NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Torre de Hércules SOS

O 15 de xaneiro pechou a Torre de Hércules para unhas supostas obras que non son mais que arranxar unhas pingueiras e amañar os baños, con ese argumento botan ás 13 persoas que conforman o cadro de persoal sen subrogación dos seus contratos ante a nova empresa concesionaria.


As supostas obras manterán a Torre pechada durante mais de 2 meses e, mentres tanto 13 persoas incorporanse ás listas do paro sen opción de retornar aos seus postos de traballo, algúns dos cais levan exercendo desde que se abriu o faro hai xa 16 anos.
Desde Nomepisesofreghao queremos mostrar o noso apoio ás persoas que foron despedidas e a nosa mais enérxica repulsa ante a actitude que o Concello da Coruña está mantendo negándose a garantir a subrogación dos contratos cando saia a nova concesión que xestionará o funcionamento do emblemático edificio. Para esto sumámonos a todas as accións que programen reivindicando os seus dereitos, e convidámosvos a que así fagades tamén, difundindo o que aconteza, así como asinando o apoio en diferentes formatos:

  • Asinando físicamente e recollendo sinaturas de xente achegada, nas follas de sinaturas que podes descargar aquí para imprimir, asinar e entregar no Patachím (Rúa Orillamar, 16) ou en calquera dos locais onde vexas que fan a recollida.

Deixámosvos tamén o manifesto que leu Xurxo Souto o 15 de xaneiro na concentración de apoio, á que acudiron unhas 500 persoas e nas que pediamos mais luz!

Queremos mandar ademais un apoio moi especial a unha muller loitadora, que empuñou a fregona violeta cando na súa familia se viu afectada tamén polo ERE de Caramelo, agora empuña a fregona de novo porque dous postos de traballo da súa familia foron pechados xunto coa porta do faro, unha muller que empuñou a fregona durante toda a súa vida e que da tanta luz coa súa forza como a propia torre e que a nosa compa Marta Paz captou e plasmou nesta fermosa pintura:

Forza compas!!

 

Os comentarios están pechados.