NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

non marchamos…

Olá xentes, hoxe me pedía unha compa info sobre as nosas accións e sobre outras doutras compas de por aquí do país e cando lle quixen madar as ligazóns decateime de que tras o noso cadáver exquisito non voltamos publicar nada… é unha tendencia bastante xeral esto de ter os blogues desactualizados… mas non por iso queremos que pensedes que marchamos… non. De feito estivemos facendo algunhas cousiñas ben interesantes, sobre todo en rede, os xoves seguimos coa tecnoloxía no Atreu, facendo sesións improvisadas en función da demanda do momento e das persoas que se achegan. Por certo aproveito para mandar un saúdo á nosa alumna mais avantaxada que marcha para London coa súa máquina en plena forma linuxera (bicos Laurona!!).

Grazas á Oficina de Igualdade da UDC tivemos o enorme pracer de contar coa presencia de Fernanda Carrizo na coru, ela forma parte do GAC (colectivo arxentino de defensa dos Dereitos Humáns, famoso polas súas campañas de scratches) e Mujeres Públicas, colectivo feminista e unha das fontes de inspiración para moitas de nós e das nosas accións.

Esta ano ademais coincidiu o 8 de marzo co entroido, así que saimos á rúa, nas Atochas, para reivindicar a memoria e ocupar a re-inaugurada Praça das Mulheres Livres, podedes ver fotiños aquí. Foi ben bonito o acto, como nas grandes inauguracións de prazas contamos con gaiteiros e gaiteiras, colocamos unha placa, merendamos, e, sobre todo escoitamos falar a mulleres e de mulleres bravas, Concha nos falou da súa familia e do que viviron, entre outras cousas varios asasinatos por lá polo 36, homenaxeamos á Corales, gran muller das Atochas, e non esquecimos a pobos árabes a través da poesía… despois chegaron os ‘malos’ da comparsa do bloco antikapitalista para lembrarnos que aínda nos queda moito contra o que loitar. Neste 8 de marzo o meu agradecemento vai para ás compas dos 3 centros sociais da cidade, mullerasas lindas, coas que nos encantará seguir facendo cousiñas, as Atochas Feministas!!

Con todo isto anímovos a que sigades tendo presente que aquí seguimos, abertas a argallar cousiñas… grazas por estar aí, pertiño de nós.

Os comentarios están pechados.