Archive for setembro, 2009
participamos nas xornadas contra vento e marea,
18 09 2009O pasado dia 10 de setembor Nomepisesofregaho participamos na mesa debate sobre ‘As traballadoras do fogar’ no que tamén participaron as asociacións Xiara, ACSUR e Centro de Atención Hogar- Cáritas, celebrado na segunda semana das xornadas Contra vento e marea, Verbas e pegadas dos feminismos, na casa museo Pardo Bazán.
O debate xirou en torno a situación actual das traballadoras do fogar e as diferentes estratexias de loita desde os diversos ámbitos nos que nos movemos as asociacións participantes. Carmela Casal (Xiara) falou da a praxe das propias traballadoras, Paula lobagueira (Centro de atención Hogar-Cáritas) do programa Centro de Atención Hogar polo cal fan unha labor de atención as necesidades e dereitos laborais de empregada e empregadora, Marta Casal (ACSUR) falou da necesidade de participar na construcción colectiva dun marco de atención as necesidades do fogar e por último, Rocío Fraga (Nonmepisesofreghao) das movilizacións levadas as ruas en forma de freghaos.
Vídeo entrevista de A Nosa Terra
http://www.anosaterra.org/nova/34180/a-loita-das-traballadoras-do-fogar.html



