Torre de Hércules SOS
27 01 2012O 15 de xaneiro pechou a Torre de Hércules para unhas supostas obras que non son mais que arranxar unhas pingueiras e amañar os baños, con ese argumento botan ás 13 persoas que conforman o cadro de persoal sen subrogación dos seus contratos ante a nova empresa concesionaria.

As supostas obras manterán a Torre pechada durante mais de 2 meses e, mentres tanto 13 persoas incorporanse ás listas do paro sen opción de retornar aos seus postos de traballo, algúns dos cais levan exercendo desde que se abriu o faro hai xa 16 anos.
Desde Nomepisesofreghao queremos mostrar o noso apoio ás persoas que foron despedidas e a nosa mais enérxica repulsa ante a actitude que o Concello da Coruña está mantendo negándose a garantir a subrogación dos contratos cando saia a nova concesión que xestionará o funcionamento do emblemático edificio. Para esto sumámonos a todas as accións que programen reivindicando os seus dereitos, e convidámosvos a que así fagades tamén, difundindo o que aconteza, así como asinando o apoio en diferentes formatos:
- Asinando dixitalmente a través desta ligazón de Actuable
- Asinando físicamente e recollendo sinaturas de xente achegada, nas follas de sinaturas que podes descargar aquí para imprimir, asinar e entregar no Patachím (Rúa Orillamar, 16) ou en calquera dos locais onde vexas que fan a recollida.
Deixámosvos tamén o manifesto que leu Xurxo Souto o 15 de xaneiro na concentración de apoio, á que acudiron unhas 500 persoas e nas que pediamos mais luz!
Queremos mandar ademais un apoio moi especial a unha muller loitadora, que empuñou a fregona violeta cando na súa familia se viu afectada tamén polo ERE de Caramelo, agora empuña a fregona de novo porque dous postos de traballo da súa familia foron pechados xunto coa porta do faro, unha muller que empuñou a fregona durante toda a súa vida e que da tanta luz coa súa forza como a propia torre e que a nosa compa Marta Paz captou e plasmou nesta fermosa pintura:
Forza compas!!
Ciclo de debates: «Retomar o público, defender o común»
25 01 2012A partir do 26 de xaneiro e durante todo febreiro poderemos asistir a diferentes debates sobre dereitos sociais, políticos e económicos que terán lugar na Coruña, en diferentes espazos, todos ás 20:00h:
dereitos e lingua26 de xaneiro con Celso Alvarez Cáccamo no CS Gomes Gaioso dereitos e educación
1 de febreiro con Mariló Candedo no CS Atreu! dereitos e comunicación
3 de febreiro con Víctor Sampedro na Galería Sargadelos dereitos e vivenda
9 de febreiro coa RDS, Ergosfera e STOP Desfiuzamentos
na AVV Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules dereitos e economía
15 de febreiro na Galería Sargadelos
Calendario 2012 das labregas, redeiras e mariscadoras galegas (por Lola Ferreiro)
3 01 2012A compa Lola Ferreiro partillou con nós o calendario de 2012 adicado ás mulleres labregas, redeiras e mariscadoras galegas. Podedes descarregalo para imprimir nas ligazóns que aparecen ao final do artigo:
«As mulleres, silenciadas pola historia en todas e cada unha das súas actividades, méritos e saberes, desde os seus logros persoais, sociais, artísticos, políticos… ata a súa existencia mesma, achegaron ao desenvolvemento da humanidade cousas tan importantes coma o descubrimento da agricultura. Probabelmente por observación, por caeren na conta de que algunhas sementes que caían ao chan brotaban despois para dar unha nova planta… e todo isto, que cambiou radicalmente o xeito de alimentación, de localización e de vida, data de hai máis de 6.000 anos. Porén, este logro nunca lles foi recoñecido ás nosas devanceiras, que ficaron reducidas ao ámbito privado desde aquela. Coidando da prole, coidando do lume, coidando dos cultivos, coidando dos homes… coidaron de todo e de todos agás de si mesmas… e aprenderon que os demais estaban por diante, que non podían ter desexos propios, que o exercicio da súa sexualidade lles estaba vetado… que só podían atender aos desexos dos ho mes e parir, alimentar, coidar, coidar e coidar.
Co paso dos séculos, o patriarcado continuou a abusar das mulleres e, malia as loitas do movemento feminista, xurdido como tal hai algo máis de 120 anos, segue a abusar… porque seis mil anos de opresión non se resolven nun século… e porque aos privilexios non se renuncia así como así.
A participación das mulleres na produción de alimentos foi unha das súas ocupacións tradicionais. En Galicia, traballaron o campo toda a vida e axudaron en tarefas auxiliares da pesca, nomeadamente fabricando e reparando redes, ou no marisqueo, traballo ingrato e insalubre onde os haxa… e pasaron anos e anos traballando sen cotizar á seguridade social e, xa que logo, sen percibir pensión de xubilación chegado o momento.
Mais as labregas, as redeiras e as mariscadoras organizaron as súas propias respostas ante o sistema… e lograron moitas cousas. Fóronse incluíndo nos plans de cotización, foron acadando dereitos laborais e ata lograron unha Lei que lles permitía ser cotitulares das explotacións agrícolas e gandeiras.
Cómpre mullerenaxear as mulleres do campo e ás mulleres do mar. Polo seu traballo, pola súa loita, polo seu exemplo. Porque, unha vez máis van saír prexudicadas das medidas de recortes sociais, económicos e laborais do goberno reaccionario, que as sitúa novamente en posición de precariedade, ao reformar a lexislación sobre pensións que as empobrece, porque non cotizaron nin terán cotizados os anos esixidos para cobraren o 100%; ao recortar as axudas para persoas dependentes, que as obriga a volverse entregar ao coidado destas; ao non incentivar os sectores produtivos onde desempeñan o seu traballo, que as sitúa unha vez máis en posición de inferioridade laboral, económica e social.
Para elas e para todas (e todos), que 2012 veña cheo de enerxías para nos rebelar, para loitar e para construír as alternativas democráticas, fronte ao patriarcado e o capitalismo!!!
Lola Ferreiro
Podes descargalo nas seguintes ligazóns:
Calendario para imprimir en A4
Calendario para imprimir en A3
Obrigada por este agasallo Lola!
Palestra con Carlos Taibo: Da indignación ao contrapoder?
19 12 2011Da indignación ao contrapoder?
Palestra con Carlos Taibo
Xoves 22 de Decembro de 2011
20.00 horas
Galería Sargadelos, Rúa Real 56, A Coruña
::Ciclo de debates::
«Retomar o público, defender o común»
Convoca:
Rede Robin Hood
Rede de Dereitos Sociais
Nomepisesofreghao
Zoopolitik
Os movementos de indignación global percorren o planeta abrindo siginificativas fendas no sistema. Fendas que repolitizan a vida pública e abren espazos para a esperanza da rebeldía. Pero após meses de mobilizacións e protestos, o contexto histórico que nos atopamos non deixa momento algún para a paralise.
No plano da gobernanza e do poder político instucional, as violentas sacudidas da crise están sendo aproveitadas para lexitimar un auténtico golpe de estado planetario. As estructuras de xestión dos gobernos están a ser usurpadas por poderes económicos situados entre as grandes corporacións empresariais e as agencias de especulación financieira.
Atopamonos pois nun impás no que se torna preciso repensar as formas e os lugares desde os que novos suxeitos indignados e os movementos políticos de contestacion ao capitalismo poden artellar estratexias de conflicto desde as que esixir demandas de transformación social real.
Poren, é preciso de unha forma máis urxente ainda, abrir momentos para a discusión sobre como construir espazos propios onde poder satisfacer todas estas demandas de unha forma non subsidiaria das estructuras de poder, de xeito autónomo e liberado.
O desafío, non é sinxelo. Ante a destrucción do que é de todas e de todos, do público, ante a privatización de cada espazo de vida (educación, saúde, cultura, afectos..) é preciso asumir a necesidade de poñer en marcha entre todas experiencias colectivas non sóde defensa do público, senón de empoderamento do común.
POR UNHA MENSTRUACIÓN MÁIS SAUDABLE, ECOLÓXICA, ECONÓMICA E CONSCIENTE
19 12 2011CHARLA-OBRADOIRO dinamizado por membros de RED COPA DE LUNA (grupo divulgador de alternativas reutilizables para a menstruación dende 2007)
VENRES 23 decembro (de 18:45 a 20:45)
Lugar: Centro Cívico do Castrillón – Pza. Pablo Iglesias, s/n (A CORUÑA)
¿Sabías que unha muller emprega uns 10.000 tampóns e/ou compresas ao longo da súa vida…?
De xeito ameno, compartiremos os problemas de saúde, medioambientais, económicos e de xénero asociados aos produtos convencionais, e coñeceremos as vantaxes das alternativas existentes.
Organiza: ZOCAMIÑOCA (Cooperativa de consumo consciente e responsábel)
Apoia: NOMEPISESOFREGHAO (Moreia de parafeministas desgeneradas)
Tamén en COMPOSTELA (día 21) e VIGO (día 22).
+ info: redcopadeluna.webnode.com – copas@planetafinito.org – 610 248 277
Grazas Laure
19 12 2011O pasado venres tivemos a oportunidade de partillar con Laure Rodríguez Quiroga non só unha palestra, senon tamén momentos distendidos de debate e charla informal.
Laure é traballadora social, activista, investigadora do feminismo islámico contemporáneo, aportou coñecemento sobre a construción de roles de xénero a través dos medios, falamos tamén das diferentes interpretacións que se poden facer do Corán sobre as relacións homosexuais…
Aparte de todo esto partillamos outros momentos informais nos que falamos da vida, a de Laure a vida dunha muller adicada ao seu traballo e que trapasa os límites do persoal, como boa feminista, como boa compañeira, con moitas cousas en común e ao tempo unha gran distancia, a influencia da relixión, mas primou o compañeirismo feminista, porque cando se exerce desde dentro non hai relixión que rompa os nosos lazos.
Grazas Laure, até pronto!! Seguiremos colaborando e partillando!!
CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA. ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS
11 12 2011::::::::::Este Venres 16 de decembro::::::::::
::::::::::::::::::::Ás 20:00h.:::::::::::::::::::::::::::::
:::::::::::::Na Galería Sargadelos:::::::::::::::::
CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA
ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOSPOR:
LAURE RODRÍGUEZ QUIROGA
Laure é activista e pensadora do Feminismo Islámico contemporáneo. Investigadora e Membro do Comité Executivo do Instituto de Estudos Euromediterráneos da Universidade Complutense de Madrid. Actualmente preside a Unión de Mulleres Musulmás de España, sendo co-directora do Congreso Internacional de Feminismo Islámico. É Directora da Consultora Social e Intercultural Torre de Babel, sendo asesora en materia de xénero para diferentes entidades.
Con Laure poderemos comprender a construcción dos roles de xénero que se fai desde os medios e desde a perspectiva eurocentrista para así ter as claves para deconstruilos.
Organiza: Fugaemrede, Maribolheras Precárias e Nomepisesofreghao
Actos dos coletivos feministas na Corunha contra as violencias machistas
24 11 2011O xoves 24 de novembro os coletivos feministas da Corunha estaremos na praza de Lugo a partir das 16.30h. , con actividades varias, música, información sobre os recortes nos servizos públicos, recollida desinaturas contra os recortes, charla sobre a autodefensa feminista, lectura do manifesto contra AS VIOLENCIAS MACHISTAS e moito mais!!!
achégate pola plaza de Lugo!!!

::A Rede Robin Hood organiza unha nova cazolada, que estará acompañada de acción feminista, actuacións musicais, charlas informativas…::
18 11 2011
Cazolada contra os causantes da crise
Día: Venres 18, a partir das 20 horas Lugar: Praza da Fariña, A Coruña
Comezará ás oito da tarde na Praza da Fariña (no franquismo renomeada como Praza de Azcárraga) e ten como obxectivo denunciar os beneficios obtidos por entidades financeiras, multinacionais e empresarios e políticos, moitos deles residentes na cidade, a custa do empobrecemento, a crise e a precariedade da maioría A Coruña. 17 de novembro. Despois do éxito da cazolada organizada diante da vivenda de Xosé Luís Méndez hai unhas semanas, a Rede Robin Hood fai un chamamento aos cidadáns e cidadás galegas, así coma a colectivos e movementos sociais, para que participen nunha nova protesta popular contra os causantes da crise e contra o expolio dunhas caixas de aforros que eran de todos e todas. Achéganse as eleccións do domingo e Robin Hood aventúrase unha vez máis fóra das fragas para organizar unha mobilización contra un sistema inxusto e insostible e contra os seus principais beneficiarios: empresarios, políticos e financeiros con nome e apelidos, moitos deles residentes na Coruña e por todas coñecidos. Dende a primeira acción da Operación Robin Hood, centrada na denuncia da nefasta xestión realizada polos directivos das antigas caixas e das súas indemnizacións millonarias, asistimos a tentativas cínicas de xustificar estes pagos e mesmo ás promesas, aínda non cumpridas, de devolver unha parte dos cartos expoliados. Porén, a desaparición das caixas galegas é só un dos exemplos do roubo do público, do que é de todos, aos que asistimos. Políticos, medios de comunicación, entidades financeiras e grandes empresas sostéñense unhas ás outras, mentres se enriquecen a custa da explotación das traballadoras, aquí e no terceiro mundo. Por iso a Rede Robin Hood chama a protestar contra todos eles, con nomes e apelidos. Nesta ocasión o escenario é a Cidade Vella da Coruña, en concreto a Praza de Azcárraga, onde ás oito da tarde deste venres comezará unha concentración e cazolada de protesta, que estará acompañada en todo momento por actuacións musicais, intervencións que exporán de forma breve as problemáticas derivadas da bancarización… E haberá máis sopresas…
Vivamos como galegos e galegas, mobilicémonos tamén como tales!
Vídeo promocional da Operación Robin Hood
Máis información:
Vídeos da acción de protesta na vivenda de Xosé Luís Méndez
Operación Robin Hood en Facebook
Operación Robin Hood en Twitter
MeigHacks :: Hackmeeting 2011 :: CSOA Palavea – A Corunha – Galiza
18 10 2011Hackers, hacktivistas, nerds, lurkers, hobbistas da tecnoloxía, geeks e outras «meigas» vólvense por mans á tecla para, bit a bit e ping a ping, implementar outro Hackmeeting.
Un encontro que, entrecruzando os fíos do social, o tecnolóxico e o político, constrúe durante unha fin de semana autoxestionada e libre, unha nova forma de crear, de relacionarse, de gozar compartindo e aprender ensinando.
Tres dias de autoxestión, autoorganización, circulación libre de saberes, hacktivismo, ciberactivismo, ética hacker, apropiación dos medios de produción, media libre, software libre, hardware libre, autonomía, p2p, guifi.net, redes libres, entre outros.
CSO Palavea, 21 ao 23 de Outubro en A Coruña.
Ven e comparte, o hackmeeting tamén es ti.
http://sindominio.net/hackmeeting










