NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Novembro, 2011

Actos dos coletivos feministas na Corunha contra as violencias machistas

24 11 2011

O xoves 24 de novembro os coletivos feministas da Corunha estaremos na praza de Lugo a partir das 16.30h. , con actividades varias, música, información sobre os recortes nos servizos públicos, recollida desinaturas  contra os recortes, charla sobre a autodefensa feminista, lectura do manifesto contra AS VIOLENCIAS MACHISTAS e moito mais!!!

achégate pola plaza de Lugo!!!

+ INFO

Comments are off for this post

::A Rede Robin Hood organiza unha nova cazolada, que estará acompañada de acción feminista, actuacións musicais, charlas informativas…::

18 11 2011

Cazolada contra os causantes da crise

Día: Venres 18, a partir das 20 horas Lugar: Praza da Fariña, A Coruña

Comezará ás oito da tarde na Praza da Fariña (no franquismo renomeada como Praza de Azcárraga) e ten como obxectivo denunciar os beneficios obtidos por entidades financeiras, multinacionais e empresarios e políticos, moitos deles residentes na cidade, a custa do empobrecemento, a crise e a precariedade da maioría A Coruña. 17 de novembro. Despois do éxito da cazolada organizada diante da vivenda de Xosé Luís Méndez hai unhas semanas, a Rede Robin Hood fai un chamamento aos cidadáns e cidadás galegas, así coma a colectivos e movementos sociais, para que participen nunha nova protesta popular contra os causantes da crise e contra o expolio dunhas caixas de aforros que eran de todos e todas. Achéganse as eleccións do domingo e Robin Hood aventúrase unha vez máis fóra das fragas para organizar unha mobilización contra un sistema inxusto e insostible e contra os seus principais beneficiarios: empresarios, políticos e financeiros con nome e apelidos, moitos deles residentes na Coruña e por todas coñecidos. Dende a primeira acción da Operación Robin Hood, centrada na denuncia da nefasta xestión realizada polos directivos das antigas caixas e das súas indemnizacións millonarias, asistimos a tentativas cínicas de xustificar estes pagos e mesmo ás promesas, aínda non cumpridas, de devolver unha parte dos cartos expoliados. Porén, a desaparición das caixas galegas é só un dos exemplos do roubo do público, do que é de todos, aos que asistimos. Políticos, medios de comunicación, entidades financeiras e grandes empresas sostéñense unhas ás outras, mentres se enriquecen a custa da explotación das traballadoras, aquí e no terceiro mundo. Por iso a Rede Robin Hood chama a protestar contra todos eles, con nomes e apelidos. Nesta ocasión o escenario é a Cidade Vella da Coruña, en concreto a Praza de Azcárraga, onde ás oito da tarde deste venres comezará unha concentración e cazolada de protesta, que estará acompañada en todo momento por actuacións musicais, intervencións que exporán de forma breve as problemáticas derivadas da bancarización… E haberá máis sopresas…

Vivamos como galegos e galegas, mobilicémonos tamén como tales!

Vídeo promocional da Operación Robin Hood

Máis información:

Vídeos da acción de protesta na vivenda de Xosé Luís Méndez

Vídeo Tingalaranga

Vídeo GalizaContrainfo

Operación Robin Hood en Facebook

Operación Robin Hood en Twitter

Comments are off for this post