NOMePISESoFREGHAO

grupo de acçom e reflexom ghedelluda

Archive for Decembro, 2007

Xornadas de reflexión e autoformazón feminista, 21 e 22 de decembro

19 12 2007

Que é o feminismo hoxe? Que significou onte? Como é a situación na Galiza? Estas e outras cuestións tratarémolas nas 1as xornadas organizadas polo noso colectivo.

Venres 21, 20 h Charla e debate: História do feminismo ­ Mónica G. Devesa, MNG

Sábado 22, 18 h Encontro de colectivos feministas e de xénero da Galiza
con MNG (Mulheres Nacionalistas Galegas), Mulheres Transgredindo (Compos), Lerchas (Ourense), Maribolheras Precárias (Corunha), Nomepisesofreghao (Corunha)

no CSA Atreu! Travesia San Xosé 2, Monte Alto

——————————-

Sábado 22, 22h Essenzia de Lapo (Punk/ ……), Ghreska (Punk/ …..)
24 h Djane Basatti e Vjane Sweena

no Garufa, …….., Cidade Vella

Comments are off for this post

O corto de Peque Varela seleccionado en prestixioso festival

14 12 2007

O corto de Peque Varela seleccionado en prestixioso festivalO festival de cine de Sundance seleccionou o da ferrolana Peque Varela, “1977”,  para participar na sección de cortos de animación da vindeira edición do festival, que será en xaneiro de 2008. 

O corto se presenta como británico debido a que Peque estudou en Londres na Universidade de Westminster, para despois formarse no National Film and Televisión School, onde levou a cabo este proxecto, que reflexa unha historia de vida dunha rapaza que ben pode ser Peque ou calquera de nós, centrándose na construcción da identidade de xénero, a ruptura dos estereotipos que lle van colgando os diferentes axentes socializadores que aparecen perfeitamente reflexados, recreando unha partida de “xogar a viver” no que a protagonista viaxa nuha ficha-buga pola vida mentras se vai conformando como muller nunha sociedade heteropatriarcal, capitalista e católica.

No entorno do xogo hai referencias arquitectónicas e urbanísticas de Ferrolterra, e representan unha cultura universal e galega da que somos víctimas e parte.

Desde Nomepisesofreghao felicitamos a Peque polo éxito, e esperamos poder contar con ela pronto para que nos faga unha presentación do seu traballo.

Comments are off for this post

Xoves 13dezembro-cinema no A´TREU:

13 12 2007

Ciclo de Cinema “Elas protagoniçam”

Projecçom do filme “Moolaadé” + debate.

*info do filme: http://www.golem.es/moolaade/

TEMAS A DEBATIR:

  • O papel da religiom e da tradiçom, ao longo da história, coma opressores da mulher.
  • Praticas coma a ablaçom estám a crescer ou a desaparecer na actualidade?
  • Diferentes luitas femininas no mundo(presente-passado-futuro).
  • É lícito que umha cultura “ensine” a outra cultura?

Comments are off for this post

Primeira crónica das xornadas de xénero e tecnoloxía “generatech”

10 12 2007

Estamos en Poblenou, zona 0 da especulación urbanística da Barcelona Marca Rexistrada, en Can Ricart ( http://salvemcanricart.org/). Un espazo industrial derrubado polos intereses inmobiliarios, un foco de resistencia que foi okupado fai un ano pola xente de La Makabra, e que agora ofrece un aspecto de campo de batalla.

Aquí estamos no Hangar tantas mulleres, como máquinas, como queers, como ciborgs. Compartindo, aprendendo, discutindo, creando, maquinando, conspirando, sentindo, streameando, pervertindo(nos),
Ubuntu ou Debian? java ou flv? home ou muller? mandarinas ou galletas?

Todas somos diferentes e vimos de experiencias moi diversas, polo tanto cada momento é un momento de aprendizaxe, de facer colectivamente, de atopar os posibles puntos de colaboración, de aclararnos ou confundirnos (máis).

Dúbidas diversas, continuos patricarcais coma códigos reproducidos en aberto e en privativos,toma de consciencia polémica e constructiva…seguimos con preguntas, estamos no camiño:-)Dende tanxentes diferentes: desenvolvedoras, usuarias, creadoras, para/pos/pro/? feministas…en confluencia para reflexionar e actuar.

Preguntámonos se ser usuarias de software libre debería ter unha continuidade no terreo afectivo, xa que logo se ten por suposta no terreo da política e da acción social. Desta maneira, ¿resultaría moi radical identificalo co amor libre? ¿Como reconfigurar o xeito de entender as relacións?

Cuestionamos que haxa comunidades de linux que non teñan en conta as marcacións de xénero e que continúen reproducindo os mesmos mecanismos de diferenciación sexista de xeito completamente inconscente, mais non por iso menos nocivo. Por iso entendemos que estes espazos de debate resultan imprescindíbeis para poder establecer e propoñer estratexias de actuación, sempre continxentes e intentando evitar calquera binarismo reductor.

stream:
http://stream.horitzo.tv:8000/horitzo.ogg

+ info: http://generatech.ningunlugar.org/

Comments are off for this post