NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Xaneiro, 2010

O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica

29 01 2010

Desde Nomepisesofreghao invitamosvos a todas e a todos a participar da campaña de resposta ao PXOM da Coruña, que pretende achegarse todas as que queremos opinar sobre a cidade que queremos para viver, porque o urbanismo reflexa as relacións de opresión do xénero, porque tamén queremos unha cidade na que convivir en igualdade. O prazo de alegacións remata o 18 de febreiro, así que estade atentas e contactade (rdscorunha(at)gmail(pt)com) se queredes informar, alegar e expresar o voso dereito á cidade.

Podes ver e descarregar o documento completo editado aquí: TextoPXOM

Persoas individuais, colectivos culturais e sociais, asociacións veciñais
e diversos espazos da sociedade civil coruñesa queremos manifestar a nosa
disconformidade rotunda, ante a aprobación inicial (unilateralmente
acordada desde o concello da Coruña incluso co informe desfavorable da
XUNTA) dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), que se
materializaría na formulación dun modelo de cidade insostivel, laboral,
ecolóxica e socialmente falando.

Expresamos a nosa disconformidade en forma de exigencia do Dereito á
Cidade. Unha cidade, a de todas e todos, necesitada de procesos de diálogo
social real, recibe un plano xeral tremendamente inconcreto, oscuro,
difícilmente comprensible e contrariamente do que se quere facer ver, con
elevados déficits no que a participación e debate cidadán se refire.

A exclusiva presenza de administracións-partidos e centros de decisión
económicos privados (lobbies económicos e grande empresariado da cidade)
marca a ausencia dun plantexamento dialogante e participativo con unha
sociedade civil activa e recoñecible (asociacións culturais e sociais,
agrupacións de profesionais, asociacións veciñais, colectivos de base,..)
ninguneada e francamente ausente do proceso de creación deste
importantísimo plan de ordenación municipal. Un PXOM que demarca as liñas
que dentro do termo “modelo de cidade” marcarán o futuro social,
económico, cultural e ambiental da cidade. Grazas ao que leemos neste
PXOM, un futuro, inconsciente
e francamente en suspenso.

Que modelo produtivo (económico) impón o PXOM?

O modelo de cidade terciaria que se nos impón desde o PXOM atendería a un
esquema insostible e irreal laboralmente falando, no que se valeira o
sistema produtivo da cidade para sustituílo por dous eixos de elevado
custo ambiental e difícil consolidación económico-produtiva.Primeiro un
ilóxico tecido de grandes centros comerciais que socavan o pequeno e
mediano comercio, entregan as traballadoras e traballadores a elevadas
doses de precariedade laboral e impoñen ás cidadás un modelo de consumo
irracional moi por riba das demandas actuais e futuras da cidadanía da
área metropolitana.E segundo, un porto exterior (sobre o que pivotaría
segundo o Plan e o seu autor, Joan Busquets o tecido industrial e o futuro
económico da cidade) técnicamente cuestionado por persoal experto,
administracións e cidadanía, sen uns orzamentos rigurosos e realistas, e
dependente do proceso especulativo da venda dos peiraos do porto
industrial actual, na altura bloqueada polo estoupido da burbulla
inmobiliaria nunha cidade onde o 15% das vivendas están actualmente
valeiras.

Que modelo urbano (ambiental, territorial, social..) impón o PXOM?

O PXOM fala de “reestablecer a relación co medio natural” algo que vai en
clara confrontación coas directrices marcadas en relación á creación de
novos recheos, megainfraestructuras, ou novos polígonos industriais e
residenciais.Hoxe podemos afirmar que as zonas verdes nomeadas pola
concellería de Urbanismo están ausentes do plano, ou dependen en gran
medida de concellos limítrofes, algúns dos cales xa manifestaron a súa
indisponibilidade ante o abuso do municipio capitalino.Tamén podemos
afirmar que o que se supón un dos seus eixos centrais (a extensión de
vivendas de protección) é fume co que tratar de lexitimar e dar un marco
institucional formalizado a polígonos urbanizables (e Convenios de última
hora e duvidoso plantexamento) onde a extensión da especulación e a
xentrificación con actores privados serán o principal elemento urbanizador
dunha cidade xa tremendamente densificada. Finalmente, unhas
infraestructuras que na realidade violentan a cidade peonil (fraccionandoa
con autopistas como a terceira rolda que aillam físicamente barrios, rúas,
veciñanzas) para dotar principalmente de comunicación a empresas privadas
(radicadas esencialmente en grandes centros comerciais e polígonos
industriais de futura construcción) e apoiar un modelo delirante de
transporte onde, de seguirmos co sistema de mobilidade en uso non
solucionaremos os problemas de saturación automovilística da urbe.
Deberíase solucionar as carencias dunha área metropolitana sen
alternativas reais de transporte público, e con hexemonía absoluta e
dependencia total do vehículo particular co custo de tempo, económico, e
ambiental que isto require.Máis unha carencia manifesta do PXOM é o
tratamento ineficiente ou vago do tecido rural; a única alternativa
plantexada para os núcleos rurais existentes no termo municipal é a de ser
fagocitados polo tecido urbano, sen posibilidade de hibridación e
enriquecemento mutuo. No mellor dos casos plantéxase unha conservación dos
núcleos tradicionais en tanto elementos históricos, máis destrúese ou
ignorase o territorio que lles dá sentido. O territorio que rodea ós
núcleos tradicionais (rurais) dalles razón e forma. Por si mesmo ese
territorio ten un valor cultural (pasaxes culturais, elementos
etnográfico, elementos históricos…) e ten un valor ecolóxico en tanto que
son territorios sustentables sempre que se potencie o seu uso agrícola
/forestal que agora está en decadencia tanto pola dificultade para poder
viver do cultivo de estas terras como pola especulación do que é
obxectoPor último, falamos dun documento que segue sen abordar a solución
que dende as políticas sociais, merecen os mal chamados asentamentos
marxinais, e as persoas que os habitan. En definitiva, a cidadanía activa
e propositiva da Coruña, esiximos participar no modelo concreto (rúas,
barrios, comunidades..) e xeral de cidade.Esiximos cauces democráticos de
debate participativo sobre como queremos construír o noso ecosistema
urbano porque buscamos ter a oportunidade de facer desta cidade un
territorio realmente habitable, sustentable e tolerante.

Esixímolo Aquí e Agora.

rdscorunha(at)gmail(pt)com

POLO DIREITO A CIDADE!!!

Asamblea de parad@s d’A Coruña                   Desescribir
AVV Os Rexumeiros de Elviña e Castro         Ergosfera
AVV O Campanario                                             FugaEmRede
Arquitectos sen Fronteiras Galicia                  Nomepisesofreghao (Moreia de Parafeministas desxeneradas)
AC Tempo Novo                                                    Proxecto Cero
CS Atreu!                                                                 Universidade Invisibel
CS Gomes Gaioso                                                 Zocaminhoca (Cooperativa de concumo consciente)
CSO Casa das Atochas
Comité Defensa das Rías Altas

Comments are off for this post