NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Novembro, 2009

1ª Acción da Rede Feminista Galega

29 11 2009

Nomepisesofreghao participou este sábado 28 de novembro nunha acción da Rede Feminista Galega en Compostela con motivo do día contra a violencia de xénero.

Arredor de 50 mulleres saimos á rúa en compostela para visibilizar os tipos de violencia que percibimos como mulleres. A acción consistiu en tomar a rúa subidas a taburetes e portando cartaces que decían: estou na rúa porque… e a partir de aí cada unha aportaba un motivo polo que debemos sair á rúa xa que somos obxeto de violencia desde diferentes  perpectivas, tamén se deixaron cadeiras vacías para visibilizar a ausencia dalgunhas mulleres que non poden estar na rúa por diferentes motivos: ser asasinadas, estar presas…

Ademais formouse unha fantástica banda de mulheres tocando fouciños e sachos que lle daban moita presencia e visibilidade á acción.

Para ver as imaxes visitade o flickr de rizlinha

Comments are off for this post

Suspendese MAGOSTO por climatoloxía

13 11 2009

Debido a alerta laranxa *suspendese Magosto* previsto para o día de hoxe no Campo de Marte.

Esperanse rachas de vento de 120 KM/h e unha fronte moi activa que deixará cantidades superiores a 40 litros/m2 en 12 horas.

Por tanto, pensamos que o millor é cancelar o magosto. Avisaremosvos da nova data para poder contar con tod@s vos. Sentimos os problemas que isto poda causar, saúdos cordiais:

Dolores Queiro
ACSUR Galiza

Comments are off for this post

“Unha historia de redeiras e gruas” este venres 13, no Campo de Marte

10 11 2009

Queridos/as amigos/as.

Achegámonos coa intención de invitarvos a estrea do /Noticiario Intercultural de Barrio: “//Nosotras en lo Cotidiano//”/, un proxecto solidario de comunicación participativa desenvolvido por ACSUR-LAS SEGOVIAS Galiza.

A comunicación non é un luxo, senón unha actividade fundamental para a vida e o desenvolvemento social, e por iso convidamos a todos os que participastes desta iniciativa e a aqueles interesados en promover esta convivencia intercultural, a un Magosto que se celebrará no barrio de Monte Alto que terá lugar o vindeiro */día 13 de Novembro no Campo de Marte a partires das 20:00h./*

Neste acto, proxectaranse documentais producidos de maneira paralela na cidade de A Coruña , no Departamento de Quezaltenango e na cidade de Guatemala (Guatemala), que foron realizados xunto con diversas organizacións sociais. Estes documentais contan historias de alto interese social para as actuais relacións de xénero que se están a dar dentro destas dous sociedades tan distantes e á súa vez, tan ligadas historicamente.

Co obxectivo de promover un diálogo intercultural, fomentar á libre expresión e comunicación, presentaranse tres curtas documentais: “El Tanque” realizada por xoves de Quezaltenango, xunto con AMUTED, “Día de la Madre” rodada por diferentes organizacións sociais da cidade de Guatemala xunto con DEMA e “Unha Historia de Redeiras e Grúas” gravada por persoas pertencentes a organizacións e movementos sociais de A Coruña.

Queremos crear un espazo no que teñan cabida todas as opinións, críticas e propostas sociais sobre os problemas que afectan á cidadanía coruñesa e mais concretamente aos veciños e veciñas do barrio de Monte Alto, e para iso invitamosvos a participar xunto con nós do *Magosto que se celebrará no /Campo de Marte/ o vindeiro /Venres/ día /13 de Novembro/ a partires das /20:00h/. *Paralelamente ao estreo destas proxeccións na rúa, poderase degustar castañas e viño de Monforte, e disfrutar da música.

Esperamosvos nesta actividade de comunicación alternativa, popular e independente,

Cordialmente.
Dolores Queiro
ACSUR Galiza

Comments are off for this post

Videocronica de Gzvideos sobre a visita de Mujeres creando

5 11 2009

Grabación da palestra na Revolta e entrevista a cargo de GzVideos

Comments are off for this post

Comeza Generatech 2009 – nodo Corunha no CS Atreu!

5 11 2009

generetech 01

Acendemos motores, chegan as tekkiequeers de gENERAtECH a experimentar coas tecnoloxias libres en corpos liberados, coas políticas desxeneradas, a vivir mil e un stream de conexiones feministas. Se queres participar achegate ao Centro Social Atreu coa tua máquina, imos facer exorcismo, instalaremos gnu-Linux e nos preparaemos para afundirnos nas redes.
Primeira semana:

Vernes 6 Nov.
19:30 Apresentación do proxecto. Análise das Plataformas audiovisuais.
20:30  Dinámica: grupos de discusión sobre deseño, propostas da
plataforma e eventos formativos generaTech.

Sábado 7 Nov.
16:00 stream conectado co encontro de meios libres cataláns e conexión
para apresentar brevemente o proxecto desde Galiza.
16:30 Intro Linux e Install party.
21:00 Magosto para todxs!!

Centro Social Atreu
t/San Xosé, 2-bx, Monte Alto
A Corunha

Comments are off for this post