NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Xaneiro, 2008

Todas somos Carlos! Todas somo antifascistas!

26 01 2008

Raiva. Impotência. Indignaçom. Isso é o que sentimos hoje todas as que conhecemos a Carlos Cela. Todas as que estamos implicadas nos diversos projectos e movimentos sociais alternativos desta cidade. Conhecemos a Carlos desde hai moitos anos; sabemos que é umha pessoa comprometida e solidária. E também sabemos que todas as suas actividades som públicas. Hoje está detido e incomunicado um amigo, um companheiro, NOM POR FORMAR PARTE DE NENGUM GRUPO ARMADO OU TERRORISTA, senóm por ser quem é, pola sua ideologia, polo que pensa. Nom nos encontramos ante umha actividade de apoio a comandos, nom hai armas, nem explossivos, nem extorssons….estamos a falar de um apoio afectivo e de intendência básica (alimentos, roupa) aos seus familiares pressos…acaso é agora considerado isso terrorismo? Encontramo-nos ante umha interpretaçom abusiva e delirante da legislaçom antiterrorista. Acusam-no de “proselitismo”…mas que é isso de prosselitismo? Desde quando o prosselitismo é terrorismo? O Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, afirmava onte que “estas detençons impedirám a reconstruçom de comandos operativos da banda”. Temos pois, a um ministro do interior metido a pitoniso, a futurólogo, e a umha audiência nacional que pratica detençons preventivas, e que formula acussaçons nom polos feitos, polo que se fai, senóm por ser quem se é. Com este guiom, amanhá, qualquera de nós poderá ser acussada de terrorismo. Nom nos vam calar a boca:
Basta de repressom!

Todas somos Carlos!
Todas somos antifascistas!
Pola liberdade incondicional de todos os detidos!

Comments are off for this post

Concentracións pola liberdade de decisión nas cidades galegas

22 01 2008

Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

* VIGO diante do MARCO
* A CORUÑA no Obelisco ás 20:30 h.
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo

A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.

ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!

Comments are off for this post

Comezan as campañas contra o acoso ás que queren decidir libremente

17 01 2008

Algunhas asociacións feministas, organizacións de saúde sexual e reproductiva e sindicais xuntáronse estes días en Madrid e farano tamén en Barna para convocar concentracións ante o acoso que están sufrindo non só as clínicas que practican interrupcións do embarazo, senón ás usuarias das mesmas. A convocatoria madrileña é para o día 23 de xaneiro na Porta do Sol. A continuación comezaráse coa campaña de Autoinculpacións.

Na galiza estamos a traballar no tema, queremos inciar unha camapña de acción e visibilización do problema que padecemos e que segue igual tras décadas de loita.

É inadmisible que sigamos sin ter capacidade de elección sobre o noso corpo e a nosa vida.

É inadmisible que cando convén se lucran algunhas persoas da nosa impotencia á hora de exixir á Seguridade Social o noso dereito e cómo de cando en vez recurren á criminalizarnos por decidir cando e como queremos ou non queremos parir, facendo campañas de acoso e derribo como a actual contra a única saída que nos deixan, que é pagar no privado ós mesmos médicos que no público se negan a exercer abortos, e o que é pior ainda, chamando ás nosas portas cunha orde xudicial na man para inculparnos ante a sociedade, ante as nosas familias, sin respetar a nosa intimidade e a nosa liberdade de decisión.

Sobre todo é inadmisible que ainda no 2008, século XXI teñamos que seguir lembrando que nós parimos e, polo tanto, nós decidimos!

Permanecede atentas ás rúas, mais se queres aportar ideas e apoio á campaña non dubides en contactar con nós, pásate calquer luns polo CS Atreu! na rúa San Xosé a partir das 20:30 h.
Mentras tanto tedes o link ó manifesto das etidades madrileñas que convocan a mani do 23 de xaneiro.

http://www.ccoo.es/csccoo/menu.do?Areas:Mujeres:Actualidad:13027

Seguiremos informando

2 comments