NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Febreiro, 2012

Pecha o CS Atreu!

29 02 2012

Ante a comunicación do peche do CS Atreu o vindeiro mes de Abril, desde Nomepisesofreghao queremos mostrar todo o noso agarimo e respeto por todas as persoas que durante estes 9 anos fixeron posible a existencia da que foi a nosa casa, onde naceu o noso colectivo como un acto mais de empoderamento dentro dun espazo de creación e acción social.

O Atreu! foi un espazo con semente de rebeldía, onde naceron colectivos, accións, paixóns… onde non sempre desfrutamos, pero donde sempre loitamos, de moitos xeitos diferentes: liberando máquinas e corpos, rozándonos e partillando con xentes doutros lugares, currando, bebendo, comendo, bailando… Sen dúbida o Atreu! foi un referente na cidade durante a súa existencia e polo tanto, ante o seu peche, que deixa un certo poso de tristura, tamén queremos destacar que foi un viveiro de sementes que espallarán a súa forza creadora en novos espazos, polo que tamén miramos con ledicia como nacen mais aló das paredes a travesía de San Xosé, 2, onde deixamos a nosa pegada, unha mais no camiño…

Comunicado de peche do CS Atreu!

Depois de 9 anos de ativismo político e social, o Centro Social Atreu! fecha definitivamente as súas portas. Durante todo este tempo, o Atreu foi fogar de dúzias de iniciativas e colectivos, aportando a esta cidade um matiz de rebeldía radical e necessária. Um espaço atravessado por multitude de propostas ás que lhes deu abrigo, e que soubo, em ocassóns, romper a barreira da exclussividade com o fim de facerse plural e vissível para a povoaçóm.

O CS Atreu foi umha ferramenta que serviu de base e referente para os movementos sociais corunheses, e que agora desaparece deixando oco a novas possivilidades. O Atreu forma já parte da nossa historia recente, escrita de passeninho, de vagar, com o esforço de todas aquelas pessoas que tivemos o orgulho de chegar a formar parte do projecto ao que agora lhe damos final, sabendo que o remate dumha etapa nom é senom o comezo de outra.

Agradecemos a todas aquelas pessoas que tenham participado o seu interesse hacia este recuncho singular, o seu tempo e as súas súas energías, que permitirom manter vivo o espaço todos estes anos.

 

1 comment

Camiñando cara o 8 de marzo… mulleres galegas en loita polos nosos dereitos

28 02 2012

Nomepisesofreghao súmase aos actos convocados desde diferentes organizacións e colectivos feministas do país con motivo do Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo). Este ano queremos marchar xuntas, porque especialmente estamos a sofrer as consecuencias do sistema que neste momento oprime con mais forza que nunca e nos fai retroceder en dereitos xa acadados.

O 11 de marzo haberá unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00h da estación de trens. De aquí alá levaránse a cabo diferentes actividades e accións nas comarcas por parte de aquelas persoas e colectivos que  queran ir facendo ese camiño conxunto de cara o 8 de marzo.

Aquí vos queda o vídeo da rolda de prensa anunciando e argumentando as mobilizacións que numerosos colectivos feministas de Galiza levarán a cabo con motivo do 8 de marzo de 2012:

http://youtu.be/FZlCqp5OZFQ

Ademais podedes ver/descarregar os cartaces premendo nas imaxes:

    

Tamén podes aceder ao manifesto elaborado nas seguintes ligazóns:

Animámos a todas as persoas interesadas en facer este camiño con nós a que contacten para artellar accións conxuntas. Tamén vos convidamos a combinar o día 11 e irmonos todas xuntas no tren que nos leve a Compostela a manifestarnos polos nosos dereitos.

1 comment