NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Maio, 2010

Obradoiros Tecnolóxicos Libres para corpos Libres!

25 05 2010

Como todas sabedes o manexo da tecnoloxía é unha ferramenta indiscutible de empoderamento. Desde Nomepisesofreghao o uso da tecnoloxía está a ser unha das liñas prioritarias de traballo na Gz, coa nosa participación como nodo local no proxecto Generatech temos a posibilidade de facelo en rede non só con compas do país, senón tamén do estado. Evidentemente a nosa aposta pasa por comprender que si a tecnoloxía nos empodera, as ferramentas libres nos liberan, por iso queremos seguir espallando a idea do uso do software libre.
Até o de agora estivemos facendo obradoiros monográficos iniciación a ubuntu, deseño vectorial con Inkscape, retoque fotográfico con GIMP… tamén, coa visita das compas de Generatech aprendimos nocións básicas de edición de vídeo, stream, DelVj… ábrese entón para nós unha nova etapa, xa temos un pequeno mostrario de diferentes ferramentas, quedan moitas por coñecer… pero estamos nese punto de inflexión no que xa están abertas as portas para migrarnos ao traballo en software libre e agora hai qeu seguir o camiño do empoderamento e a liberdade, estas ferramentas nos valen para a nosa vida diaria, pero nos queremos que tamén sirvan para apoiar a loita da liberación do xénero, somos activistas, en maior ou menor medida queremos manter a politización do xénero e que aprendamos e usemos as ferramentas para traballar nese ámbito, polo tanto a proposta para esta nova etapa é:
1.- retomar os obradoiros, mudamos aos luns, de 19:00 a 21:30h
2.- reconfigurar o formato: xuntarnos para fedellar, cada quen que veña coas súas inquedanzas e nos imos organizando de xeito que non teña que haber unha mestra e unhas alumnas, unhas veñen a instalar, outras a deseñar… e todas a compartir coñecemento
3.- incorporar novos corpos, nos dan igual os xenitais, se teñen ideas de traballar o xénero
4.- producir material: desde cartaces para actividades dos colectivos, a edición de video con material de activismo feminista, creacións de loops para pinchar con visuais…
5.- respectar os ritmos: cada quen atópase no seu punto con respecto ao xénero e o uso das ferramentas, da igual, respectemos iso e aprenderemos mais a mellor, todas demandamos coñecemento e todas podemos ofrecelo nun momento dado…

Unha vez mais vos convidamos a vir a fedellar con nós, se queres instalar, ou resolver dúbidas sobre o uso do teu novo sistema operativo, ou queres aprender a usar algunha ferramenta… vémonos no Atreu, o luns 31 de maio, ás 19:00h

Comments are off for this post

Novos feminismos em Latinoamerica

24 05 2010

novos feminismos en latioámerica

Via MARIBOLHERAS:

Palestra-debate “Pensamento e prácticas do feminismo comunitario”
A cargo de Julieta Paredes, fundadora e integrante de Mujeres Creando Comunidad, Bolivia.
Esperamosvos o *luns 24 de maio ás 20 horas.*
Galería Sargadelos
Rúa Real 53. A Coruña

temos a sorte de poder compartir con ELISABETH VASQUEZ de CUERPOS DISTINTOS DERECHOS IGUALES (Ecuador) Y JULIETA PAREDES de MUJERES CREANDO COMUNIDAD (Bolivia) unha palestra-debate sobre o activismo trans/intersex en Ecuador e os traballos en PROYECTO TRANSGENERO, CASA TRANS e PATRULLA LEGAL (asesoría jurídica itinerante). Julieta Paredes

Esta palestra forma parte dos viaxes e afectos feministas onde colaboramos:

ACSUR GALIZA, AS DÚAS, OQUENOSSAEDACONA, MARIBOLHERAS PRECÁRIAS, SOMOS DE_GENERANDO e TRANSGALIZA

Non perdades a oportunidade de coñecelas.

Para saber máis sobre Elisabeth Vasquez e o proyecto transgénero
http://www.proyecto-transgenero.org/
patrulla legal
http://patrullalegal.blogspot.com/
manifiesto ecuatoriano octubre trans
http://maribolheras.com/?p=380
Para saber máis sobre Julieta e a experiencia feminista de Mujeres Creando Comunidad en:
http://mujerescreandocomunidad.blogspot.com/
Entrevista a Julieta Paredes en:
http://www.hommodolars.org/web/spip.php?article957

Comments are off for this post

Sobre o medo…

5 05 2010

Domitila Barrios

Bolivia en 1978, cinco mulleres voltearon unha ditadura militar. Paradoxicamente, toda Bolivia burlouse delas cando iniciaron a súa folga de fame. Paradoxicamente, toda Bolivia terminou xaxuando con elas, ata que a ditadura caeu.

Eu coñecera a unha desas cinco porfiadas, Domitila Barrios, na vila mineiro de Llallagua. Nunha asemblea de obreiros das minas, todos homes, ela alzárase e fixera calar a todos.
Quero decirlles estito –dixera-. O noso enimigo principal non é o imperialismo, nen a burguesía, nen a burocracia. O noso inimigo enemigo principal é o medo, e levámolo dentro.
E anos despois, reencontrei a Domitila en Estocolmo. Botárana de Bolivia, e ela marchara ao exilio, cos seus sete fillos. Domitila estaba moi agradecida da solidariedade dos suecos, e admiráballes a liberdade, pero eles dábanlle pena, tan soiños que estaban, bebendo sos, comendo sos, falando sos. E dáballes consellos:
Non sexan bobos – dicíalles – Xúntense. Nos, alá en Bolivia, xuntámonos. Ainda que sexa para pelexar, xuntámonos.
E canta razón tiña. Porque, digo eu: existen os dentes, se non se xuntan na boca? Existen os dedos, se non se xuntan na man?
Xuntarnos: e non só para defender o prezo dos nosos produtos, senón tamén, e sobre todo, para defender o valor dos nosos dereitos. Ben xuntos están, aínda que de cando en vez simulen rifas e disputas, os poucos países ricos que exercen a arrogancia sobre todos os demais. A súa riqueza come pobreza, e a súa arrogancia come medo.
Fai ben pouquiño, poñamos por caso, Europa aprobou a lei que converte os inmigrantes en criminais. Paradoxo de paradoxos: Europa, que durante séculos invadiu o mundo, pecha a porta nos narices dos invadidos, cando lle retribúen a visita. E esa lei promulgouse cunha asombrosa impunidade, que resultaría inexplicable se non estivésemos acostumados a ser comidos e a vivir con medo.
Medo de vivir, medo de dicir, medo de ser. Esta rexión nosa forma parte dunha América Latina organizada para o divorcio das súas partes, para o odio mutuo e a mutua ignorancia. Pero só sendo xuntos seremos capaces de descubrir o que podemos ser, contra unha tradición que nos amaestrou para o medo e a resignación e a soidade e que cada día ensínanos a desquerernos, a escupir ao espello, a copiar en lugar de crear.[…]

Autor: Eduardo Galeano
Ánimo pois.

Comments are off for this post

Activismos e teorias nos novos feminismos. María José Belbel na Galiza

5 05 2010

María josé belbel falará na Galiza do devir dos feminismos emergentes, do feminismo queer, do transfeminismo, das valoraçons posteriores ao congresso feminista de Granada e das jornadas transfeministas de Barcelona .
Joves 6 ás 20:00 na Casa das Atochas ( r. atocha alta, 14 A Corunha)
Venres 7 ás 20:00 na Cova dos Ratos (Vigo)
Sábado 8 ás 19:00 nas Dúas Café Bar (Praça da Oliveira, compostela)

Apresentaçom DA INVITADA
O trabalho de María José Belbel centra-se no activismo feminista queer, nos estudos culturais. Foi umha histórica militante do MC, militante antifranquista desde 1971, activista do movimento feminista desde a sua fundaçom dentro da assembleia de mulheres de Granada (1977).
Umha das suas múltiplas preocupaçons centra-se na ética dos movimentos sociais e nas políticas de afectos e de redes dentro dos mesmos. Desenvolveu trabalhos de traduçom de textos inéditos de Eve Kosofsky Sedwick; hai que destacar também a sua traduçom junto a Beatriz Preciado do video Not for Sale: o movimento da arte feminista estadounidense nos anos setenta, de laura Nottingham (2004-2006).
Formou parte de exposiçons colectivas como ‘100x 100: diez mujeres andaluzas’ (Museo de Arte Contemporáneo, Sevilla,1993) com poemas visuais, fanzins, collages, cartazes e gravaçons de grupos de mulheres punk y riot grrrls e Transgenéric@s (KM Kulturunea, Donosti, 1998) e na exposiçom do projecto Desacuerdos, MACBA, Barcelona, 2005.
Co-dirigiu uns grupos de lectura junto a Azucena Vieites em relaçom ao seminário Retóricas de Género/Políticas de identidad, dirigido por Beatriz Preciado UNIA arte y pensamiento, Sevilla, 2003. Posteriormente realizou um video de documentaçom de dito atelier, 2005.
Actualmente colabora coas maribolheras no seu blogue, baixo o alcume ‘de nombre de guerra RITA’.
Também colaborou nos fanzins de Erreakzioa-Reacción desde 1997; Seminario Sólo para tus ojos: el factor feminista en las artes visuales, Arteleku, Donosti,1997; coordenaçom do seminário La Repolitización del espacio sexual en las prácticas artísticas contemporáneas; coordenaçom da revista Zehar co mesmo título, nº 54 Arteleku, 2004 e Mutaciones del Feminismo, Arteleku, MACBA, UNIAarteypensamiento, 2005. O seu primeiros texto feminista “La mujer y los libros de texto” publicou-se no número 0 da revista La Tiza, do Sindicato de Ensino UCSTE, 1978.
E poderíamos seguir e seguir falando dos seus trabalhos dentro do feminismo, a arte e o activismo. Mas, o melhor, é que acodades aos actos d’A Corunha, Vigo ou Compostela para terdes a experiência de escoitá-la e de compartilhar os debates mais actuais dentro do movimento cumha activista que recolhe a experiencia e o background dos últimos 30 anos de luita feminista e de libertaçom sexual e de gênero.
A viagem de Belbel e mais estas conferências englobam-se num projecto comunitário de viagens e afectos feministas organizado por:
AS DUAS* DEGENERANDO*MARIBOLHERAS PRECÁRIAS*
*OQUENOSSAEDACONA*TRANSGALIZA
o ultimo proxecto de a belbel o podes ver em
http://www.digmeout.org/

Comments are off for this post