NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

27 de marzo 2011, a Rede Feminista GZ e Nomepises nas rúas da Coruña

Convocada por Red Madre e Falange, hoxe xuntáronse na Coruña uns centos de persoas integristas antiabortistas. A Rede Feminista Galega e Nomepisesofreghao convocamos unha contraconcentración de sí á vida, digna e livre…foi na praza de María Pita, despois da misa, no noso caso despois de levantarnos tras unha noite de troula con cambio de hora incluído (o enimigo fai esto a propósito, pero nós temos forza para esto e moito mais!!)

Para ver mais fotiños preme na imaxe

A continuación o texto do noso panfleto:

que alguén dixo «si á morte»?

Baixo a mensaxe populista de «SI Á VIDA» e nomes como PRO-VIDA, HAZTE OIR e similares ocúltase unha verdadeira mafia de asociacións e fundacións fundamentalistas cristiás que non teñen nada de caritativo nin bondadoso e que utilizan un despregue propagandísitico nazi subvencionado polos gobernos do PP e os fondos da igrexa.

Cunha demagoxia evidente finxen defender o dereito á vida, utilizando morbosamente imaxes de anciáns moribundos, persoas con deficiencia e fetos. Nada fan por esas miles de crianzas que actualmente están sen familia en fogares de acollida pola pobreza dos seus pais e nais, nin deses nenos e nenas que nunca foron queridas nin desexadas e que pasaron de ser nenos en perigo a nenos perigosos malvivindo en cárceres de menores até a maioría de idade. A lei de familia que as pro-vida, red-madre e similares presentaron no Parlamento e que este aceptou tan hipocritamente, propón unha soa idea de muller: a incubadora. A protección desa familia que defenden consiste só en protexer o embarazo da muller, teña esta idade suficiente ou non, medios para manter a ese fillo ou filla ou non e desexo de facelo ou non. É un parir a toda costa. Chega até tal punto a súa falsa e aparente protección á infancia, que no seu articulado contémplase incluso que, si chegado o momento do parto, a muller ou nena non quere quedar co bebé, se inicia un proceso de adopción, que vai ser controlado por esta xente sen escrúpulos, para a súa entrega a unha “familia” que elas entendan como tal, é dicer, á súa imaxe e semellanza: heterosexual, fascista e rica.

Nos dicemos sí á vida, sin demagoxias, á vida en liberdade onde o dereito a decidir ser nai ou non selo sexa real. Somos mulleres libres e queremos vivir nun mundo libre. Libre de imposicións e hipocrisía, libre de pobreza e explotación, libre das inxustizas do capitalismo e do fanatismo relixioso, libre de quen din defender a vida mentres toleran a pederastia, libre dunha institución cunha historia macabra que comeza co asasinato de millóns de persoas co fin único de impoñer as súas ideas, de colonizar terras e cabezas, de enriquecerse mentres falan de humildade, bondade e comprensión. Esta mesma institución que fala do amor ao tempo que perpetúa unha posición de poder do home sobre a muller, que sinala e demoniza ás mulleres que se revelan contra esta situación. Unha institución sempre aliada cos poderosos, que lle deu a man ao nazismo, ao fascismo e na actualidade ao capitalismo. Non queremos a quenes pretenden ter a potestade sobre as relacións afectivas e sexuais, aceptando unha única fórmula —a heterosexualidade e a familia nuclear— condenando calquera outro tipo de relación entre as persoas.

Non á súa inmensa hipocrisía, que nos culpabiliza e nega a nosa felicidade!.