NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Maio, 2011

Follas de sinaturas contra a lei de familia

25 05 2011

Se alguén quere facer recollida de sinaturas colgamos aquí o PDF. Unha vez recollidas e antes da aprobación definitiva habería que facelas chegar a algún dos pontos de recollida na Coruña que son O CS Gomes Gaioso, na rúa Marconi e o CS Atreu, na Rúa San Xosé, ambos en montealto.

Tamén hai recollida electrónica contra a lei no banner que tedes neste blogue arriba á dereita (que paradoxo, nós que sempre queremos facer as cousas desde abaixo e á esquerda…)

Calquera cousiña contactade con nós no correo eletrónico: nomepisesofreghao(at)gmail(pt)com

Comments are off for this post

Martes 24 de maio, concentración na Coruña contra a lei de Familia

23 05 2011

Este martes pasa a lei de familia o último trámite antes de ser aprobada definitivamente. Esta lei, que parte dunha ILP promovida por grupos da ultradereita Española promove a volta ao heteropatriarcado mais radical mediante a lexitimación dunhas cosiognas morais que recuperan o papel da muller como nai e coidadora, a familia como unha institución encarregada de soster o sistema, por suposto non contempla a liberdade de elección das mulleres á hora de decisidir cando e como ser nais, acúsanos de ser as causantes da despariación do estado de providencia por reducir a produción de crianzas, asignándonos o papel de incubadoras.

Aquí tes unha análise do proxecto que será inminentemente aprobado polo parlamento galego a partir do martes.

Podes consultar o texto do anteproxecto da lei aquí. E aquí o dictame do CES onde a califica de retrógrada e moralista.

Por todo isto convocamos na Coruña unha concentración o martes, ás 20:00h, na coraza do orzán (onde as bandeiras do paseo marítimo).

ACUDE E DIFUNDE!!! NON Á LEI DE FAMILIA!!! SOMOS PERSOAS, NON INCUBADORAS!!!

Comments are off for this post

Repensar o movemento

16 05 2011

experiencias e alianzas na cidade
Xornadas de xuntanza
Sen dúvida, estamos nun momento de impase, de cambio de ciclo. Os mecanismos de control e dominación do sistema capitalista están transformándose no marco global e semella que a escala cidade pode ser unha das máis acaídas para armar e rearticular respostas desde os movimentos sociais. Poren atopámos que ,desde os movimentos da cidade non acostumamos artellar momentos onde reflexionar e discutir colectivamente da memoria viva das nosas propias experiencias. Atopamos tamén, serias dificultades para superar o guetto e construir redes e tecer alianzas que sexan quen de mostrarse como forzas constituintes, como actores sociais de referencia na cidade. Somos conscientes que a nosa vontade de articulación é necesariamente proporcional a nosa capacidade de influencia. De aí este chamado da RDS e de Nomepisesofreghao ao debate e a discusión colectiva, de aí este chamado a ‘repensar o movemento’.

Venres 27
20:00
Patio Maravillas
Iván Miró (Assemblea de Barri de Sants)

Sábado 28
10:30: 1_Produción cultural.
12:30: 2_Territorio/medioambiente.
14:30 xantar
16:00: 3_ Modelo organizativo.
18:00: 4_ Acción na cidade.

Organiza:
Rede Dereitos Sociais
Nomepisesofreghao

Comments are off for this post

QUEN NOS LEVOU A ESTA SITUACIÓN NON NOS VAI SACAR DELA

11 05 2011

O pasado 30 de abril, asistimos como convidadas á asamblea da coordinadora de crentes galegas/os, que tivo lugar en Compostela. Acompañáronnos a falar compas de Altermundo, Rede de Dereitos Sociais d’a Coruña e Verdegaia. A proposta vai na liña de tecer relacións e redes cos movementos.

Para nós, asistir á xornada, foi todo un pracer, tratáronnos fenomenal e foi unha novidade traballar con xente coa que, nun primeiro momento, dubidabamos se iamos ter en común todo o que alí se tratou.

O encontro xiraba en torno a artellar propostas fronte a crise, a xente de crentes traballa moito desde a conciencia de clase, e semellan ter interiorizada a cuestión de xénero, tal e como detectamos no alto grao de participación activa de mulleres, propositivas e bravas.

O resultado da xornada de traballo foi un manifesto que podedes ver aquí, pregamos máxima difusión.

Comments are off for this post

Galiza despide a Patricia Heras

2 05 2011

Este xoves, amigas de Patricia, as nomepisesofreghao, as maribolheras precárias o centro social Atreu e todos os coletivos e persoas que que queran acompañarnos, queremos rendirlle unha pequena homenaxe a Patricia Heras, e denunciar o proceso de terror ao que foi sometida pola policía,a xustiza, e o concello de Barcelona, que levou ao suicidio forzado de Patricia, lembraremos os seus poemas, pásate polo Atreu!

O pasado 26 de abril, Patri deu un último impulso para saltar logo de non non poder soportar outra insoportable caída, caídas constantes que lle viñan atormentando desde a detención polo caso do 4F, pero esta vez non foi para levantarse, senón para dar un valente e triste salto ao baleiro, un último impulso para arroxarse pola fiestra da súa casa e acabar dunha vez co seu tormento. A perdida de Patri deixounos con desconsuelo unha dor amarga ao perder tamén un soño de liberdade e de xustiza… Porén, non existe o silencio, sempre hai un berro ao pechar os ollos, Patri non che esqueceremos.

POESÍA DE LA POETA DIFUNTA

De
…de rotas noches,
de bailar bonito y silencioso,
de perdida, de gozo y de derrota.
De tres en tres,
de cuidados que no quiero
y de suerte.
De paciencia que se me va y me vuelve loca,
de, de, de…cosas que no pueden ser…
de corazón des-h-echo.
De ira,
de rabia,
de arrebato y de destrozo…
que sólo quiero ser invisible,
y ni si quiera eso,
deshacerme en átomo.
Extraña, extraños sentimientos que nos empujan
y hay dolor, dolores
y en el pecho…delirios y derrotas,
de lirios y de rotas…

http://poetadifunta.blogspot.com/2009/01/4-f-sucesos-para-normales.html

Comments are off for this post