NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Xuño, 2010

MELHOR DESCONTROLADAS QUE INSTITUCIONALIZADAS

25 06 2010

mellor descontroadas que institucionalizadas

ACTOS NA CORUNHA POLO 28 DE JUNHO DE 2010,
DIA DA LIBERTAÇOM TRANS*MARICA*BOLHO

Os novos tecnócratas tratam de vaziar o LGBT de qualquer contido de análise ou acçom políticas. A filosofia imperante, fruto do pensamento único, racha com toda a tradiçom teórica e política do movimento, que se esforçou desde a revolta de Stonewall em pensar unha crítica fundamentada da opressom sexual e em elaborar alternativas a umha heterossexualidade binarista, hegemónica e imutável. Estamos ante un processo de institucionalizaçom radical do movimento LGTB. Devemos afortalar mais que nunca as nossas redes e denunciarmos toda utilizaçom con interesses partidistas do movimento LGBT.

As ruas, a imaginaçom e o poder de pensar as cousas segue a ser dos movimentos sociais. Este 26 de Junho, igual que o resto do ano, vamos amosar que outra cultura política, que outra prática da libertaçom sexual é possível; e que preferimos estar melhor descontroladas que institucionalizadas.

Todas as cores, todos os afectos, todas à rua!
maribolheras.com

*SÁBADO 26 DE JUNHO: MANI*FESTA*ACÇOM.
MELHOR DESCONTROLADAS QUE INSTITUCIONALIZADAS
Saída às 20:00 do Campo de Marte e
Grande Festa Autogerida no Campo de Marte desde as 22:30 às 04:30
Os benefícios da festa destinarám-se ao projecto de documentário audiovisual que estám a elaborar desde Proyecto Transgénero-La casa Trans (Quito-Ecuador).

Nomepisesofreghao participará na GRANDE BATUKADA DESKONTROLADA!!
E posteriormente participaremos no espectáculo audiovisual no novo colectivo xurdido de olholivre.net: FREESWL!!

Comments are off for this post

Obradoiro con Clara Gayo, sábado 19 CS Atreu!

16 06 2010

Como xa vos fixemos saber, as Nomepisesofreghao,  imos contar coa presencia de Clara Gayo este finde na Coru para facer un taller no que traballaremos expresión corporal, con técnicas teatrais, de risoterapia, cabaret… o obxectivo e, sobre todo desfrutar usando o corpo, estimulante, non? pois anímate e participa.

Será  este sábado no Atreu! ás 11:30 da mañán faremos un picnic colectivo e seguiremos un ratiño mais pola tarde. As intruccións de Clara son únicamente que veñamos dispostas a desfrutar, que nos poñamos monas pero cómodas, arreglás pero informais porque nos imos gustar moito!!!

Para preparar o obradoiro precisamos que confirmedes asistencia a través do correo nomepisesofreghao@gmail.com
Esperamos contar contigo!!!
1 comment

Reflexons de MNG do anteprojeto lei familia

15 06 2010

MNG pide a difusión deste documento onde reflexionansobre o anteproxecto da lei de familia que ten previsto aprobar o Parlamento de GZ este verán. Trátase dun anteproxecto onde se voltan ao valores mais tradicionais do patriarcado, baseandose na defensa da familia e incidindo nos recortes de liberdades das mulleres de decidir sobre a súa vida e os seus corpos. Este anteproxecto goza, por suposto, dos parabens dos sectores máis reaccionarios e patriarcais da nosa sociedade como ACIPRENAS e o colectivo “Red Madre”.

Aproveitamos para informar que o colectivo provida “Red Madre” dispón desde hai uns meses dun local na Coruña, cedido por Caixa Galicia na rúa Antonio Ríos, 80 Baixo Loc. 3.

Comments are off for this post

En repulsa ao caso da muller agredida en Monte Alto (e polas demais)

9 06 2010

Unha vez mais unha muller é víctima do afán de posesión de quen fora a súa parella e pai das súas fillas. Esta veciña do bairro salvou a súa vida, mas sofriu graves feridas provocadas polo seu agresor directo, ademáis queremos denunciar tamén as agresións que reciben as mulleres por parte dos medios e do morbo que xeneran co tratamento que reciben este tipo de novas.
Para comezar, entre a escasa información que circulou onte, nada mais producirse a salvaxe agresión, un dos datos no que se insistiu foi que se trataba de persoas marroquinas. Mais tarde, en prensa, xa con mais datos insistíase no dato da nacionalidade. É  quizais un atenuante ou unha explicación do feito? aporta algún tipo de información que non sexa con intención de criminalizar culturalmente e esta xente?
Por outra banda é xeneralizado o pouco respeto que se da á intimidade das mulleres que sofren este tipo de agresións, facilitan as súas iniciais, dan indicacións do seu enderezo de residencia e aportan datos que van mais alá de información que precisamos e expoñen a estas mulleres á mirada pública, facilitan que as sinalemos co dedo. Neste caso a muller semella que vai salvar a vida, pero xa temos datos para podela recoñecer polo bairro, e ás súas fillas… non é eso victimizala ainda mais do que o seu agresor fixo xa?
Como veciñas do bairro queremos mostrar a nosa repulsa ante agresións deste tipo, neste caso cargadas ademais dun extra de violencia, se cabe, xa que houbo disparos polo medio, a plena luz do día, coas rapazas … indignante!
Vivimos e traballamos por un bairro integrador, no que queremos que toda a veciñanza sexa parte del, aporte diversidade e dignidade, no que traballamos por que as novas xeracións vivan nunha sociedade mais xusta e mais igualitaria, onde as persoas non sintan que se posúen unhas ás outras e sexan libres, libres para viver onde queran e podan, onde traballar, onde decidan libremente con quen viver e a quen amar e, sobre todo onde non sexan xulgadas polo seu xeito de vida porque este foi un bairro onde se loitou moito pola dignidade e queremos que así siga.

Nin unha agresión sen resposta!!

2 comments