comunidades expresado en varias ocasións a través de consultas comunitarias.

Dende entón, as comunidades mayas da zona viven nun estado de alerta e intimidación constante polas ameazas e crimes cometidos por axentes da seguridade privada da empresa, entre outros, a colocación de explosivos en lugares de paso entre as comunidades e o asasinato dun líder comunitario, Andrés Francisco Miguel, ademáis de ferir de gravidade a outros dous compañeiros.
A situación agrávase o pasado 1º de maio, cando o goberno militarista do xeneral Otto Pérez Molina, descaradamente aliado co capital transnacional declara un estado de sitio no municipio, ocupando 5 comunidades de Barillas con 500 efectivos militares e 400 policías. Oficialízase así a política de terror de estado como estratexia para implantar o medo e disolver a xusta e lexítima protesta social a través da criminalización das lideresas e líderes das comunidades. Unha situación que lembra tristemente os anos máis crueis da guerra en Guatemala.
O momento actual, despois do levantamento oficial do estado de sitio o 18 de maio, é preocupante pola criminalización que segue e a persecución de líderes e lideresas comunitarias vía o sistema formal de “xustiza”. Polo momento, hai 9 persoas encarceradas, das que pouco ou nada se sabe, con acusacións absurdas e infundadas como “desorde público”, “asociación delictiva” e “terrorismo”. Detrás das ordes de captura está a coñecida estratexia do estado de deslixitimar a loita dos pobos pola defensa dos seus territorios por medio da criminalización da protesta social e de provocar o terror como forma de paralizar a resistencia, en poucas palabras, de impor intereses alleos aos comunitarios por medio da represión armada.
Mentres tanto, os militares seguen nas comunidades atemorizando á poboación civil.
Mentres tanto, as mulleres en Barillas resisten tanto como saben, como tiveron que aprender pola súa historia de opresión. Para elas, a militarización pasa polos seus corpos. A presenza de uniformes nos seus territorios convértese nunha ameaza constante de violación sexual. As súas mensaxes contundentes, desvelan o vínculo histórico entre militarización, expropiación dos recursos naturais e violencia sexual, é dicir, que a invasión militar dos territorios comunais en beneficios de intereses neoliberais ven acompañada, sistematicamente, da expropiación dos corpos das mulleres.
Dende Galiza, un grupo de individualidades feministas/a rede feminista galega, posicionámonos en solidariedade coa loita das comunidades mayas de Barillas, en particular coa loita das mulleres que, asediadas pola deslixitimación, as ameazas, o acoso, a intimidación e a violencia sexual, seguen co firme propósito de poñer fin aos procesos históricos de abuso e expropiación da terra e dos seus corpos.

CONCENTRACCIÓN XOVES 30 NA PRAZA DE MARÍA PITA

BARILLAS SOMOS TODAS!!!

 

Comments are off for this post

Liamola ben!!

13 03 2012

O pasado domingo, 11 de marzo, colectivos e organizacións galegas xuntámonos para tomer as rúas de Compostela esixindo os dereitos das mulleres, deixando claro que estamos en loita e que así imos seguir.

A mani do domingo foi unha demostración histórica da fortaleza que ten o feminismo en Galiza, malia que moita xente quera non velo, cando nos artellamos en redes e deixamos de mirar a quen temos ao lado con desconfianza os resultados son bos. Miles de persoas de toda Galiza acudiron á cita, demostramos que temos ganas de pelexar e, sobre todo demostramos, que queremos facelo ao noso xeito, non nos valen as manifestacións litúrxicas, nós queremos loitar con forza, cor, raiba.

Da Coruña partimos un grupiño ben nutrido no tren, e chegamos a tempo para a partida da estación de Compostela, onde estaban agardando as compas, parecía que iamos ser uns centos, pero foi dar a curva da saída da estación e alía había, polo menos un par de miles!! a subida polo hórreo e a entrada na zona vella foi espectácular… deixa pasar!! deixapasar!! son feminista e o mundo vou mudar!! pegaba o sol e as rúas ateigadas de xente qeu se foi unindo até que na Quintana puidemos comprobar que efectivamente somos moitas e estamos dispostas a artellarnos… podedes ver fotiños no Flickr de rizlinha e no GZ Contrainfo, ademáis o compa Bocixa fixo este vídeo para Praza que demostra como temos compañeiros que loitan ao noso lado coas ferramentas que millor manexa cada quen, neste caso montando este traballo audiovisual como outros, nos que Boci sempre está.

Comments are off for this post

Camiñando cara o 8 de marzo… mulleres galegas en loita polos nosos dereitos

28 02 2012

Nomepisesofreghao súmase aos actos convocados desde diferentes organizacións e colectivos feministas do país con motivo do Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo). Este ano queremos marchar xuntas, porque especialmente estamos a sofrer as consecuencias do sistema que neste momento oprime con mais forza que nunca e nos fai retroceder en dereitos xa acadados.

O 11 de marzo haberá unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00h da estación de trens. De aquí alá levaránse a cabo diferentes actividades e accións nas comarcas por parte de aquelas persoas e colectivos que  queran ir facendo ese camiño conxunto de cara o 8 de marzo.

Aquí vos queda o vídeo da rolda de prensa anunciando e argumentando as mobilizacións que numerosos colectivos feministas de Galiza levarán a cabo con motivo do 8 de marzo de 2012:

http://youtu.be/FZlCqp5OZFQ

Ademais podedes ver/descarregar os cartaces premendo nas imaxes:

    

Tamén podes aceder ao manifesto elaborado nas seguintes ligazóns:

Animámos a todas as persoas interesadas en facer este camiño con nós a que contacten para artellar accións conxuntas. Tamén vos convidamos a combinar o día 11 e irmonos todas xuntas no tren que nos leve a Compostela a manifestarnos polos nosos dereitos.

1 comment

Actos dos coletivos feministas na Corunha contra as violencias machistas

24 11 2011

O xoves 24 de novembro os coletivos feministas da Corunha estaremos na praza de Lugo a partir das 16.30h. , con actividades varias, música, información sobre os recortes nos servizos públicos, recollida desinaturas  contra os recortes, charla sobre a autodefensa feminista, lectura do manifesto contra AS VIOLENCIAS MACHISTAS e moito mais!!!

achégate pola plaza de Lugo!!!

+ INFO

Comments are off for this post

Martes 24 de maio, concentración na Coruña contra a lei de Familia

23 05 2011

Este martes pasa a lei de familia o último trámite antes de ser aprobada definitivamente. Esta lei, que parte dunha ILP promovida por grupos da ultradereita Española promove a volta ao heteropatriarcado mais radical mediante a lexitimación dunhas cosiognas morais que recuperan o papel da muller como nai e coidadora, a familia como unha institución encarregada de soster o sistema, por suposto non contempla a liberdade de elección das mulleres á hora de decisidir cando e como ser nais, acúsanos de ser as causantes da despariación do estado de providencia por reducir a produción de crianzas, asignándonos o papel de incubadoras.

Aquí tes unha análise do proxecto que será inminentemente aprobado polo parlamento galego a partir do martes.

Podes consultar o texto do anteproxecto da lei aquí. E aquí o dictame do CES onde a califica de retrógrada e moralista.

Por todo isto convocamos na Coruña unha concentración o martes, ás 20:00h, na coraza do orzán (onde as bandeiras do paseo marítimo).

ACUDE E DIFUNDE!!! NON Á LEI DE FAMILIA!!! SOMOS PERSOAS, NON INCUBADORAS!!!

Comments are off for this post

27 de marzo 2011, a Rede Feminista GZ e Nomepises nas rúas da Coruña

27 03 2011

Convocada por Red Madre e Falange, hoxe xuntáronse na Coruña uns centos de persoas integristas antiabortistas. A Rede Feminista Galega e Nomepisesofreghao convocamos unha contraconcentración de sí á vida, digna e livre…foi na praza de María Pita, despois da misa, no noso caso despois de levantarnos tras unha noite de troula con cambio de hora incluído (o enimigo fai esto a propósito, pero nós temos forza para esto e moito mais!!)

Para ver mais fotiños preme na imaxe

A continuación o texto do noso panfleto:

que alguén dixo «si á morte»?

Baixo a mensaxe populista de «SI Á VIDA» e nomes como PRO-VIDA, HAZTE OIR e similares ocúltase unha verdadeira mafia de asociacións e fundacións fundamentalistas cristiás que non teñen nada de caritativo nin bondadoso e que utilizan un despregue propagandísitico nazi subvencionado polos gobernos do PP e os fondos da igrexa.

Cunha demagoxia evidente finxen defender o dereito á vida, utilizando morbosamente imaxes de anciáns moribundos, persoas con deficiencia e fetos. Nada fan por esas miles de crianzas que actualmente están sen familia en fogares de acollida pola pobreza dos seus pais e nais, nin deses nenos e nenas que nunca foron queridas nin desexadas e que pasaron de ser nenos en perigo a nenos perigosos malvivindo en cárceres de menores até a maioría de idade. A lei de familia que as pro-vida, red-madre e similares presentaron no Parlamento e que este aceptou tan hipocritamente, propón unha soa idea de muller: a incubadora. A protección desa familia que defenden consiste só en protexer o embarazo da muller, teña esta idade suficiente ou non, medios para manter a ese fillo ou filla ou non e desexo de facelo ou non. É un parir a toda costa. Chega até tal punto a súa falsa e aparente protección á infancia, que no seu articulado contémplase incluso que, si chegado o momento do parto, a muller ou nena non quere quedar co bebé, se inicia un proceso de adopción, que vai ser controlado por esta xente sen escrúpulos, para a súa entrega a unha “familia” que elas entendan como tal, é dicer, á súa imaxe e semellanza: heterosexual, fascista e rica.

Nos dicemos sí á vida, sin demagoxias, á vida en liberdade onde o dereito a decidir ser nai ou non selo sexa real. Somos mulleres libres e queremos vivir nun mundo libre. Libre de imposicións e hipocrisía, libre de pobreza e explotación, libre das inxustizas do capitalismo e do fanatismo relixioso, libre de quen din defender a vida mentres toleran a pederastia, libre dunha institución cunha historia macabra que comeza co asasinato de millóns de persoas co fin único de impoñer as súas ideas, de colonizar terras e cabezas, de enriquecerse mentres falan de humildade, bondade e comprensión. Esta mesma institución que fala do amor ao tempo que perpetúa unha posición de poder do home sobre a muller, que sinala e demoniza ás mulleres que se revelan contra esta situación. Unha institución sempre aliada cos poderosos, que lle deu a man ao nazismo, ao fascismo e na actualidade ao capitalismo. Non queremos a quenes pretenden ter a potestade sobre as relacións afectivas e sexuais, aceptando unha única fórmula —a heterosexualidade e a familia nuclear— condenando calquera outro tipo de relación entre as persoas.

Non á súa inmensa hipocrisía, que nos culpabiliza e nega a nosa felicidade!.

1 comment

non marchamos…

16 03 2011

Olá xentes, hoxe me pedía unha compa info sobre as nosas accións e sobre outras doutras compas de por aquí do país e cando lle quixen madar as ligazóns decateime de que tras o noso cadáver exquisito non voltamos publicar nada… é unha tendencia bastante xeral esto de ter os blogues desactualizados… mas non por iso queremos que pensedes que marchamos… non. De feito estivemos facendo algunhas cousiñas ben interesantes, sobre todo en rede, os xoves seguimos coa tecnoloxía no Atreu, facendo sesións improvisadas en función da demanda do momento e das persoas que se achegan. Por certo aproveito para mandar un saúdo á nosa alumna mais avantaxada que marcha para London coa súa máquina en plena forma linuxera (bicos Laurona!!).

Grazas á Oficina de Igualdade da UDC tivemos o enorme pracer de contar coa presencia de Fernanda Carrizo na coru, ela forma parte do GAC (colectivo arxentino de defensa dos Dereitos Humáns, famoso polas súas campañas de scratches) e Mujeres Públicas, colectivo feminista e unha das fontes de inspiración para moitas de nós e das nosas accións.

Esta ano ademais coincidiu o 8 de marzo co entroido, así que saimos á rúa, nas Atochas, para reivindicar a memoria e ocupar a re-inaugurada Praça das Mulheres Livres, podedes ver fotiños aquí. Foi ben bonito o acto, como nas grandes inauguracións de prazas contamos con gaiteiros e gaiteiras, colocamos unha placa, merendamos, e, sobre todo escoitamos falar a mulleres e de mulleres bravas, Concha nos falou da súa familia e do que viviron, entre outras cousas varios asasinatos por lá polo 36, homenaxeamos á Corales, gran muller das Atochas, e non esquecimos a pobos árabes a través da poesía… despois chegaron os ‘malos’ da comparsa do bloco antikapitalista para lembrarnos que aínda nos queda moito contra o que loitar. Neste 8 de marzo o meu agradecemento vai para ás compas dos 3 centros sociais da cidade, mullerasas lindas, coas que nos encantará seguir facendo cousiñas, as Atochas Feministas!!

Con todo isto anímovos a que sigades tendo presente que aquí seguimos, abertas a argallar cousiñas… grazas por estar aí, pertiño de nós.

Comments are off for this post

25 de novembro… NADA QUE CELEBRAR

24 11 2010

  • Porque as empregadas de fogar seguen a estar en condicións de escravitude, como moitas outras mulleres no mundo, que, polo feito de ser mulleres sofren da violencia en tódolos seus xeitos de expresión….
  • Porque as que non responden a un modelo binario de xéneros seguen a ser discriminadas…
  • Porque quen traspasa fronteiras se é pobre perde os dereitos…
  • Porque as que son víctimas son xulgadas e revictimizadas
  • Porque o poder das ferramentas está en mans de uns poucos con demasiada testosterona
  • Porque esta crise estámola pagando dobremente e eles seguen a lucrarse mentres as pobres somos cada vez mais pobres…
  • Porque a falsa igualdade que transmiten as institucións nos desmovilizan despois de cooptar os nosos discursos…
  • Porque as traballadoras sexuais seguen a ser puteadas…
  • Porque as gordas son feas a ollos de quen propicia que os nosos chochos e opriman coas súas tallas 36…
  • Porque a igrexa e os poderes públicos traballan xuntos na perpetuación do patriarcado, constituíndo institucións de alto risco para as mulleres…
  • Porque a maioría das persoas que viven en situación de pobreza no mundo, son mulleres…
  • Porque violarnos é arma de guerra…
  • Porque o machismo, é o terrorismo

e así até o infinito… qué imos celebrar??

Pola nosa banda NADA, pero sí imos estar nas rúas porque son nosas e non imos renunciar a elas…

O xoves 25 de novembro ás 19:00 h. estaremos nas Conchiñas da Coruña

O sábado 27 de novembro estaremos ás 12:00 h. na praza de abastos de Compostela

Podes ver fotiños aquí

1 comment

Denuncia e Bento XVI e actos de repulsa á visita do representante xenocida

31 10 2010


DENUNCIA AO PAPA

Nomepisesofreghao convidamos a persoas e colectivos a presentar a denúncia e laborada polas compas de Mulheres Trasgredindo, que compartimos e da que faremos unha presentación pública colectiva xunto ás Maribolheras Precárias o vindeiro mércores 3 de novembro nos xulgados da Corunha. A continuación o manifesto elaborado por Mulheres Transgredindo e as ligazóns para acceder aos modelos de denuncia. No caso de querer presentala só tedes que baixar o documento individual ou colectivo, cubrir os datos e presentalo no xulgado, lembrade levar unha fotocopia da primeira folla para quedarvos co rexistro de entrada. No caso de que non podades asistir en persoa ao xulgado contactade con nós antes do mércores 3 para entregarnos a documentación e facilitádenos tamén unha copia do DI por se a solicitan:

Mulheres Transgredindo sae á rua novamente para acompañar a Benedicto XVI na
sua estadía no noso país.

E non se nos ocorre millor ofrenda que a DENUNCIA POR APOLOXÍA DO XENOCIDÍO
E DELITOS DE LESA HUMANIDADE (arts. 607.2 e 607 bis do C.P.) que foi
interposta hoxe, día 26 de outubro por este colectivo ante o Xulgado de
Instrucción nº1 contra Joseph Ratzinger, máis coñecido como papa Benedicto
XVI, como o máis alto representante da igrexa católica apostólica e romana,
polos delitos de tortura, abusos sexuais a menores e encubrimento dos
mesmos, apoloxía da misoxínia e homofobia e persecución por motivos
políticos, étnicos de xénero ou de orientación sexual.

Primeiro precintamos igrexas, despois precintamos a catedral de compostela,
e, agora, cos nosos propios cartos e contra toda lóxica, traénnos ao
representante da organización que máis dano lle fixo ás mulleres no mundo
enteiro desde tempos inmemoriais. Pois ben, a el non o imos poder precintar
mais temos o noso dereito, e deber incluso, de denuncialo públicamente a fin
de que, desta
vez, sexa precintado polo poder xudicial.

Esiximos o ingreso en prisión de Joseph Ratzinger Esiximos o axuizamento do
papa polos delitos de apoloxía do xenocidio e de lesa
humanidade.

Esiximos que as administracións públicas devolvan os cartos que financian a
visita papal e que non se aporte nin un euro máis á igrexa católica.

Esiximos, en definitiva, que o papa Benedicto XVI sexa PRECINTADO

Se queredes sumarvos á denuncia como colectivo ou individualmente
manifestando así o rexeitamento a unha Galiza que se vende por cartos
(tamén) aos poderes seculares da Igrexa, tedes sendos modelos á vosa
disposición eiquí:

Denúncia Individual

Denúncia Colectivos/asociacións

Ademáis sumámonos aos actos convocados por diferentes colectivos para mostrar a repulsa á visita do papa a GZ, e convocamos polo tanto á asistencia e adhesión aos mesmos:

Actos de repulsa á visita do papa


Comments are off for this post

Páxina seguinte »