Manifestámonos coas traballadoras de Caramelo
5 06 2009Hoxe venres 5 de xuño, saimos á rúa coas nosas compañeiras de Caramelo, a berrar con elas, a defender os dereitos das mulleres traballadoras. VEMONOS TODAS ÁS 20H NA PRAZA DA PALLOZA,
NON AO ERE DE CARAMELO
Ante os despidos boikote!!
Caramelo para as traballadoras!!
‘Se Jove despide, a Xunta é culpable’
‘Jove mata e Beatriz Mato remata’
Desde o colectivo Nomepisesofreghao queremos facer chegar o noso apoio ao cadro de persoal da empresa Caramelo ante a situación que están a viver, consecuencia da proposta de un ERE que conleva o despido de, polo momento, 237 persoas.
Nos sentimos especialmente vinculadas ás persoas que traballan en Caramelo porque son maioritariamente mulleres, mulleres que levan toda a vida traballando no sector, en condicións de precariedade consecuencia só do feito de seren traballos de mulleres.
Até o día de hoxe as mulleres do textil traballaban en cadeas de producción como a da Grela, pero tamén en talleres clandestinos que producían roupa e detalles para as prendas das grandes firmas sen atender a condicións ambientais nin económicas dignas, coas costas partidas e a vista danada. A medida que o mercado se foi liberalizando e a deslocalización abanderou un sector coma este, comezou a ser mais doado atopar a quen fixera estos traballos insalubres noutros pontos do planeta, onde o grado de explotación se visibiliza unha vez mais en corpos de mulleres e nenas.
O traballo en empresas como Caramelo tivo para as mulleres que se incorporaron ao mercado de traballo nos 70 e 80 unha parte de liberación e de autonomía con respeito aos homes, comezábamos a gañar os nosos soldos que, por menores que foran nos aportaban ese grao de autonomía que nos ía facer mais fortes. Actualmente a necesidade nas unidades familiares, hipotecadas e vivindo por riba das posibilidades creou unha necesidade que agora se trunca. Esas mulleres que comezaron a traballar en Caramelo nos 70 agora teñen que tratar de reincorporarse no mercado de traballo no pior momento, sen mais experiencia que a adquirida nun sector que xa non ten futuro, cunha idade e unhas capacidades adquiridas que ao mercado xa non lle interesan.
Nos casos das mulleres mais novas e que se incorporaron mais tarde, o panorama millora pero, unha vez mais, o mercado lles reserva postos, no maioria dos casos no sector servicios, tamén feminizado e, polo tanto precarizado.
O certo é que as traballadoras baseandose na sua propia experiencia e coñecemento, plantexan alternativas viables para millorar a situación da empresa, non dubidan que Caramelo pode seguir sendo productiva para o patrón, o Señor Jove, experto en levar empresas ao borde do precipicio e beneficiarse da decadencia, ao igual que a súa socia neste proxecto, a Xunta de Galicia, que posúe casi un 10% da empresa. A alternativa proposta polas traballadoras baséase en que se elas manteñen os seus postos de traballo Caramelo poderá manter a calidade que a caracterizaba e polo tanto os prezos, nada populares, aos que vende as súas prendas que actualmente xa non teñen valor pero custan o que ningunha das súas traballadoras pode pagar.
Desde Nomepisesofreghao convidamos ás consumidoras e aos consumidores a que tomen conciencia e, de non resolverse esta situación e a traballadoras sexan despedidas, comezará unha campaña de boikote aos productos desta empresa e de todas aquelas que, aproveitandose da coxuntura da crise, boten ás traballadoras e traballadores á rúa.
2 commentsSEN MULLERES NON É DEMOCRACIA. Accións para cambiar o modelo económico.
2 06 2009Nomepisesofreghao participará os vindeiros días 10 e 11 de xunho na Corunha e en Compostela respectivamente nas xornadas:
SEN MULLERES NON É DEMOCRACIA. Accións para cambiar o modelo económico.

Nas xornadas colaboran diferentes organizacións a nivel internacional, están coordinadas por ACSUR Las Segovias, a quen agradecemos que conte con nós para un proxecto tan interesante.
No commentsConsolidándonos no espazo Atreu!
29 05 2009XA temos o noso mural no Atreu! un mural en proceso de permanente creación, que nos representa e que nos visualiza un pouquiño mais no espazo que habitamos

Apresentaçom da revista La CULO 0.1. no CSAtreu!
28 05 2009Vem tomar umha com nós e desgenera-te coas imagems e os sons máis quentes.Sexta 29 de Maio no Centro Social Atreu na travessa Sam José nº 2, de 20:30 a 23h.

Nom faltes e trae ás tuas 80 melhores amigas!!!
No commentsDetida a compañeira Laura Bugalho por defender os dereitos das persoas migrantes
27 05 2009
O martes 26 de maio a Policia Nacional, por orde da Subdelegación do Goberno, procedía á detención da compañeira Laura Bugalho, traballadora da CIG-Migración en Compostela, incansábel loitadora na defensa dos dereitos das persoas inmigrantes, asi como coñecida pola súa actividade no feminismo e no movemento LGBT, nomeadamente desde o seu labor en Transgaliza polo recoñecemento dos dereitos e da visibilización das transexuais.
Detiñan a nosa compañeira por un suposto delicto de “falsidade documental”, que consistiría na axuda e tramitación desinteresada dos papeis a persoas inmigrantes. Asi, rexistraron tanto a súa oficina de traballo, levándose computadores e documentación, como a súa casa, onde tamén fixeron o mesmo.
Esta detención supón un ataque á rede de persoas e colectivos que como a nosa compañeira Laura Bugallo defenden e apoian en todo momento ás persoas inmigrantes. Reclamamos a súa inmediata posta en liberdade, e demandamos que remate esta persecución política contra quen loita polos dereitos dos e das inmigrantes.
Nese sentido informamos da convocatoria dunha concentración este mesmo mércores 27 de maio ás 20 da tarde na Praza do Toural, pola liberdade de Laura Bugallo e contra este ataque á rede de apoio das persoas inmigrantes porque “Defender os inmigrantes non é delito!”
Acude e difunde.(extraído de GalizaIndymedia)
No commentsMartes 12 de maio, movilizacións das traballadoras de Caramelo
11 05 2009Mañan, martes 12 de maio, desde primeiras horas da mañán haberá movilizacións do cuadro de persoal de Caramelo, ameazada de ERE polo que marcharían á rúa 237 persoas (http://nomepisesofreghao.blogaliza.org), a media mañan teñen pensado desplazarse ás oficinas da financiera de Manuel Jove, accionista maioritario de Caramelo (www.inveravante.es), en canto haxa mais info se mandará pola rede.

Caramelo presentou finalmente o ERE polo que 237 persoas quedan na rúa
9 05 2009
Onte a empresa Caramelo presentou finalmente o ERE polo que 237 persoas quedan na rúa.

A crise no sector textil e da confección non é unha novidade desta crise actual na que nos atopamos, xa vén de bastante mais atrás, a deslocalización da produción leva producíndose nestes sectores dende hai anos, Galiza leva sufrindo perdas de postos de traballo e precarización dos que se manteñen desde entón. Non é necesario salientar que tanto o textil como a confección son sectores históricamente feminizados e pouco movilizados.
O caso de Caramelo, como outros, víase vir, mais a situación agravouse desde novembro, cando as traballadoras comezan a observar o maior baixón de produción, comezan as negociacións coa empresa e nun período de 3 ou 4 meses prodúcense 87 despidos pactados.
Esta semana a empresa comunica que ten intención de propoñer un ERE e comezan as movilizacións, no ERE propóñense 237 despidos na planta de produción da Grela, que ten unho cadro de persoal de 450 persoas aproximadamente, maioritariamente mulleres, sobre un 80%. Este dato é un dos que a empresa está maquillando de cara á opinión pública dicindo que Caramelo dispón dunho cadro de persoal de 800 persoas, mais non é o caso, o ERE afecta á produción non ao comercio, nesas 800 persoas das que falan inclúese ao persoal de tendas. En calquera caso que os despidos supoñan un 30% ou un 52% é diferente, pero non deixan de ser 237 persoas, principalmente mulleres que fican na rúa, pero xa sabemos que o empresariado e a prensa sempre manexan os datos no beneficio dos mesmos.
Actualmente Caramelo pertence nun 92% a Manuel Jove e nun 8% á Xunta de Galicia. Despois do vivido no tema FADESA e a participación da Xunta durante o proceso, ¿cabe algunha esperanza de que este ERE se resolva, tal e como plantexan desde o cadro de persoal, con mudanzas no proceso produtivo e non cos despidos? Pinta mal a cousa!
Segundo as traballadoras de Caramelo cambios na produción poderían manter certa solvencia na empresa, unhas marcas como as que se producen na planta da Grela con calidade na execución e nos tecidos permitirían manter os prezos de mercado con marxes de beneficio, pero desde hai anos isto xa non é así, coa deslocalización da produción pretendeuse aforrar nos custos de traballo, e agora tamén nos custos dos materiais, e seguen pretendendo vender aos mesmos prezos, e Caramelo non é unha marca especialmente popular.

Onte presentouse o ERE despois dun último intento de negociación entre o cadro de persoal e a empresa, os termos non variaron e non só se apresentou o ERE senón que se leu a lista de nominadas e nominados a abandonar os seus postos de traballo nestes tempos tan propicios para a recolocacións, sobre todo cando estamos falando de perfiles con serias dificultades de acceso ao mercado de traballo, moitas das mulleres que onte se propuxeron para ser despedidas son mulleres que comezaron a traballar en Caramelo nos anos 70 ou nos 80, que actualmente teñen entre 40 e 60 anos, que seguramente cando comezaron a traballar non tiñan o grao de necesidade que despois si se tiña por circunsatancias da economía global, que non teñen outra experiencia nin, posíbelmente, outras expectativas tal e como está o sector, que van ter serias dificultades para incorporarse á economía formal e, polo tanto reubicaranse, as que podan, en sectores ainda máis precarizados (talleres subcontratados doutras empresas do sector, as que máis sorte teñan, emprego doméstico na economía informal e/ou desemprego) con todo o que isto vailles supor para as súas pensións.
Outra parte das persoas que onte escoitaron os seus nomes son mulleres mais novas, cun nível formativo medio/ baixo, con algunhas posibilidades máis de recolocación en sectores feminizados e, polo tanto precarios ou viceversa, neste perfil podemos observar a diferenza co que aconteceu tamén nos últimos tempos no sector do telemarketing, que viu sufrindo un proceso similar ao que agora vivimos na confección, despidos masivos, peches de empresas noutro dos sectores feminizados dos que vivía moita da cidadanía máis nova da cidade, unha diferenza é que neste sector a reciclaxe profesional é, se cabe, algo máis sinxela, as persoas do telemarketing teñen de media un maior nivel de estudos, as funcións realizadas contemplan traballar coas novas tecnoloxías, marketing, atención á clientela… traballos que poden dirixirse a outras profesións e permiten esa recolocación en outros sectores dos que si parece que, na Coruña, a crise da igual e seguimos desfrutando de novas aperturas de centros comerciais, grandes superficies nas que, quizais abran algunha tenda que venda roupa de Caramelo, fabricada en china, e tratando de que unha experta en marketing consiga convencer a alguén para que pague 600 euros por un traxe que custa unha ínfima parte e da que os beneficios seguirán redundando nos grandes peixes que manexan a nosa economía xunto cos nosos políticos, e utilizo os posesivos en primeira persoa porque por desgraza, ainda que unha sería máis feliz tratando de ignoralos, teño familiares, amigas e compañeiras que fican na rúa porque o señor Jove quere seguir sendo máis e máis rico co beneplácito da Xunta de Galicia, que dá igual de que pau vaia vai seguir apoiando incondicionalmente todas as súas decisións como fixo o bipartito cando FADESA e como fará agora o PP, tanto ten quen mande aquí, a marxe de actuación é limitada.
Para o vindeiro martes 12 de maio hai convocada greve na empresa, o cadro de persoal movilizarase na Grela un día máis e partirán en manifestación tratando de visibilizarse na cidade, informaremos de horarios e percorridos en canto se definan.

Esta quinta, no Atreu! xornada aborto
5 05 2009Quinta-feira 7 de maio apartir das 20:00 no Centro Social Atreu
Rua Sam José, 2, rés-do-chão. Bairro de Montealto - Corunha
aresentaçom da publicaçom “O direito a decidir: Situaçom actual e alternativas à despenalizaçom do aborto”
Tecendo redes para conseguirmos o direito a decidir sobre o nosso corpo
O direito a decidir: Situaçom actual e alternativas à despenalizaçom do aborto”
5 05 2009Rua Sam José, 2, rés-do-chão. Bairro de Montealto - Corunha
Presentaçom da publicaçom “O direito a decidir: Situaçom actual e alternativas à despenalizaçom do aborto”
Tecendo redes para conseguirmos o direito a decidir sobre o nosso corpo
Marcha Mundial das Mulheres
Crónica fotográfica do segundo dia de “freghao”
9 03 2009Esta vez, saímos pola Rua Barcelona e acabamos entrando no mercado das Conchiñas. Continuamos repartindo a táboa comparativa dos reximes xeral e específico. Continuamos a repartir información e crear rede entre a morea de mulleres que saen aos mercados.
Nomepisesofreghao coas traballadoras do fogar. BASTA DE ESCRAVITUDE, DEREITOS LABORAIS XA!
No comments





