NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Xuño, 2009

Manifestámonos coas traballadoras de Caramelo

5 06 2009

Hoxe venres 5 de xuño, saimos á rúa coas nosas compañeiras de Caramelo, a berrar con elas, a defender os dereitos das mulleres traballadoras. VEMONOS TODAS ÁS 20H NA PRAZA DA PALLOZA,

NON AO ERE DE CARAMELO

Ante os despidos boikote!!
Caramelo para as traballadoras!!
‘Se Jove despide, a Xunta é culpable’
‘Jove mata e Beatriz Mato remata’

CARAMELO CARADURA

Desde o colectivo Nomepisesofreghao queremos facer chegar o noso apoio ao cadro de persoal da empresa Caramelo ante a situación que están a viver, consecuencia da proposta de un ERE que conleva o despido de, polo momento, 237 persoas.

Nos sentimos especialmente vinculadas ás persoas que traballan en Caramelo porque son maioritariamente mulleres, mulleres que levan toda a vida traballando no sector, en condicións de precariedade consecuencia só do feito de seren traballos de mulleres.

Até o día de hoxe as mulleres do textil traballaban en cadeas de producción como a da Grela, pero tamén en talleres clandestinos que producían roupa e detalles para as prendas das grandes firmas sen atender a condicións ambientais nin económicas dignas, coas costas partidas e a vista danada. A medida que o mercado se foi liberalizando e a deslocalización abanderou un sector coma este, comezou a ser mais doado atopar a quen fixera estos traballos insalubres noutros pontos do planeta, onde o grado de explotación se visibiliza unha vez mais en corpos de mulleres e nenas.

O traballo en empresas como Caramelo tivo para as mulleres que se incorporaron ao mercado de traballo nos 70 e 80 unha parte de liberación e de autonomía con respeito aos homes, comezábamos a gañar os nosos soldos que, por menores que foran nos aportaban ese grao de autonomía que nos ía facer mais fortes. Actualmente a necesidade nas unidades familiares, hipotecadas e vivindo por riba das posibilidades creou unha necesidade que agora se trunca. Esas mulleres que comezaron a traballar en Caramelo nos 70 agora teñen que tratar de reincorporarse no mercado de traballo no pior momento, sen mais experiencia que a adquirida nun sector que xa non ten futuro, cunha idade e unhas capacidades adquiridas que ao mercado xa non lle interesan.

Nos casos das mulleres mais novas e que se incorporaron mais tarde, o panorama millora pero, unha vez mais, o mercado lles reserva postos, no maioria dos casos no sector servicios, tamén feminizado e, polo tanto precarizado.

O certo é que as traballadoras baseandose na sua propia experiencia e coñecemento, plantexan alternativas viables para millorar a situación da empresa, non dubidan que Caramelo pode seguir sendo productiva para o patrón, o Señor Jove, experto en levar empresas ao borde do precipicio e beneficiarse da decadencia, ao igual que a súa socia neste proxecto, a Xunta de Galicia, que posúe casi un 10% da empresa. A alternativa proposta polas traballadoras baséase en que se elas manteñen os seus postos de traballo Caramelo poderá manter a calidade que a caracterizaba e polo tanto os prezos, nada populares, aos que vende as súas prendas que actualmente xa non teñen valor pero custan o que ningunha das súas traballadoras pode pagar.

Desde Nomepisesofreghao convidamos ás consumidoras e aos consumidores a que tomen conciencia e, de non resolverse esta situación e a traballadoras sexan despedidas, comezará unha campaña de boikote aos productos desta empresa e de todas aquelas que, aproveitandose da coxuntura da crise, boten ás traballadoras e traballadores á rúa.

2 comments

SEN MULLERES NON É DEMOCRACIA. Accións para cambiar o modelo económico.

2 06 2009

Nomepisesofreghao participará os vindeiros días 10 e 11 de xunho na Corunha e en Compostela respectivamente nas xornadas:

SEN MULLERES NON É DEMOCRACIA. Accións para cambiar o modelo económico.

Nas xornadas colaboran diferentes organizacións a nivel internacional, están coordinadas por ACSUR Las Segovias, a quen agradecemos que conte con nós para un proxecto tan interesante.

Comments are off for this post