NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Marzo, 2010

Obradoiro de deseño para mulleres e lesbianas

26 03 2010

Obradoiro de deseño con Inkscape (ferramentas libres para mulleres libres)

Seguindo cos obradoiros de achegamento ao software libre e dentro do programa Xeneratech , este martes 30 de marzo, ás 19:00h, no CS Atreu!
teremos sesión de deseño vectorial con Inkscape.
Ademais continuamos solucionando calquera dúbida que teñades coa vosa instalación de Ubuntu.

Comments are off for this post

100 ANOS CELEBRANDO, TODA UNHA VIDA LOITANDO!

3 03 2010



Luns, 8 de marzo de 12h a 20h30 na Rúa Barcelona (Praza das Conchiñas)

Como celebración dos 100 anos do 8 de marzo “Día internacional das mulleres” diferentes colectivos, organizacións e mulleres individuais pertencentes ao movemento feminista da Coruña quixemos organizar unha festa popular  aberta a participación de toda a sociedade.

O día comezará ás 12 da mañá na Praza das Conchiñas coa decoración da rúa Barcelona e esquina coa rúa Corcubión, e coa distribución de convites para todas as veciñas da zona.

Ao longo do día terán lugar diferentes actividades, performances, e exposicións que tratarán de reflectir sobre as causas e consecuencias das reivindicacións das mulleres, os logros atinxidos durante toda unha vida de loita, e as expectativas coas que encaramos o presente e o futuro as feministas de hoxe en día. Finalizaremos a xornada compartindo o manifesto conxunto con todas as presentes ás 8 e media da tarde.
Todas e todos estades convidadas a participar axudando nas diferentes tarefas, soprando as veas da tarta de celebración, pedindo desexos para o futuro,  e aportando as vosas propias experiencias e reflexións, construíndo entre todas e para todas unha realidade chea de esperanza, de forza e sobre todo de felicidade.

Felices 100 anos, e moitos mais!!!

Acsur Galiza – Cafés Feministas – Comisión de Xénero da coord. galega de ONGDS – Marcha Mundial das Mulleres da Coruña – MUlleres DEportistas GAlegas – Nomepisesofreghao – Recdeiras – Transmaribolheras Precárias – Trocamundo

1 comment

2ª XornADA de GNU/Linux para mulheres e lesbianas!!!

1 03 2010

Máquinas, mulheres, software libre, risas, emocións e Ubuntus… para
todas!!
Vamos a seguir coas instalación, configuración, arranxaremos os
problemas xurdidos a semana pasada, explicaremos un pouco o entorno de
escritorio, e aprenderemos un pouquinho de sementeira.org para traballar
en rede,
vide!!

Este martes dia 2 de Marzo no CsAtreu: t/ San Xosé, 2, Monte Alto
Xeneratech Nodo Corunha,

Comments are off for this post