NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Setembro, 2011

Post curso de verán… Obrigadas!!

26 09 2011

Os días 14 ao 17 de setembro tivemos ocasión de participar no Curso de Verán: Suxeitos emerxentes. Sexualidades e feminismos contemporáneos que organizaron as Maribolheras Precárias na UDC.

Para nós foi un placer ser convidadas e, sobre todo, compartir eses días con tanta xente que enriqueceu os nosos discursos e que, unha vez mais, demostra que o traballo en rede ten que ser a nosa aposta feminista para que as nosas loitas teñan sentido, soas non podemos, con amigas sí…

Deixamos aquí a reportaxe que Tingalaranga fixo das xornadas:

http://www.youtube.com/watch?v=cPjUmNthW5I&feature=share

Por este traballo queremos agradecer ás MBP, Anxela, Antía, Bocixa, Leil Zahra Mortada, Pedro Malpica, Maggie Schmitt, Mulheres Transgredindo, Majo e Elena (PostOp), María Llopis, Mª José Belbel,  Beatriz Suárez Briones, María Ruido, Gayo-Piñeiro, Laura Bugalho, Peque Varela, Mónica Bar Cendón… ao resto de participantes e asistentes ás xornadas por todo o que aportaron. Gracias a  todo esto decatámonos de que seguimos creando e pelexando.

Comments are off for this post

Suxeitos Emerxentes: sexualidades e feminismos contemporáneos

11 09 2011

Este mércores 14 ás 10 da mañá estaremos na mesa redonda: Colectivos feministas que empregan a linguaxe artística como práctica política na Galiza
MULHERES TRANSGREDINDO (Santiago de Compostela), MARIBOLHERAS PRECÁRIAS (A Coruña), NOMEPISESOFREGHAO (A Coruña)

O curso de verán ten como propósito fundamental dar a coñecer as novas correntes teóricas e prácticas do pensamento crítico feminista e dos movementos de liberación sexual actuais. O enfoque debe ser comprendido a partir dunha dislocación múltiple do suxeito feminista, onde a identidade moderna, homoxénea e esencial do suxeito “muller” comeza a ser redefinida, diver…sificada e afinada pola intervención múltiple de novos suxeitos que emerxen desde contextos xeográficos e políticos afastados tradicionalmente da centralidade política feminista.

+info maribolhera.com

Comments are off for this post