NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Maio, 2009

Consolidándonos no espazo Atreu!

29 05 2009

XA temos o noso mural no Atreu! un mural en proceso de permanente creación, que nos representa e que nos visualiza un pouquiño mais no espazo que habitamos

1 comment

Apresentaçom da revista La CULO 0.1. no CSAtreu!

28 05 2009

Vem tomar umha com nós e desgenera-te coas imagems e os sons máis quentes.Sexta 29 de Maio no Centro Social Atreu na travessa Sam José nº 2, de 20:30 a 23h.

Revista CULO

Nom faltes e trae ás tuas 80 melhores amigas!!!

Comments are off for this post

Detida a compañeira Laura Bugalho por defender os dereitos das persoas migrantes

27 05 2009

O martes 26 de maio a Policia Nacional, por orde da Subdelegación do Goberno, procedía á detención da compañeira Laura Bugalho, traballadora da CIG-Migración en Compostela, incansábel loitadora na defensa dos dereitos das persoas inmigrantes, asi como coñecida pola súa actividade no feminismo e no movemento LGBT, nomeadamente desde o seu labor en Transgaliza polo recoñecemento dos dereitos e da visibilización das transexuais.

Detiñan a nosa compañeira por un suposto delicto de “falsidade documental”, que consistiría na axuda e tramitación desinteresada dos papeis a persoas inmigrantes. Asi, rexistraron tanto a súa oficina de traballo, levándose computadores e documentación, como a súa casa, onde tamén fixeron o mesmo.

Esta detención supón un ataque á rede de persoas e colectivos que como a nosa compañeira Laura Bugallo defenden e apoian en todo momento ás persoas inmigrantes. Reclamamos a súa inmediata posta en liberdade, e demandamos que remate esta persecución política contra quen loita polos dereitos dos e das inmigrantes.

Nese sentido informamos da convocatoria dunha concentración este mesmo mércores 27 de maio ás 20 da tarde na Praza do Toural, pola liberdade de Laura Bugallo e contra este ataque á rede de apoio das persoas inmigrantes porque “Defender os inmigrantes non é delito!”

Acude e difunde.(extraído de GalizaIndymedia)

Comments are off for this post

Martes 12 de maio, movilizacións das traballadoras de Caramelo‏

11 05 2009

Mañan, martes 12 de maio, desde primeiras horas da mañán haberá movilizacións do cuadro de persoal de Caramelo, ameazada de ERE polo que marcharían á rúa 237 persoas (http://nomepisesofreghao.blogaliza.org), a media mañan teñen pensado desplazarse ás oficinas da financiera de Manuel Jove, accionista maioritario de Caramelo (www.inveravante.es), en canto haxa mais info se mandará pola rede.

mani na praza de pontevedra

Comments are off for this post

Caramelo presentou finalmente o ERE polo que 237 persoas quedan na rúa

9 05 2009

Onte a empresa Caramelo presentou finalmente o ERE polo que 237 persoas quedan na rúa.

A crise no sector textil e da confección non é unha novidade desta crise actual na que nos atopamos, xa vén de bastante mais atrás, a deslocalización da produción leva producíndose nestes sectores dende hai anos, Galiza leva sufrindo perdas de postos de traballo e precarización dos que se manteñen desde entón. Non é necesario salientar que tanto o textil como a confección son sectores históricamente feminizados e pouco movilizados.
O caso de Caramelo, como outros, víase vir, mais a situación agravouse desde novembro, cando as traballadoras comezan a observar o maior baixón de produción, comezan as negociacións coa empresa e nun período de 3 ou 4 meses prodúcense 87 despidos pactados.
Esta semana a empresa comunica que ten intención de propoñer un ERE e comezan as movilizacións, no ERE propóñense 237 despidos na planta de produción da Grela, que ten unho cadro de persoal de 450 persoas aproximadamente, maioritariamente mulleres, sobre un 80%. Este dato é un dos que a empresa está maquillando de cara á opinión pública dicindo que Caramelo dispón dunho cadro de persoal de 800 persoas, mais non é o caso, o ERE afecta á produción non ao comercio, nesas 800 persoas das que falan inclúese ao persoal de tendas. En calquera caso que os despidos supoñan un 30% ou un 52% é diferente, pero non deixan de ser 237 persoas, principalmente mulleres que fican na rúa, pero xa sabemos que o empresariado e a prensa sempre manexan os datos no beneficio dos mesmos.
Actualmente Caramelo pertence nun 92% a Manuel Jove e nun 8% á Xunta de Galicia. Despois do vivido no tema FADESA e a participación da Xunta durante o proceso, ¿cabe algunha esperanza de que este ERE se resolva, tal e como plantexan desde o cadro de persoal, con mudanzas no proceso produtivo e non cos despidos? Pinta mal a cousa!
Segundo as traballadoras de Caramelo cambios na produción poderían manter certa solvencia na empresa, unhas marcas como as que se producen na planta da Grela con calidade na execución e nos tecidos permitirían manter os prezos de mercado con marxes de beneficio, pero desde hai anos isto xa non é así, coa deslocalización da produción pretendeuse aforrar nos custos de traballo, e agora tamén nos custos dos materiais, e seguen pretendendo vender aos mesmos prezos, e Caramelo non é unha marca especialmente popular.


Onte presentouse o ERE despois dun último intento de negociación entre o cadro de persoal e a empresa, os termos non variaron e non só se apresentou o ERE senón que se leu a lista de nominadas e nominados a abandonar os seus postos de traballo nestes tempos tan propicios para a recolocacións, sobre todo cando estamos falando de perfiles con serias dificultades de acceso ao mercado de traballo, moitas das mulleres que onte se propuxeron para ser despedidas son mulleres que comezaron a traballar en Caramelo nos anos 70 ou nos 80, que actualmente teñen entre 40 e 60 anos, que seguramente cando comezaron a traballar non tiñan o grao de necesidade que despois si se tiña por circunsatancias da economía global, que non teñen outra experiencia nin, posíbelmente, outras expectativas tal e como está o sector, que van ter serias dificultades para incorporarse á economía formal e, polo tanto reubicaranse, as que podan, en sectores ainda máis precarizados (talleres subcontratados doutras empresas do sector, as que máis sorte teñan, emprego doméstico na economía informal e/ou desemprego) con todo o que isto vailles supor para as súas pensións.
Outra parte das persoas que onte escoitaron os seus nomes son mulleres mais novas, cun nível formativo medio/ baixo, con algunhas posibilidades máis de recolocación en sectores feminizados e, polo tanto precarios ou viceversa, neste perfil podemos observar a diferenza co que aconteceu tamén nos últimos tempos no sector do telemarketing, que viu sufrindo un proceso similar ao que agora vivimos na confección, despidos masivos, peches de empresas noutro dos sectores feminizados dos que vivía moita da cidadanía máis nova da cidade, unha diferenza é que neste sector a reciclaxe profesional é, se cabe, algo máis sinxela, as persoas do telemarketing teñen de media un maior nivel de estudos, as funcións realizadas contemplan traballar coas novas tecnoloxías, marketing, atención á clientela… traballos que poden dirixirse a outras profesións e permiten esa recolocación en outros sectores dos que si parece que, na Coruña, a crise da igual e seguimos desfrutando de novas aperturas de centros comerciais, grandes superficies nas que, quizais abran algunha tenda que venda roupa de Caramelo, fabricada en china, e tratando de que unha experta en marketing consiga convencer a alguén para que pague 600 euros por un traxe que custa unha ínfima parte e da que os beneficios seguirán redundando nos grandes peixes que manexan a nosa economía xunto cos nosos políticos, e utilizo os posesivos en primeira persoa porque por desgraza, ainda que unha sería máis feliz tratando de ignoralos, teño familiares, amigas e compañeiras que fican na rúa porque o señor Jove quere seguir sendo máis e máis rico co beneplácito da Xunta de Galicia, que dá igual de que pau vaia vai seguir apoiando incondicionalmente todas as súas decisións como fixo o bipartito cando FADESA e como fará agora o PP, tanto ten quen mande aquí, a marxe de actuación é limitada.
Para o vindeiro martes 12 de maio hai convocada greve na empresa, o cadro de persoal movilizarase na Grela un día máis e partirán en manifestación tratando de visibilizarse na cidade, informaremos de horarios e percorridos en canto se definan.

Comments are off for this post

Esta quinta, no Atreu! xornada aborto

5 05 2009

Quinta-feira 7 de maio apartir das 20:00 no Centro Social Atreu
Rua Sam José, 2, rés-do-chão. Bairro de Montealto  – Corunha

aresentaçom da publicaçom “O direito a decidir: Situaçom actual e alternativas à despenalizaçom do aborto”
Tecendo redes para conseguirmos o direito a decidir sobre o nosso corpo

Comments are off for this post

O direito a decidir: Situaçom actual e alternativas à despenalizaçom do aborto”

5 05 2009
Quinta-feira 7 de maio apartir das 20:00 no Centro Social Atreu
Rua Sam José, 2, rés-do-chão. Bairro de Montealto  – Corunha

Presentaçom da publicaçom “O direito a decidir: Situaçom actual e alternativas à despenalizaçom do aborto”
Tecendo redes para conseguirmos o direito a decidir sobre o nosso corpo

Marcha Mundial das Mulheres

Comments are off for this post