Archive for agosto, 2008
SÁBADO, 9/8/08 a partir das 12:00h Obradoiro de autodefensa para mulleres e lesbianas
6 08 2008Benqueridas amigas,
o proximo sabado 9/8/08 a partir das 12:00h teremos no L.S.O. Casa das Atochas (Atocha Alta, 14, Queerunha) un Obradoiro de Autodefensa feminista para mulleres e lesbianas.
12:00h comeza o obradoiro
14:00h xantar lixeiro
16:00h - 19:30h continua o obradoiro
22:00h ceador vegano
23:00h proxección do filme:
NOVEMBER
(Alemaña, 2004)
Dirección, guión e produción: Hito Steyerl. Fotografía: Stefan Landorf. Duración: 32 minutos.
Elexía a unha amiga, Andrea Wolf, coa que a videoartista Hito Steyerl (Múnic, 1966) fixera unha película de artes marciais aos 17 anos. Mesturando estas imaxes coas de títulos de Russ Meyer, René Viennet e o actor Bruce Lee, imos descubrindo outros aspectos da vida de Andrea. Acusada de pertencer á Fracción Roxa, alistouse na milicia kurda e foi asasinada en 1998 como presunta terrorista. Que pasara nese tempo? Segundo Steyerl un proxecto sobre a era de Novembro, “cando a revolución está acabada e só os seus xestos seguen circulando”.
23:30h-1:30h festa con DJanes convidadas e DJanes Nomepisesofreghao, Gogós, etc.
ANTE A VIOLENCIA MACHISTA
AUTODEFENSA FEMINISTA
Se vindes de fora da cidade falade con nos e arranxamos a durmida: tlf. 981220070/671309080/637986303
Obrigadas a todas e sobremaneira a Mulheres Trangredindo sen as cales este obradoiro non sería posible.
“A autodefensa feminista va máis alo de aprender técnicas de defensa persoal. Xa temos visto que non só sufrimos a violencia física e sexual, tamén sicolóxica e emocional de maneira cotiá. A obediencia e sumisión na que educan as mulleres ten uns efectos devastadores na autoestima, que fai que nos culpabilicemos do malestar e frustación que sentimos nas nosas vidas. Tanto se asumimos estes roles como se tentamos sair deles, sentimonos culpables: ahí está a trampa. Este sentimiento provoca actitudes de pasividade-victimismo e bloquea a nosa raiva, necesaria para o cambio. Ante esta obediencia que anula a nosa, que aillanos e impide defendernos, a autodefensa sirvenos de ferramenta para avanzar, axudanos a concienciarnos sobre os roles que o sistema asignounos e ensinanos a recoñecer as múltiples maneiras nas que somos agredidas na cotidianeidade”. Colectivo de Mujeres Autónomas (Madrid), “Por qué es necesaria la autodefensa”, http://lahaine.org
Nomepisesofreghao/Moreia de parafeministas desgêneradas
1 comment




