NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Setembro, 2012

Clausura da exposición “As históricas somos o máximo” de Marta Paz

11 09 2012

Lugar: Galería Arte Imagen (Ramón y Cajal, 5-baixo. A Coruña)
Data e hora
: Xoves 13 de setembro de 2012 ás 20:00h

Mesa sobre a importancia do papel das mulleres na República e a incidencia que este traballo tivo nos dereitos adquiridos en prol da igualdade. Participarán:

  • Marta Paz: autora da exposición e membra do colectivo Nomepisesofreghao
  • Lola Ferreiro: activista e investigadora sobre a república desde a perspectiva feminista.

Enriqueta Otero

A exposición “As históricas somos o máximo” que se clausura consta de varias series que representan mulleres que loitan e loitaron, unha liña de traballo que Marta Paz leva tempo explorando e combinando coa súa militancia feminista e tamén tecnolóxica. Como exemplo, a serie MaisQuePublicanas está acompañada da elaboración de un blogue ao que se pode acceder neste enderezo: http://maisquepublicanas.wordpress.com/ e tamén a partir de códigos QR inseridos nos cadros, onde profundizar un pouco na vida de cada muller retratada.

Para este acto se contará coa presenza da artista Marta Paz que explicará as súas motivacións con respeito á exposición e estará acompañada de Lola Ferreiro (investigadora e activista feminista) que ilustrará o contexto no que as mulleres representadas nesta serie loitaron, acadando dereitos que hoxe entendemos básicos.

Coas aportacións que alí se fagan Marta Paz pretende abrir novas liñas de traballo para seguir coa serie de mulleres republicanas MaisQuePublicanas.

Comments are off for this post