NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Abril, 2011

Patricia Heras, asasinato de estado

28 04 2011
“Hai moitas formas de matar:/ cravarche un coitelo/ quitarche o pan/ non curarte unha enfermidade/ empurrarte ao suicidio…”
Bertolt Brecht,
Moi forte o de esta rapaza,
quen nos protexe de aqueles que din que nos protexen…
que nos protexe do estado? dos alcaldes corruptos, do sistema xudicial incompetente, dos abusos policiais?
un bico Patri, descansa agora…

Patricia Heras fora condenada polos incidentes de Sant Pere Més Alt onde un membro da Garda Urbana recibiu un golpe que o deixou tetrapléxico. A moza defendeu sempre a súa inocencia. Amnistía Internacional denunciou o caso e as torturas infrinxidas aos detidos .

Patricia Heras, unha das persoas condenadas por feitos de Sant Pere de Més Baix onde en 2006 un policía local de Barcelona resultou gravemente ferido durante un confuso desaloxo dun local, suicidouse o 26 de abril á noite na súa casa. Heras, que relatara no seu blog unha versión dos feitos contraria á versión aceptada polo tribunal levaba seis meses en prisión, catro deles en terceiro grao -indo á penitenciaría só a durmir. Sempre se declarou inocente.

Os feitos ocorreron o 4 de febreiro de 2006 cando a Garda Urbana tentaba acabar cunha festa nunha casa presuntamente okupa (o movemento okupa desmentiu que tivese relación con ese edificio) na rúa de Sant Pere Més Alt. Nos incidentes un membro da Garda Urbana foi agredido cunha maceta que lle causou unhas feridas gravísimas que o deixaron en estado vexetativo. A versión segundo a cal se lle lanzou unha maceta desde un balcón foi explicada polo entón alcalde Joan Clos. Con todo despois cambiouse a versión e afirmouse que as feridas foran causadas por unha pedra. Patricia Heras, en calquera caso, non foi acusada diso senón do posterior lanzamento dun valo contra a policía, acusación que ela nega, afirmando que nin sequera estaba no lugar dos feitos.

En xaneiro de 2008 Heras foi xulgada na Audiencia Provincial de Barcelona e condenada, con Alfredo Pestana a tres anos de prisión por atentado contra a autoridade. Os condenados recorreron ao Tribunal Supremo español que o 3 de xuño de 2009 ratificou a sentenza imposta pola Audiencia Provincial de Barcelona. Posteriormente pediron un indulto ao consello de ministros que non lles foi concedido. En outubro de 2010 Patricia Heras ingresou na prisión de Wad Nivel de Barcelona e o 18 de decembro de 2010 pasou á sección aberta, coa obrigación de volver durmir cada día no cárcere. O 26 de abril de 2011 suicidouse na súa casa.

Por estes feitos hai en prisión tres persoas, Juan Pintos, Alex Cisterna e Rodrigo Lanza.

Amnistía Internacional denunciou o caso e as torturas que recibiron o tres detidos principais. Patricia Heras denunciou tamén malos tratos.

3 comments

(1931-2011) 80 aniversario da república. Grazas ás que nos achegaron ao soño de ser mais libres!

15 04 2011

Unha compañeira da Rede Feminista GZ comparte con nos esta presentación na que resume algúns dos logros obtidos polas mullerasas bravas que formaron parte da loita por unha sociedade mais xusta, que na guerra seguiron pelexando desde as trincheiras e desde o ámbito privado, como ben coñecemos (ou non) das que foran veciñas, por exemplo do bairro das Atochas, que tantos fogares mantiveron para loita pola liberdade…

Preme na imaxe para ver a presentación

Grazas a todas elas que loitaron desde diferentes frontes e posicións!!!

Comments are off for this post

PROPOSTAS EMANCIPADORAS DO FEMINISMO Por EMPAR PINEDA

5 04 2011

Por abrir un espazo de debate compartimos este texto de Empar Pineda (escritora, activista lesbiana e feminista), de hai xa bastante tempo, a través do cal gostariamos de comezar a debatir sobre a importancia de incorporar prácticas da loita feminista na esquerda actual, nos movementos sociais, ou como lle queramos chamar a estos os nosos espazos de loita e participación… quixeramos seguer a facer escolmas de artigos sinxelos e lexibles para profundizar neste debate, as achegas serán benvidas neste sentido.

O texto de Empar é, para comezar, algo vello, as referencias aportadas cando fala de esquerda son quizais mais da esquerda clásica, mas, baixo o meu ponto de vista nalgúns casos aplicables á nosa realidade. A idea cando aportamos este texto é escoller as achegas… certamente o propio movemento feminista reproduce erros, más o alicerce da loita feminista modifica as conductas, o xeito de asumir eses erros… unha práctica feminista no movemento que sexa enriquece as dinámicas, porque fala de loita, de participación, de liberación… como todo é unha ferramenta que hai que aprender a manexar, hai que millorala e hai que socializala…

Desde Nomepisesofreghao temos defendido sempre os espazos de mulleres, e ímolo seguir facendo, más como seres complexas que somos tamén precisamos calar nas loitas que conforman a nosa propia loita… que millor que debatindo… aí queda o texto e esperamos recibir mais achegas doutros artigos que poder compartir…

Preme na imaxe para acceder ao PDF

Comments are off for this post