NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Outubro, 2009

Agitadoras Callejeras

29 10 2009

Pincha aqui para o stream (retrasmisión en directo)

Mujeres Creando é un colectivo anarkofeminista boliviano fundado a principios dos 90. Desenvolven a súa actividade principalmente con intervencións na rúa, publican materiais teóricos e dispoñen dun espazo autoxestionado onde desenvolven actividade política e de intervención con mulleres. O seu traballo inspirou a liña de acción política de moitos colectivos do movemento feminista latinoamericano e do resto do planeta. De xira polos paises do norte visitan Galiza para expoñer o seu traballo e compartir a súa traxectoria, na Galiza, con Nomepisesofreghao Asamblea de Mulheres de Vigo e a Universidade Invisibel

Vigo:
Martes 3 novembro
CENTRO SOCIAL REVOLTA.
Rua Real 32, rês-do-chao. Zona Velha.

A Corunha:
Mércores 4 novembro
CENTRO SOCIAL ATREU
Travessa Sam José, 2 rês-do-chao. Monte Alto.

Comments are off for this post

Nomepisesofreghao contra o reggae homofóbico

27 10 2009

Porque ser guay non é sinónimo de supermacho, para molar moito cantando reggae non é necesario verter medo e ameazas contra os maricas ou bolleras. Nós xa estamos fartas de tanto machito guay que necesita reforzar a sua masculinidade agredindo e indo contra un colectivo de persoas só polo feito de existir. Maribolheras Precàrias e moitos colectivos están a manifestar a sua repulsa estes dias na galiza polo concerto que este venres a sala Capitol ofrece sen nengún tipo de pudor. Pregúntome se a xente da Capitol tivo a deferencia de mirar as letras de este home ilustrado para comprobar que efectivamente esta lingua de ouro arremete contra os gais ate o punto de querer exterminalos. Pero claro, semella que nun mudo de machos corpulentos o peor que che pode pasar e que dubiden da tua masculinidade, pffff, pois vaia xoias da música. Vivan os rapeiros gais-nenazas, as cantantes bolleras e marimachos, os rastamaricas e as lesbianas agarradas ao micro. FORA A HOMOFOBIA DOS ESCENARIOS GALEGOS.

Envia un mail salacapitol@salacapitol.com e dilles que non queres na Galiza espaços onde se incite à violencia hacia calquer persoa, grupo ou colectivo social!!! PARTICIPA!!! A Sala Capitol nom pode colaborar oferecendo o espaço e dando voz a um personagem que incita, explicitamente, ao assassinato de maricas, trans ou bolhos !!!
http://boicotesalacapitol.wordpress.com/
http://maribolheras.blog.com/
envia o apoio a :
maribolheras@hotmail.com

Comments are off for this post