NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

25 de novembro… NADA QUE CELEBRAR

  • Porque as empregadas de fogar seguen a estar en condicións de escravitude, como moitas outras mulleres no mundo, que, polo feito de ser mulleres sofren da violencia en tódolos seus xeitos de expresión….
  • Porque as que non responden a un modelo binario de xéneros seguen a ser discriminadas…
  • Porque quen traspasa fronteiras se é pobre perde os dereitos…
  • Porque as que son víctimas son xulgadas e revictimizadas
  • Porque o poder das ferramentas está en mans de uns poucos con demasiada testosterona
  • Porque esta crise estámola pagando dobremente e eles seguen a lucrarse mentres as pobres somos cada vez mais pobres…
  • Porque a falsa igualdade que transmiten as institucións nos desmovilizan despois de cooptar os nosos discursos…
  • Porque as traballadoras sexuais seguen a ser puteadas…
  • Porque as gordas son feas a ollos de quen propicia que os nosos chochos e opriman coas súas tallas 36…
  • Porque a igrexa e os poderes públicos traballan xuntos na perpetuación do patriarcado, constituíndo institucións de alto risco para as mulleres…
  • Porque a maioría das persoas que viven en situación de pobreza no mundo, son mulleres…
  • Porque violarnos é arma de guerra…
  • Porque o machismo, é o terrorismo

e así até o infinito… qué imos celebrar??

Pola nosa banda NADA, pero sí imos estar nas rúas porque son nosas e non imos renunciar a elas…

O xoves 25 de novembro ás 19:00 h. estaremos nas Conchiñas da Coruña

O sábado 27 de novembro estaremos ás 12:00 h. na praza de abastos de Compostela

Podes ver fotiños aquí

1 Comment so far

  1. 25 de novembro... Nada que celebrar Novembro 24th, 2010 18:12

    […] 25 de novembro… Nada que celebrar nomepisesofreghao.blogaliza.org/2010/11/24/594/  por beto hai 1 segundos […]