NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Camiñando cara o 8 de marzo… mulleres galegas en loita polos nosos dereitos

Nomepisesofreghao súmase aos actos convocados desde diferentes organizacións e colectivos feministas do país con motivo do Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo). Este ano queremos marchar xuntas, porque especialmente estamos a sofrer as consecuencias do sistema que neste momento oprime con mais forza que nunca e nos fai retroceder en dereitos xa acadados.

O 11 de marzo haberá unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00h da estación de trens. De aquí alá levaránse a cabo diferentes actividades e accións nas comarcas por parte de aquelas persoas e colectivos que  queran ir facendo ese camiño conxunto de cara o 8 de marzo.

Aquí vos queda o vídeo da rolda de prensa anunciando e argumentando as mobilizacións que numerosos colectivos feministas de Galiza levarán a cabo con motivo do 8 de marzo de 2012:

http://youtu.be/FZlCqp5OZFQ

Ademais podedes ver/descarregar os cartaces premendo nas imaxes:

    

Tamén podes aceder ao manifesto elaborado nas seguintes ligazóns:

Animámos a todas as persoas interesadas en facer este camiño con nós a que contacten para artellar accións conxuntas. Tamén vos convidamos a combinar o día 11 e irmonos todas xuntas no tren que nos leve a Compostela a manifestarnos polos nosos dereitos.

1 Comment so far

  1. [...] Manifestación Nacional o 11 de maroz en Compostela, mulleres galegas en loita polos nosos dereitos nomepisesofreghao.blogaliza.org/2012/02/28/caminando-cara-o-…  por raxozorza hai 1 segundos [...]