NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Abril, 2008

Encontro de colectivos convocado por Lerchas

29 04 2008

cartaz-lerchas.jpgEste finde unha representación de 8 colectivos que traballan temas de xénero na Galiza nos dimos cita no aniversario das Lerchas en Ourense. Pola mañán tivemos palestra debate sobre oa afectos, os coidados, a psiquiatralización das nosas vidas e a conflictividade da dualidade dos xéneros.

Tras un mediodía tropical tiradas no campiño fixemos unha presentación dos colectivos e un debate centrado sobre todo na intención de coordenar posibles accións e, ante todo establecer comunicación para estar informadas das actividades que imos facendo en cada lugar.

Os colectivos participantes foron:

Lerchas (Ourense), Mulheres Transgredindo (Compos), Asamblea de Mulheres (Vigo e comarca), Assambleia de Mulheres do Condado (Condado de Salvatierra), Mulleres Nacionalistas Galegas, Corrente Vermella (A Coruña), Maribollheras Precárias (A Coruña) e Nomepisesofreghao.

Celebramos unha festa nun garito, no que recitou poemas Belén de Andrade (tremenda!), coñecimos ás Perrrechudas (compoñentes das Lerchas, que ademais de estupendas cantan ben!!!) e Pía de Tolomei amenizou o fin de festa cun maribingo, do que resultou gañadora a nosa compi rizlinha dun kit de solteira estupendo (xa nos contará a experiencia co patito).

A delegación Maribolhera e Nomepises rematamos con Natalia (unha anfitriona que non ten prezo) nas pozas de auga quentiña de madrugada, foi xenial estar con vos!!!

podedes ver algunhas fotos en http://maribolheras.blog.com/

Comments are off for this post