NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Palestra con Carlos Taibo: Da indignación ao contrapoder?

Da indignación ao contrapoder?

Palestra con Carlos Taibo
Xoves 22 de Decembro de 2011
20.00 horas
Galería Sargadelos, Rúa Real 56, A Coruña

::Ciclo de debates::
“Retomar o público, defender o común”

Convoca:
Rede Robin Hood
Rede de Dereitos Sociais
Nomepisesofreghao
Zoopolitik

Os movementos de indignación global percorren o planeta abrindo siginificativas fendas no sistema. Fendas que repolitizan a vida pública e abren espazos para a esperanza da rebeldía. Pero após meses de mobilizacións e protestos, o contexto histórico que nos atopamos non deixa momento algún para a paralise.

No plano da gobernanza e do poder político instucional, as violentas sacudidas da crise están sendo aproveitadas para lexitimar un auténtico golpe de estado planetario. As estructuras de xestión dos gobernos están a ser usurpadas por poderes económicos situados entre as grandes corporacións empresariais e as agencias de especulación financieira.

Atopamonos pois nun impás no que se torna preciso repensar as formas e os lugares desde os que novos suxeitos indignados e os movementos políticos de contestacion ao capitalismo poden artellar estratexias de conflicto desde as que esixir demandas de transformación social real.

Poren, é preciso de unha forma máis urxente ainda, abrir momentos para a discusión sobre como construir espazos propios onde poder satisfacer todas estas demandas de unha forma non subsidiaria das estructuras de poder, de xeito autónomo e liberado.

O desafío, non é sinxelo. Ante a destrucción do que é de todas e de todos, do público, ante a privatización de cada espazo de vida (educación, saúde, cultura, afectos..) é preciso asumir a necesidade de poñer en marcha entre todas experiencias colectivas non sóde defensa do público, senón de empoderamento do común.

1 Comment so far

  1. Buy dissertations Decembro 30th, 2011 12:22

    The academic papers are one of the most recurrent works and time-consuming and information online is proving to be a great help to her.